Camiño do Pazo, s/n (Sober) Tfno. 982 87 08 41 e 982 87 08 42.

EL PASTEL ESTÁ TAN ARRIBA (3/6/2019)

    Esta semana tivemos un préstamo na biblioteca... unha cámara HUE!!

    Alumnado de 5º de Primaria quixo argallar con ela facendo unha adaptación do libro El pastel está tan arriba de Susanne Straber.

   Comezaron por reproducir aos protagonistas en transparencias para traballar coa mesa de luz e despois, filmaron a historia con esta cámara que permite gravar a voz en off ao mesmo tempo xa que dispón de microfóno.
 
   Mirade o resultado!!
 

DESPEDIDA TORI (31/5/2019)

    Hoxe despedimos á nosa auxiliar de conversa  Victoria Capuano (Tori despois de levar dous cursos no noso centro compartindo moitas experiencias con nós.
 
   Pero antes de marchar, Tori estivo en Radiuvín para adicarnos unhas verbas do que supuxo para ela o paso polo noso centro.
 
 
    Podedes esoitar a entrevista a continuación e non vos preocupedes se non entendedes ben o inglés porque Uxía e Francesca foron traducindo simultáneamente o que ela dicía. 
 

 
 
    E para que se lembre sempre de todos os alumnos e alumnas do centro, cada un dedicoulle un debuxo ou un texto co que fixemos un libro de recordos.
 
THANK  YOU  VERY  MUCH,  TORI!!

WE  HOPE  YOU ARE VERY  HAPPY!!

CONCERTO DIDÁCTICO (31/5/2019)

    O noso alumnado xunto co alumnado do CEIP Monte Baliño de Pantón, do CEIP A Gándara de Monforte e do PAI de Sober; aistiu ao concerto didáctico organizado pola Banda de Música de Sober, as Escolas Municipais de Música e Teatro e o Coro Berea.
 
 

    Neste concerto disfrutamos dunha adaptación do conto musical La vía de los sueños de Josu Elberdin e ao rematar, varios mestres e alumnos convertéronse momentaneamente en directores da banda.

 

    Tras o concerto, Ruth González (directora do Coro Berea) e Miguel Franqueiro (director da Banda de Música de Sober) acudiron aos nosos estudios de Radiuvín para falar sobre varios aspectos organizativos e musicais do evento así como das súas experiencias musicais e levaron como agasallo un punto de lectura de Lectuvín e unha clave de sol impresas coa nosa impresora 3D.

   Esta actividade tamén foi recollida pola prensa local:
El Progreso

La Voz de Galicia

TALLER DE ILUSTRACIÓN (31/2/2019)

    O alumnado do centro que acudiu ao taller de ilustración e debuxo impartido por Iria Iglesias, fixo uns fermosos debuxos do fondo do mar dos que xa podedes disfrutar no corredor do colexio: sereas, peixes, polbos, caranguexos, barcos afundidos, sbmarinos... e como non, tamén están eles mesmos como buceadores observando todo o que acontece.
 
 

CANTAMOS? (23/5/2019)

   Hoxe tivemos na biblioteca do colexio a Celtia Figueiras, actriz, dramaturga e autora dos textos do libro Cantamos?.
 
   A través desta sesión escoitamos contos tradicionais narrados en lingua galega pero tamén cantados coa música de Luis Valecillo: Rosi, Os tres porquiños, O parrulo feo e O gato con botas foron os protagonistas desta sesión.
 
    Tamén tivemos tempo de bailar co conto cantado de Xan sen medo
 
    Para saber máis sobre este libro podedes premer no seguinte enlace Cantamos? e para gozar da súa música e das súas historias non dubidedes en collelo prestado na biblioteca que ademais agora, está dedicado por Celtia.

 

TRABALLANDO CARA A IGUALDADE

    Noelia Rodríguez, educadora social, adicou dúas sesións aos rapaces e rapazas de Primaria para realizar actividades de sensibilización cara a igualdade de sexos xa que é algo que se debe traballar e aprender desde a infancia.
 
    Estas actividades están organizadas pola asociación FEMforte en colaboración co Concello de Sober e financiadas pola Secretaría de Estado e Igualdade a través do Pacto de Estado contra a violencia de Xénero.
 
   O primeiro día a actividade Non me contes contos, a través do conto Brancaneves e os 7 ananiños; Noelia fíxonos reflexionar sobre os roles establecidos nos contos infantís: 
 
por que a madrastra ten que ser mala? 
non hai ningún padrastro malo?
e as princesas...sempre son parvas e necesitan que as rescaten?
todos os príncipes son guapos e valentes?
por que son tan feas as bruxas? será que a beleza ten que ver coa bondade?
 
