Nadal

Nadal

FESTIVAL NADAL - 2019

  Para rematar a primeira avaliación e comezar as vacacións de nadal con moito ritmo, compartimos as actuacións dos nosos nenos e nenas no festival de Nadal do colexio.

 Esperamos que vos gusten!!

FELICITACIÓN DE NADAL 2019

   Cos nosos mellores desexos para estas festas e para o próximo ano, o Equipo de Biblioteca e toda a Comunidade Educativa do CEIP Plurilingüe Virxe do Carme; elaboramos unha felicitación coa panxoliña O meu Nadal perfecto de Iván Vale.
 
   Nesta panxoliña continuamos co traballo en prol dunha biblioteca e dunha sociedade inclusiva; por iso, ademais de engadir a letra, tentamos reproducir a mensaxe da panxoliña en lingua de signos.
 
 
BO  NADAL!!
 
FELICES  FESTAS!!
 

VISITA DE PAPÁ NOEL - 2019

    Cada Nadal temos a sorte de que o Concello de Sober organice a visita de Papá Noel ao noso colexio para que todos os nenos e nenas poidan achegarse a el e pedirlle os seus desexos ademais de recibir da súa man unha bolsa de chuches.

    Na galería de imaxes podedes ver as fotos de Papá Noel co noso alumnado; pero non con todos porque algúns deles tivéronlle algo de medo e non quixeron achegarse ou o fixeron con pouca confianza.

GALERÍA  DE  IMAXES

AGASALLOS ANPA (Nadal 2019)

    Como cada ano por estas datas, representantes da ANPA do colexio, viñeron a repartir a todo o alumnado un agasallo que esta vez consistiu nun neceser personalizado co escudo de Sober, o nome do cole e o nome de cada alumno/a.

 

 MOITAS  GRAZAS!!

 

TROUPELEAR: Obradoiro de cantigas de Nadal e Reis - ANPA (4/12/2019)

    Troupelear: un pouco de cantar, bailar, tocar e xogar!!

    Iso foi o que fixemos hoxe da man de Branca Villares e Pablo Pintor, mestres de música que viñeron ao colexio a compartir con nós un Obradoiro de Cantigas de Nadal e Reis, organizado pola ANPA a través da FAPACEL (Federación de ANPAs de Lugo).

   Acompañados por instrumentos tradicionais galegos como a gaita, a zanfona, a pandereita, o pandeiro cadrado e, por suposto, as súas voces; eles fixeron un obradoiro moi participativo no que cantamos e xesticulamos diferentes panxoliñas como podedes ver nos seguintes vídeos:

        Ademais tamén houbo tempo para aprender uns pasos de muiñeira que acabamos bailando en dous grandes grupos:


 

 MOITAS  GRAZAS  A  ANPA  POLA  ORGANIZACIÓN  DESTA  ACTIVIDADE,

PODEMOS  REPETIR  CANDO  QUEIRADES!!!

GALERÍA  DE  IMAXES

 

AGASALLO DA ANPA - Nadal 2018

      Como sabedes, a ANPA (Asociación de Nais e Pais de Alumnos/as) sempre reparte por Nadal un agasallo a todos os nenos e nenas do noso colexio.

       Este ano tiveron un pequeno retraso co pedido e non puideron repartir este agasallo antes das vacacións pero por fin xa o solucionaron e hoxe os nenos recibiron unhas camisetas do colexio de manga longa para cando vai frío.

   MOITAS  GRAZAS  POLO  VOSO  AGASALLO!!

SOBERICIAS: Premios do Certame de Nadal 2018

    Sobericias, o programa que che conta as mellores noticias céntrase neta emisión nos premios do Certame de Nadal convocado pola Biblioteca Pública Municipal de Sober nas modalidades de Poesías e Postais.
 
    Da man dos seus locutores, Xoán e Mara, coñeceremos todos os detalles deste certame e escoitaremos os poemas premiados na voz dos seus autores.
 

 

 

PREMIOS CERTAME DE NADAL DA BPM - 2018

   Todos os anos, o alumnado do noso colexio participa no Certame de Postais e Poesía que convoca a Biblioteca Pública Municipal polo Nadal. 
 
   Por iso, as postais dos nosos alumnos e alumnas están expostas no Centro Sociocultural de Sober durante as vacacións .
 
    A entrega de premios deste certame comezou coa actuación do grupo local O Trícole que nos agasallou con diferentes panxoliñas e Cantos de Reis tanto propios como recollidos na nosa zona ou doutras culturas.
 
   Despois o alcalde entregou os premios dos que o colexio recibiu un premio á participación, consistente nun diploma e un lote de libros para a nosa biblioteca. Recolleron o premio algúns alumnos do centro que estaban presentes neste acto.
 
 
    O acto foi publicado en varios xornais o día 3/01/2019:

El Progreso, 3/01/2019

 

La Voz de Galicia, 3/01/2019

 

Diario de Lemos, 3/01/2019

 

 
 
 

FESTIVAL BENÉFICO DE NADAL - 2018

  Como cada ano, o noso alumnado participou no Concerto Benéfico de Nadal no que se recollen alimentos para familias do Concello con escasos recursos económicos.

     Este ano, cantamos Mambo Christmas coa banda de Música de Sober, o coro Berea e os alumnos da Escola de Música; Navidad con Paz de Miliki e un popurrí de panxoliñas tradicionais.

 

    Podedes ver varios anacos da actuación accedendo ao facebook do Concello de Sober nos seguintes enlaces:

https://www.facebook.com/concello.desober/videos/2177168429210677/

https://www.facebook.com/concello.desober/videos/2186911834859240/

https://www.facebook.com/concello.desober/videos/2214177148840252/

https://www.facebook.com/concello.desober/videos/2280699008869330/

FELICITACIÓN DE NADAL 2018

   O Equipo de Biblioteca e toda a Comunidade Educativa do CEIP Plurilingüe Virxe do Carme, queremos compartir os nosos mellores desexos para estas festas e para o próximo ano coa panxoliña Unha vez máis de Jesús Pareja.

 
Distribuir contido