Camiño do Pazo, s/n (Sober) Tfno. 982 87 08 41 e 982 87 08 42.

VENRES DE ENTROIDO: Disfraz libre (01/03/2019)

    O venres pola tarde foi o momento de gozar do entroido cos disfraces que libremente os nenos e nenas trouxeron da súa casa.

     De recordo fixemos varias fotografías co croma da biblioteca que podedes ver clickando na imaxe. Esperamos que vos gusten!!

GALERÍA  DE  IMAXES

 

UN LIBRO ABERTO PARA O ENTROIDO (01/03/2019)

   No colexio convertímonos por unhas horas nun libro aberto de poesía en galego de autores galegos.
 
    Os máis pequenos foron os lapis que todo autor necesita para escribir a súa obra.
 
 
 Os de primaria repartíronse por clases para representar diferentes autores:
 
- 1º e 2º eran o libro Cantares Gallegos de Rosalía Castro.
 
- 3º e 4º elexiron Os soños na gaiola de  Manuel María
 
- 5º e 6º levaban o libro Aires da miña terra de Manuel Curros Enríquez.
 
- e as mestras, Polo correo do vento de Aquilino Iglesia Alvariño.
 
   Cada un dos disfraces levaba na parte dianteira un poema do libro cunha ilustración e o seu marcapáxinas e na parte traseira a portada e a contraportada coa súa etiqueta correspondente.

 

   Con estes traxes percorremos as rúas de Sober acompañados de familiares e veciños que incluso nos agasallaron con caramelos.

    Ao chegar á praza do Concello os alumnos recitaron as súas poesías para todos os presentes.

    Despois desde o Concello agasalláronnos cunha bolsa de chuches e xa de volta ao colexio visitamos aos maiores na Residencia Nuestra Señora del Carmen.
 
 
 
 
 

É TEMPO DE ENTROIDO. Os biblioaxudantes contan (01/03/2019)

    Hai algo mellor que comezar o día de entroido cun libro?
 
    Nós cremos que non e por iso, as biblioaxudantes Mara, Gisela e Uxía prepararon a lectura do libro É tempo de entroido de Ramón D. Veiga.
 
   Neste libro xúntanse os personaxes máis tradicionais do entroido galego (peliqueiros, cigarróns, madamas...) para facer unha comida xuntos na que non faltará ningún ingrediente do cocido nin filloas ou orellas.
 
 
      Ademais prepararon un baile coa canción do libro que podedes escoitar premendo na portada do libro.
https://vimeo.com/301619166
 

 

    E  por suposto, despois deste conto, que credes que habería hoxe de comer??  COCIDO!!!

 

DETECTI 5º - 6º. 7º RETO (28 - 2 - 2019)

 Que tal investigadores?

Déstelle á cabeciña para averiguar o reto da semana pasada?

 

 

Pois xa temos a resposta no noso programa de radio:

 

 Non era tan difícil, non?

 Unha das perosas era pai e fillo é vez; así que en realidade había tres persoas:

una avó, un pai e un neto!!

 Para o reto da próxima semana, un pouco de ciencias naturais!

 

 

 

XOVES DE ENTROIDO (27-2-2019)

HOXE  REMATAN  AS  COMANDAS  DO  MECO  2019!!

  SE  QUEREDES  DESCARGAR  AS  VOSAS  FOTOS,

PODEDES  ACCEDER  A  ELAS  NO  SEGUINTE  ENLACE

GALERÍA  DE  FOTOS

LUNS DE ENTROIDO (25/2/2019)

Comeza a semana do entroido!!

 

COMANDAS DO MECO - 2019

25/02/2019 20:20
01/03/2019 20:20
Europe/Madrid

DÍA DE ROSALÍA (24-2-2019)

    Hoxe conmemórase o nacemento da autora galega Rosalía de Castro.
 
    A nosa pequena homenaxe deste ano consiste nun vídeo coa técnica do croma no que participa todo o alumnado do colexio, uns alumnos informándonos sobre a vida de Rosalía e outros recitando os seus poemas.
 
    Esperamos que vos guste e desfrutedes da súa poesía.
 
 
 
 

 

Distribuir contido