 
   Ademais, na súa voz puidemos escoitar unha versión diferente do libro A Bela e a Besta cun final moi distinto ao habitual que nos fixo reflexionar sobre o papel da muller nos contos tradicionais.

 

     Quen é quen? foi a segunda actividade realizada. Partindo desta pregunta os nenos e nenas traballaron sobre os roles establecidos en función do xénero para rematar dándose conta de que non hai cousas "masculinas" nin "femininas" senón que todos podemos facer aquelo que nos guste.
 

 

   Esperamos que despois destas sesións o noso alumnado aprendera que ninguén lles pode dicir o que poden facer e moito menos de forma violenta; pois todos temos os mesmos dereitos, sexamos nenos ou nenas.
 

O DESCUBRIMENTO DE AMÉRICA

      Os alumnos de 5º de primaria estiveron a estudar a Idade Moderna
 
 
     Un feito importante desta época foi o descubrimento de América en 1492 por  Cristobal Colón.
 
Imaxe: vinilo decorativo Mapa Mundi Infantil
 
 
 
      Ao mesmo tempo, os alumnos de Infantil A fixeron un proxecto sobre Colón, no que aprenderon moito sobre
 
esta viaxe e o importante que foi, posto que de alí se trouxeron moitos dos alimentos que temos hoxe en día.
 
 
 
     Por iso, decidimos facer unha posta en común na que ámbolos dous cursos intercambiaron o aprendido.
 
 
 
     Para rematar, os alumnos e alumnas gravaron este conto tomando como base as imaxes do libro El huevo de
 
Colón de Violeta Monreal (Ed. Bruño) que resume aquela viaxe feita nas tres carabelas. 
 
 
 
Esperamos que vos guste!!
 
 

LETRAS GALEGAS. O TRAXE REXIONAL GALEGO (15/5/2019)

   Antonio Fraguas foi o impulsor da creación da "Asociación do traxe galego" para investigalo e difundilo. 
 
    Desde o centro quixemos poñer tamén o noso gran de area para que o alumnado coñecese de primeira man o noso traxe rexional.

   Para iso contamos coa colaboración especial de Mara, Gareth, Libertad e Yanira que lles ensinaraon aos compañeiros os seus traxes ademais de preparar un Power Paint con información sobre el.

 

    Tamén nos ensinaron uns puntos básicos para bailar, comenzando por como colocar ben os brazos.

      As ensinanzas continuaron polo corredor porque a biblioteca se nos fixo un pouco pequena...

 
 
 Mirade que bos aprendices foron!!
 
 
 
MOITAS  GRAZAS  A  MARA, GARETH, LIBERTAD  E  YANIRA
POR  ESTA  CLASE  MAXISTRAL!!

E  AS  SÚAS  FAMILIAS  POLA  SÚA  COBORACIÓN!!

 
 

LETRAS GALEGAS. CERTAME DE INVESTIGACIÓN ANTONIO FRAGUAS (15/5/2019)

   Como cada ano, desde a biblioteca convocamos un Certame de Investigación Letras Galegas sobre o autor homenaxeado no que lle propoñemos ao alumnado unha batería de preguntas sobre a súa vida e a súa obra.
 
   Dependendo do nivel ao que ían dirixidas, as repostas ás preguntas podíanse encontrar nos carteis recibidos ou ampliando información a través da investigación.
 
 
  Os alumnos participantes recibiron un premio que consistiu nuns rotuladores e lápices e os gañadores recibiron ademais unha libreta q levaba na portada un Mapa de Galicia impreso coa nosa impresora 3D partindo dun debuxo do mapa que pasamos polo programa Selva 3D.
 
 

LETRAS GALEGAS. COÑECENDO A ANTONIO FRAGUAS (15/5/2019)

    Son varias as actividades que fixemos este ano para conmemorar o Día das Letras Galegas adicado a Antonio Fraguas: programas radiofónicos, participación na II Escaleira Literaria, lecturas compartidas na Residencia Virxe do Carme, achegamento aos monumentos do noso Concello...
Imaxe RAG
 
   Pero para coñecer mellor a este autor, lemos o libro As miñas primeiras Letras Galegas. Antonio Fraguas de Os Bolechasda que se encargaron os biblioaxudantes Adrián e Pablo e na que nos enteramos de moitos contos de cobras que parece que Antonio Fraguas oíu de pequeno: cobras que rodan, cobras que hipnotizan, cobras que matan... 
 
   Ademais o libro inclúe unha pequena biografía do autor co que coñecemos moitos máis detalles da súa vida.
 
 
 
Distribuir contido