Skip to Content

Ed. Infantil

DESPEDIDA DA RAIÑA DOURADA

E chegou a despedida. Despois de tres meses, de misións, traballos, xogos e confinamento, chegamos ao final dun curso moi extraño.

A Raíña Dourada e o seu equipo están moi orgullosas de vós, de todos vós, nenos, nenas, irmáns e familias,..foron meses moi duros, nunha situación nova e estresante para todos pero na que desmostrastedes unha enorme capacidade de adaptación,implicación e entrega.

MOITAS GRAZAS FAMILIAS, ESPERAMOS QUE PASEDES UNHAS BOAS E MERECIDAS VACACIÓNS.

VÉMONOS EN SETEMBRO.

GRAZAS.

Actividades Educación Responsable

Ola familias !

Que tal estades?

Esperamos que todos moi ben.

A continuación propoñémosvos unha actividade do Programa de Educación Responsable para Educación Infantil.

Trátase do visionado dun video de CAILLOU, que trata sobre o aburrimento.

O enlace lévavos a un documento explicativo e dentro xa está tamén o enlace ao video.

De tódolos xeitos tamén poñemos o enlace ao video por separado por se vos é máis cómodo.

Un saúdo e moooooitas apertasss.

Educación Responsable Infantil.

Video de CAILLOU

DÍA DA FAMILIA

Bos días familias!

Sabedes que día se celebra hoxe…? Pois sí, o 15 de maio é o día da familia. O máis importante é que gocemos moito coa nosa e pasemos tempo con eles.

Sempre que poidades aproveitade para xogar xuntos, saír a pasear, facer algunha actividade ou explorar e coñecer cousas novas. Os recordos que agora atesouredes acompañaranvos sempre e traeranvos un momento de ledicia no momento que os rememoredes.

Por iso hoxe o equipo de infantil deixámosvos aquí uns enlaces para que vexades xuntos. Despois aproveitade para facer o que máis vos guste.

-         

VÍDEO, Un puñado de botones.

-         

CANCIÓN, La familia

-         

XOGO

Como vedes hai moitos tipos de familias… pero seguro que a que máis queredes é a vosa; sexa do tipo que sexa.

Coidarse moito!

Unha aperta peques!

LETRAS GALEGAS

Ola familias!

EstE domingo celebramos o DÍA DAS LETRAS GALEGAS.

Este ano está adicado a RICARDO CARVALHO CALERO.

Debaixo tendes a biografía e algunhas actividades interactivas facilitadas polo Seminario Galán.

Esperamos que vos gusten.

 

 

BIOGRAFÍA DE RICARDO CARVALHO CALERO

ACTIVIDADES PARA 4ºinf

ACTIVIDADES 5ºinf

ACTIVIDADES 6ºinf

 

 

 

MOITO ÁNIMO, VOTÁMOSVOS DE MENOS!!!!

O equipo de Ed. INF.

LIBRO NO DÍA DO LIBRO

Deixámosvos un documento cun enlace no que podedes personalizar co nome dos vosos nenos un libro para colorear, por se vos interesa.

MOITOS ÁNIMOS!!!!

As profes .

DÍA DO LIBRO

Ola familias, Bo día!!!!

Hoxe é un dia moi especial para o cole, un  día de conmemoración que seguramente estariamos celebrando se as circunstancias fosen outras. Pero non queremos quedar se celebración, aínda que sexa a distancia celebremos  O DÍA DO LIBRO

Así que a RAIÑA DOURADA e o seu equipo envíanvos unhas cantas cousas. para empezar un conto sobre San Xurxo e o dragón xa que hoxe tamén é o seu dia e á RAÍÑA encántalle as historias de cabaleiros(como non podia ser doutro xeito).  e unha manualidade para facer marcapáxinas fáciles e orixinais.

 

Moitos ánimos a todos, XA QUEDA MENOS.

Un saúdo da RAÍÑA DOURADA e do seu equipo.

 

 

5ªMISIÓN 2ª PARTE

Ola familiass!

Que tal estades? Esperamos que todos ben.

