DÍA DA BIBLIOTECA 2014

    O día 24 de outubro celébrase o Día da Biblioteca.

   Este ano para conmemoralo fixemos co noso alumnado un xogo de probas nos que tiñan que superar varias probas bibliotecarias segundo a súa idade (podedes ver estes retos no documento adxunto).  Mirade que concentrados estaban traballando:

 

   Ademais os nenos e nenas fixeron de autores por un día "escribindo" un libro que pasou a formar parte da estantería do noso mural.

    Tamén tivemos tempo para contarlle aos nenos de Educación Infantil o conto "A Lúa e o Sol" cunha ensinanza moi interesante: NON se poden contar mentiras

 

   Se queredes ver todas as imaxes desta celebración podedes facelo no seguinte enlace:

GALERÍA  DE  FOTOS

AdxuntoTamaño
DÍA DA BIBLIOTECA - Xogos por equipos.doc302.5 KB