Día das Letras Galegas

Día das Letras Galegas

LETRAS GALEGAS. O TRAXE REXIONAL GALEGO (15/5/2019)

   Antonio Fraguas foi o impulsor da creación da "Asociación do traxe galego" para investigalo e difundilo. 
 
    Desde o centro quixemos poñer tamén o noso gran de area para que o alumnado coñecese de primeira man o noso traxe rexional.

   Para iso contamos coa colaboración especial de Mara, Gareth, Libertad e Yanira que lles ensinaraon aos compañeiros os seus traxes ademais de preparar un Power Paint con información sobre el.

 

    Tamén nos ensinaron uns puntos básicos para bailar, comenzando por como colocar ben os brazos.

      As ensinanzas continuaron polo corredor porque a biblioteca se nos fixo un pouco pequena...

 
 
 Mirade que bos aprendices foron!!
 
 
 
MOITAS  GRAZAS  A  MARA, GARETH, LIBERTAD  E  YANIRA
POR  ESTA  CLASE  MAXISTRAL!!

E  AS  SÚAS  FAMILIAS  POLA  SÚA  COBORACIÓN!!

 
 

LETRAS GALEGAS. CERTAME DE INVESTIGACIÓN ANTONIO FRAGUAS (15/5/2019)

   Como cada ano, desde a biblioteca convocamos un Certame de Investigación Letras Galegas sobre o autor homenaxeado no que lle propoñemos ao alumnado unha batería de preguntas sobre a súa vida e a súa obra.
 
   Dependendo do nivel ao que ían dirixidas, as repostas ás preguntas podíanse encontrar nos carteis recibidos ou ampliando información a través da investigación.
 
 
  Os alumnos participantes recibiron un premio que consistiu nuns rotuladores e lápices e os gañadores recibiron ademais unha libreta q levaba na portada un Mapa de Galicia impreso coa nosa impresora 3D partindo dun debuxo do mapa que pasamos polo programa Selva 3D.
 
 

LETRAS GALEGAS. COÑECENDO A ANTONIO FRAGUAS (15/5/2019)

    Son varias as actividades que fixemos este ano para conmemorar o Día das Letras Galegas adicado a Antonio Fraguas: programas radiofónicos, participación na II Escaleira Literaria, lecturas compartidas na Residencia Virxe do Carme, achegamento aos monumentos do noso Concello...
Imaxe RAG
 
   Pero para coñecer mellor a este autor, lemos o libro As miñas primeiras Letras Galegas. Antonio Fraguas de Os Bolechasda que se encargaron os biblioaxudantes Adrián e Pablo e na que nos enteramos de moitos contos de cobras que parece que Antonio Fraguas oíu de pequeno: cobras que rodan, cobras que hipnotizan, cobras que matan... 
 
   Ademais o libro inclúe unha pequena biografía do autor co que coñecemos moitos máis detalles da súa vida.
 
 
 

LECTURAS COMPARTIDAS COA RESIDENCIA VIRXE DO CARME (13/5/2019)

    Como Antonio Fraguas, quixemos achegarnos á nosa cultura e á nosa tradición; por iso, o alumnado de 5º e 6º de Primaria fixo un traballo de recompilación de lendas da nosa zona e compartiunas cos anciáns da Residencia Virxe do Carme de Sober; pasando así con eles un ratiño de lecer.
 

   Pero as lecturas e coñecemento foron en ambas direccións porque tamén os residentes nos contaron historias a nós.

 

   Despois desta pequena convivencia, eles agasalláronnos cunhas pulseiras feitas nos obradoirto que realizan e nós levámoslles uns chaveiros do colexio deseñados na clase de INEIN.
 

 

 Unha experiencia diferente que esperamos repetir en vindeiras ocasións!!
 

II ESCALEIRA LITERARIA DE SOBER

    Este sábado 11 de maio, celebrouse a II Escaleira Literaria de Sober organizada por Moncha Prieto coa colaboración do Concello de Sober na que participaron alumnos do noso colexio.
 
    A escaleira comezou cunha breve achegamento á vida e obra de Antonio Fraguas a cargo de Xose manuel Fernández.
 
 
   Despois os nosos alumnos Senén, Laura G., Mara, Uxía e Aitana leron os traballos realizados sobre o medio ambiente para o certame das Letras Galegas convocado pola Biblioteca Nodal de Lugo.
 

    O acto continuou con Sara González e Neus Canadell que representaron a lenda ‘A lavandeira da noite’.

 
     A continuación houbo un recital no que varios autores compartiron as súas creación literarias: Luis Fernández Guitián, Ramón Sandoval, Mercedes Marcos, Alfonso Campos, Paco Ledo, Rosa García e Moncha Prieto
 


    Tamén estivo presente a Escola Municipal de Teatro de Sober coa posta en escena da obra de Manuel Lourenzo ‘Margot na residencia’, dirixida por Eva F. Ferreira. As actrices foron Ana Somoza e María Trigo.

