Nadal

Nadal

FESTIVAL NADAL - 2018

Co noso festival de nadal chegamos ao final da primeira avaliación e damos paso ás vacacións.

Nos seguintes enlaces podedes volver a ver todas as actuacións dos nosos alumnos e alumnas.


 

E non seguinte enlace podedes acceder a todas as imaxes do mesmo.

GALERÍA  DE  IMAXES  DO  FESTIVAL  DE  NADAL

 

VISITA PAPÁ NOEL - 2018

Hoxe que é Nadal, queremos recordar a visita que nos fixo Papá Noel.

Esperamos que este ano veña moi cargadiño de felicidade e agasallos para todos.

 

PREMIOS CERTAME DE NADAL BPM (3/1/2018)

    Cada ano o alumnado do noso colexio participa no Certame de Postais e Poesía que convoca a Biblioteca Pública Municipal polo Nadal. Por iso, as nosas postais poden verse durante todas as vacacións de Nadal na BPM.
  A entrega de premios deste Nadal comezou coa actuación do grupo local O Trícole que nos agasallou con diferentes panxoliñas e Cantos de Reis.
   Despois o alcalde fixo a entrega de premios na que o colexio recibiu un premio á participación, consistente nun diploma e varios libros para a nosa biblioteca. Recolleron o premio algúns alumnos do centro que estaban presentes neste acto.
 

   Tamén obtiveron premios individuais varios alumnos tanto en postais como en poesía. No seguinte documento podedes ver a lista de premiados.

O acto foi publicado no Xornal El progreso do venres día 5 de xaneiro.

FESTIVAL DE NADAL (21/12/2017)

Gustáronnvos as actuacións do festival de Nadal?

Pois xa podedes revivilas nos seguintes enlaces

GALERÍA  DE  IMAXES

VISITA DE PAPÁ NOEL - 2017

Xa que hoxe é Noiteboa, queremos recordar a visita que nos fixo este ano Papá Noel.

Esperemos que veña moi cargadiño de felicidade e agasallos para todos.

No seguinte enlace podedes ver a cada un dos nenos e nenas

do colexio con Papá Noel: GALERÍA  DE  FOTOS

FELICITACIÓN DE NADAL

  Cos nosos mellores desexos para estas festas e para o próximo ano, o Equipo de Biblioteca e toda a Comunidade Educativa do CEIP Plurilingüe Virxe do Carme; elaboramos esta felicitación coa panxoliña "Vuela, vuela esa estrella".

Unha felicitación na que non podía faltar a biblioteca xa que como a letra da panxoliña di:
 "Os deseamos una navidad llena de hermosas historias que contar"
 "y recordad, que la imaginación es el mejor de los regalos"   
 

CERTAME CONTOS DE NADAL - 2017

Aquí tedes as historias gañadoras do Certame Contos de Nadal.
    Os autores destes contos, léronnos as súas historias na biblioteca o último día de clase para dar por rematadas as actividades da biblioteca neste trimestre.
 

AGASALLOS DA ANPA (21/12/2017)

Un ano máis, a ANPA do colexio agasalla ao alumnado polo Nadal.

Este ano o agasallo escollido foi unha mochila personalizada co logo do centro

e o nome de cada alumno ou alumna.

MOITAS  GRAZAS!!!

CONCERTO BENÉFICO DE NADAL (14/12/2017)

    Un novo ano, o noso alumnado participou no Concerto Benéfico de Nadal no que se recollen alimentos para familias con escasos recursos económicos.

     Este ano, cantamos Mambo Christmas coa banda de Música de Sober, o coro Berea e os alumnos da Escola de Música.

Distribuir contido