Día do Libro

Día do Libro

DESDE A MIÑA VENTÁ.... (Abril 2020)

  Hoxe comezamos coas aportacións dos alumnos de primaria para a actividade Desde a miña ventá...

 Nesta publicación poderedes ler e escoitar o que ven desde as súas ventás Pablo (1º Primaria) e o seu irmán Hugo (4º Primaria).

 

 

DESDE A MIÑA VENTÁ.... (Abril 2020)

  Seguimos coas aportacións para a actividade Desde a miña ventá...

  Hoxe compartimos tres novas ilustracións: os debuxos de  Saúl (5º Infantil), Lara (1º Primaria) e Carlota (2º Primaria). 
Saúl
Lara
Carlota

INFOGRAFÍA CON RECURSOS LECTORES - Día do Libro 2020

   Nesta Semana do Libro queremos compartir unha recopilación feita polo Equipo de biblioteca do CEIP Lamas de Abade dalgunhas propostas de editorias e colectivos que altruistamente, debido á corentena, decidiron liberar algúns dos seus fondos ou deleitarnos con contos contados.

 

  Moitas grazas por esta infografía da que se poden sacar moitos recursos para pasar esta corentena ben acompañados de historias e contos!!

DESDE A MIÑA VENTÁ.... (Abril 2020)

   Seguimos coa Semana do libro e con novas aportacións para o libro Desde a miña ventá...

  Hoxe compartmos con vós outros tres debuxos de infantil. Os debuxos de  Gabriel (5º Infantil), Leonor (5º Infantil) e Nayara (1º Primaria). 
Gabriel
Leonor
Nayara
 
 

PASATEMPOS CON EMOJIS - Abril 2020

    Boas tardes!
 
    Neste tempo de confinamento seguro que vos chegaron ao móbil varios xogos con adiviñas a través de emojis de wassap.
 
    Pois desde a biblioteca queremos unirnos a estas adiviñas e irvos propoñendo algunhas ao longo da semana. Comezamos con 10 contos tradicionais!!
 
A ver se os adiviñades todos!!
 

DESDE A MIÑA VENTÁ.... (Abril 2020)

   Esta é a Semana do libro e como sabedes, queremos facer un libro en colaboración coa BPM e o Concello de Sober baixo o título Desde a miña ventá...
 
  Queremos comezar a compartir con vós os debuxos de infantil que nos van chegando. Hoxe é a quenda dos debuxos de Teo (4º Infantil), Carla Martínez (5º Infantil) e Xiana (5º Infantil). 
 
Teo
Carla Martínez
Xiana

APADRIÑAMENTOS LECTORES

    Para conmemorar o Día do Libro outra das actividades que vimos facendo desde fai varios anos e que ademais é unha preferidas do noso alumnado, é a dos apadriñamentos lectores.
      
       Nesta actividade, os biblioaxudantes organízanse en cinco grupos que se reparten polo colexio con candanseu libro para lerlles ao resto do alumnado que tamén dividido en 5 grupos, vai percorrendo a senda dos libros:
 
    Na biblioteca estaban Laura G, Laura R. e Pablo contando O sastriño valente dos Irmáns Grimm (Ed. Sieteleguas); unha historia que nos fala de que a astucia e da intelixencia poden derrotar á calquer forzudo.

  No corredor de infantil, esperábannos Mara e Loïc para lernos Tomás o bromista de Jorge Rico (Ed. Kalandraka); un neno que sempre están gastando bromas que non lle fan graza a ninguén ata que un día o que leva un bo susto e el!!

   Ao chegar ao Salón de actos, Francesca e Xoán tíñan preparada a historia dunha eiruga moi lista e tan intelixente que consegue salvarse de ser comida por varios paxaros: Paso a paso de Leo Lionni (Ed. Kalandraka)

    No comedor Uxía e Gisela emocionáronnos co libro Un neno na emigración, que ten que emigrar coa súa familia a Nova Iork pero que segue estando moi orgulloso da nosa Galicia de Francisco Álvarez (Ed. Fervenza)

  E para rematar, no noso xardín do corredor principal Aitana, Adrián e Jorge esperaban para contarnos A horta de Simón de Rocío Alejandro (Ed. Kalandraka); unha horta na que ao principio só había cenorias pero ao final acabou habendo de todo.

VIAXE AO FONDO DAS PREGUNTAS (23/4/2019)

    Para conmemorar o Día mundial do Libro e dos Dereitos de Autor desde a Consellería de Educación, cada ano editan un díptico cun texto dunha persoa referente da literatura galega actual.
 
   Nesta ocasión o texto ao que lle poñen voz os nosos biblioaxudantes Mara e Loïc, é de Marilar Aleixandre unha escritora, narradora, mestra e membro da Real Academia Galega que escribiu o poema Viaxe ao fondo das preguntas no que nos quere facer reflexionar sobre o papel da lectura como estimuladora da imaxinación, e da curiosidade e como instrumento para facernos pensar e reflexionar.
 

AS FAMILIAS CONTAN: Familia de Lorena (23/4/2019)

   Hoxe 23 de abril é o Día do Libro, e para conmemoralo tivemos na biblioteca unha nova sesión de As familias contan.
 
   Pero esta é unha sesión diferente porque non é a familia dun alumno a que ven a contar, senón que é a familia da profe Lorena.
 
 
  Lorena veu co seu sobriño O mago Iago e os seus pais, Nery e Iván, que tiñan preparado un espectáculo sorprendente.
 
   Comezou Nery coa lectura do libro Os Bolechas fan maxia que serviu como introdución de todo o que ía acontecer.
 
   E despois  O mago Iago, abraiounos cos seus trucos de maxia: 
 
obxectos que aparecen e desaparecen diante dos nosos ollos
 
trucos con voluntarios que non saían do seu asombro
 
 xogos de naipes
 
e ata unha caixa máxica que parecía baleira pero da que non paraban de saír un montón de obxectos!!
 
E agora...apetécevos volver a escoitar o conto e saber máis sobre este gran mago de tan só 5 anos?
Pois escoitade atentos a seguinte emisión de Radiuvín

MOITAS  GRAZAS  POR  VIR  Á  NOSA  BIBLIOTECA  E  POR  ESTA  SESIÓN MARABILLOSA   QUE  NOS  RECORDA  A  MAXIA  DOS  LIBROS  NUN  DÍA  TAN  ESPECIAL!!


VIAXE AO FONDO DAS PALABRAS

    Para conmemorar o Día mundial do Libro e dos Dereitos de Autor desde a Consellería de Educación, cada ano editan un díptico cun texto dunha persoa referente da literatura galega actual.
 
   Nesta ocasión o texto ao que lle poñen voz os nosos biblioaxudantes Mara e Loïc, é de Marilar Aleixandre unha escritora, narradora, mestra e membro da Real Academia Galega que escribiu o poema Viaxe ao fondo das preguntas no que nos quere facer reflexionar sobre o papel da lectura como estimuladora da imaxinación, e da curiosidade e como instrumento para facernos pensar e reflexionar.
 

Distribuir contido