Novas/Prensa

Novidades, noticias, información. Recortes de prensa.

RESTABLECEMENTO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO DO 2º CICLO DE EDUCACIÓN INFANTIL E DE EDUCACIÓN PRIMARIA PARA O CURSO 2020/2021.

 

(ACORDO PUBLICADO NA RESOLUCIÓN DO 5 DE MAIO DE 2020 - DOG núm. 86)

- SÓ PARA O ALUMNADO QUE SE MATRICULA POR PRIMEIRA VEZ NO CENTRO -

 

PRAZO: DO 11 AO 18 DE MAIO DE 2020.

 

  • PUBLICACIÓN LISTAXES PROVISIONAIS ANTES DO 9 DE XUÑO. (Reclamacións en 3 días hábiles dende o día seguinte á publicación).
  • PUBLICACIÓN LISTAXES DEFINITIVAS ATA O 26 DE XUÑO.
  • FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA (INFANTIL E PRIMARIA): DO 1 AO 10 DE XULLO DE 2020.

 

TELÉFONO DE CONTACTO: 653 89 97 73

 

ORGANIZÁMONOS PARA SAÍR EN CONFINAMENTO

REPARTO DOS LIBROS DE TEXTO PARA O 3º TRIMESTRE

O Concello de Rubiá publicou un BANDO no que comunica aos veciños do municipio que: en colaboración co noso colexio procederá a repartir os libros de texto do terceiro trimestre ao alumnado, achegándollos ás súas casas para a vindeira semana. 

Asemade as familias que queiran realizar fotocopias ou imprimir fichas para as tarefas escolares poderán solicitarllo ao Concello a través do seguinte email: concelloderubia@gmail.com, achegando os arquivos ou ficheiros que queirades imprimir e indicando a que dirección as teñen que levar. Por favor, tratade de realizar os vosos pedidos de xeito que aforredes tempo e desprazamentos ao persoal do concello.

Dende o CEIP Plurilingüe Virxe do Camiño queremos recordar ás familias que, en todo caso, recibirán notificación a través da aplicación Abalar Móbil, coas instruccións precisas de como se vai a levar a cabo o desenvolvemento do terceiro trimestre.

Moitas grazas pola vosa colaboración.

CONTINUIDADE CALENDARIO ESCOLAR E AVALIACIÓN 2º TRIMESTRE

  “A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, participou o pasado día 25 de marzo na Conferencia Sectorial de Educación, convocada para analizar o impacto e as medidas en relación coa interrupción da actividade lectiva presencial con motivo da declaración do Estado de Alarma por parte do Goberno Central. No encontro houbo consenso xeneralizado de manter o calendario escolar, co obxectivo de transmitir unha mensaxe de continuidade e normalidade respecto ao ámbito académico.

 Nesta liña, acordouse avaliar o segundo trimestre co traballo desenvolvido ata a interrupción das clases presenciais e modificar os contidos e competencias básicas previstas para o terceiro trimestre. Estas modificacións abordaranse nunha xuntanza en abril. Ademais, decidiuse suspender este curso as probas de avaliación diagnóstica. Carmen Pomar agradeceu o esforzo que están a facer tanto docentes como familias para manter a poboación escolar activa e contribuír así á normalidade nesta situación excepcional.” (Fonte oficial: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/30634 )

 

Polo tanto, o boletín da avaliación do 2º trimestre poderá ser consultado, a partir do 3 de abril, a través da aplicación Abalar Móbil que cada familiar responsable debe ter instalada no seu terminal.

Por outra banda, unha vez confirmada a planificación do 3º trimestre procederemos a informar ás familias polas canles telemáticas establecidas no noso centro: Páxina Web e Abalar Móbil.

 

AMPLIACIÓN PRAZO MATRÍCULA

 

Segundo o artigo 1 das Instrucións do 13 de marzo de 2020, provisionais dirixidas ás direccións dos centros educativos de ensino non universitario sobre a concreción das medidas a adoptar  en relación coa pandemia covid-19 para os vindeiros 14 días naturais contados dende o 16 de marzo de 2020:

Amplíase provisionalmente o prazo de presentación telemática e presencial de solicitudes de admisión que finalizará 1 semana despois do reinicio das clases.

Recoméndase a utilización preferente da modalidade telemática para a presentación das solicitudes

 

SUSPENSIÓN ACTIVIDADE LECTIVA

Comunicación aclaratoria das instrucións en materia de presenza de persoal nos centros de ensino non universitario

Lun, 16/03/2020 - 10:40

Diante das modificacións derivadas da declaración do estado de alarma, acláranse as últimas instrucións:

1. Nos centros educativos de todos os niveis de ensino non universitario de mais de seis unidades solo permanecerá en réxime de quendas unha persoa do equipo directivo do centro de 10 a 13 horas.

2. Nos centros de educación especial con residencia tan só se esixirá a presenza dun membro do equipo directivo, en réxime de quendas no mesmo horario, debendo os usuarios permanecer nos domicilios

RESOLUCIÓN do 15 de marzo de 2020

CORRECCIÓN DE ERROS: A LIGAZÓN AO BLOG DE EDUCACIÓN INFANTIL É: https://educacioninfantilrubia.blogspot.com

XA CHEGOU O DIA

E chegou o primer dia do curso, os nervios a flor de pel por coñecer os novos titores, o titor de quinto e sexto resistiuse un pouco pero xa esta con nós, estoxos, mochilas novas e gañas de comezar o novo curso 2019-2020

 

 

  

NOTICIA "La región" - 2/6/2019

NOTA: ESTAMOS MOI CONTENTOS DE QUE UN XORNAL PUBLICARA O PASADO DOMINGO A NOVA IMAXE QUE PRESIDE O NOSO PATIO, PERO É PRECISO ACLARAR QUE O TRABALLO FOI ENCARGADO E SUBVENCIONADO POLA ANPA DO NOSO CENTRO EDUCATIVO E NON POLA DIRECCIÓN. 

Distribuir contido (C01 _th3me_)