 
 
    Para rematar o recital houbo unha actuación do grupo musical O Trícole que xa estivera acompañando musicalmente  os recitados dos poetas.

COMO CAMBIOU O CONTO... (8/6/2018)

    Hoxe entregáronse os premios do Certame de Debuxo e Narración das Letras Galegas convocado pola Biblioteca Nodal de Lugo en colaboración coa Biblioteca Municipal aos seguintes alumnos:
 
NARRACIÓN
 

CATEGORÍA A: ata 8 anos

 
BRAIS RODRÍGUEZ ÁLVAREZ

 

CATEGORÍA  B:  de  9  a  11 anos
 
LAURA  GÓMEZ GRANDE
HÉCTOR FERNÁNDEZ GONZÁLEZ
AITANA CRUZ RODRÍGUEZ CASADO
 
 
 
DEBUXO
 
 
CATEGORÍA  A: ata 8 anos
 
MENCÍA  FERNÁNDEZ  RODRÍGUEZ
BRAIS  RODRÍGUEZ  ÁLVAREZ
CRISTIAN  DOURADO  RODRÍGUEZ
 
 
 
CATEGORÍA  B: de 9 a 11 anos
 
VERÓNICA TAMI GONZÁLEZ
UXÍA TRAIL BATES
LAURA RODRÍGUEZ FREIRE
 
 
 
Podedes  ver  todos  os  traballos  presentados  na  seguinte publicación
 
NORABOA  A  TODOS!!

MARÍA VICTORIA MORENO: Certame de Investigación

    Rematado maio, remata tamén o Mes das Letras Galegas e o prazo para participar no Certame de Investigación sobre a autora homenaxeada este ano, María Victoria Moreno.
 
    Neste certame, propuxémoslle ao alumnado unha batería de preguntas sobre a súa vida e a súa obra. Dependendo do nivel ao que ían dirixidas, as repostas ás preguntas podíanse encontrar nos carteis recibidos ou a través da rede.

  Hoxe fixemos entrega dos premios ao alumnado correspondente, NORABOA!!!!
 

CONCERTO DAS LETRAS GALEGAS (16/5/2018)

   A Escola de Música de Sober organiza cada ano un concerto para conmemorar o Día das Letras Galegas. 
 
     Neste concerto a parte musical vai a cargo da Escola de Música, o Coro Berea, o Coro Infantil e o alumnado de Música e movemento.
 
 
   A parte relacionada coas letras, organízaa a Biblioteca Pública Municipal co noso alumnado que participou recitando textos de María Victoria Moreno entre cada actuación musical.
 
 
 MOITAS  GRAZAS  Á  ESCOLA  DE  MÚSICA  E  A BIBLIOTECA  PÚBLICA  MUNICIPAL
POR  CONTAR  CO  NOSO  ALUMNADO!!

I ESCALEIRA LITERARIA (12/5/2018)

     O sabado día 12 de maio, celebrouse no Centro Sociocultural de Sober a I Escaleira Literaria, un acto poético musical dedicado a María Victoria Moreno, autora homenaxeada este ano polo Día das Letras Galegas.
    O acto comezou coa lectura e relatos de poemas con acompañamento instrumental. Participaron Carlos Rafael, Leticia Sáez, Moncha Prieto, Paco Ledo, Rosa García, Ramón Sandoval, Sara González, Xosé Lois García e a nosa directora Montse Rodríguez.
 
   Tamén participaron o grupo musical O Trícole, a Escola Municipal de Teatro e Sara González que interpretou un poema con danza. Rematou o acto o alcalde Luis F. Guitián.
 
   Para falarnos deste acto, tivemos nos estudios de Radiuvín a Moncha Prieto, Eva Ferreira e Neus Canadell.
 

  
   Moitas grazas por concedernos esta entrevista!!
 

AS FAMILIAS CONTAN EN RADIUVÍN (10/5/2018)

    Hoxe estrenamos en Radiuvín unha nova sección para a nosa radio: As familias contan en Radiuvín. Esta sección é unha variante da actividade As familias contan que sen ven desenvolvendo desde fai varios cursos na biblioteca do colexio.
 
   Estrenamos programa co recitado do conto en verso Can Branco, can negro do libro Eu conto, ti cantas...  de María Victoria Moreno;  autora homenaxeada este ano no Día das Letras Galegas.
 

Moitas grazas as familias de Carlota, Iria, Laura G., Valeria, Mara e dos irmáns Pablo e Hugo, Héctor e Darío, Laura e Lucas e Mencía e Candela!!  
 
Esperamos volver a escoitarvos pronto nesta radio!!
Distribuir contido