Temos unha nova parte da MISIÓN da RAIÑA DOURADA. Seredes quen de levala a cabo?

 

6ºINF

Para levar a cabo esta misión debedes ler o documento secreto da RAÏÑA.  Despois coa axuda dalgún maior, debedes buscar letras en periódicos e revistas e completar os nomes das armas de asedio.

E por último, tedes que fabricar unha catapulta, hai varias formas de facelo, escolledes a que mais vos guste e  A TRABALLAR!!!!

 

5ºINF

Para facer esta misión con éxito tedes que estar moi atentos ao que vos van a ler os maiores.

Despois tedes que buscar en periódicos e revistas as letras que necesitedes para formas a palabra catapulta e pegalas no orden correcto.

Tamén tedes un debuxo dunha catapulta para que copiedes ou calquedes para colorealo ou se preferides podedes debuxar cada un a súa.

Por último debedes construír unha catapulta. No documento tendes varios exemplos.

 

4ºINF

Moi atentos pequenos cabaleiros ao que vos van a contar os maiores.

Tedes que buscar algunha letra que saibades na palabra CATAPULTA e arrodeala, despois podedes debuxar, copiar ou calcar a catapulta do documento e por último fabricar unha catapulta, veredes que divertido.

 

MOITO ÁNIMO FAMILIAS E MOITA SAÚDE DE PARTE DA RAÍÑA DOURADA E O SEU EQUIPO.

DÍA DA TERRA

22 de abril. Día de la Tierra | Aprendizaje Verde

Ola valentes!

Hoxe é o día da Terra, un día moi especial no que pretendemos concienciar a todo o mundo na importancia de coidar a natureza.

Por iso propoñemos diversas actividades que podedes facer no día de hoxe.

 Pero recordade! A Terra debemos coidala sempre porque todos os días son os días da Terra!

Unha aperta moi grande a todos e a todas.

 

5ª MISIÓN 1ª PARTE

Ola familias temos unha nova MISIÓN da Raiña Dourada:

 

" Queridos súbditos, pensei que vos forades de vacacións, pero xa me contaron que non, que estabades na casa traballando un montón para poder ser cabaleiros e cabaleiras.

Como xa sabedes un montón sobre as armaduras,  para a seguinte misión teredes que seguir aprendendo cousas sobre as armas.

Os mensaxeiros reais ensinaranvos un documento secreto sobre as armas que poden empregar os cabaleiros".

6ºINF

Tedes que ler moi atentamente o documento que vos envía a RAIÑA, e ao rematar debuxar e colorear cada arma e escribir o seu nome..

Adeante, vós podedes!!!

5ºINF

Unha persoa maior vaivos ensinar as armas e decirvos as súas características.  Despois podedelas debuxar, calcar  ou repasar e colorear  e escribir o nome de cada unha con letras maiúsculas, ou que volo escriban e vos colocádelo no lugar correspondente.

Ánimo, que vós podedes!!!!

4ºINF

Un adulto ( axudante da raiña) vaivos ler unha cousa moi importante. Despois teredes que repasar ou calcar os debuxos e colorealos y dicir como se chama cada arma ou colocar o nome ( que vos escribirá un axudante) ao lado de cada arma.

Veña que vós podedes!!!

actividades varias

Imos facer algunhas actividades lóxico- matemáticas con cousas que tedes na casa. 

Contar cousas que temos na casa, sillas, cadros, ventás etc.      

Facer series con cousas da casa. Por exemplo colocar, garfo, culler, garfo, culler..

 

Aquí vos queda un vídeo con series para practicar.      

Poden tamén practicar nun folio. Debuxar un círculo vermello, un cadrado verde, círculo azul, cadrado verde.   

Pódeno facer tamén con froitas, outros debuxos ect.

 

Máis xogos con diversas actividades. Labirintos, arrastar,  memorizar, ect.

Xogos de habilidade, memoria, creación, lóxica e atenión.

E recordade QUEDADE NA CASA .

As profes do Equipo de Infantil esperamos que esteades todos ben, disfrutade todo o que poidades e oxalá nos vexamos moi pronto.

Moito ánimo!!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut