A partir do día 1 e ata o 22 de marzo estará aberto o prazo para a presentación de solicitudes de admisión do alumnado para o curso 21/22.

Os modelos de solicitude poden pasar a recollelos na secretaría do centro en horario de luns a venres de 13:00 a 14:00 con cita previa (Tlf: 886151473) ou ben descargalos na seguinte ligazón:https://www.edu.xunta.gal/axudaplicacion/files/admisionalumnado/ED550B-G_2021_2022.pdf

Tamén poden presentar a solicitude a través da aplicación "admisionalumnado"

Xunto coa solicitude hai que presentar a seguinte documentación: 

  • Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar, cando denegue a súa consulta.

  • Documento acreditativo do requisito de idade do/da alumno/a ( Libro Familia, DNI, …)

  • Certificado oficial do expediente académico (agás o alumnado que se matricula por primeira vez)

  • En caso de separación ou divorcio, copia da sentenza ou convenio regulador. Neste caso a solicitude terá que estar asinada por ambas/os proxenitoras/es, agás que a patria potestade estea atribuída, con carácter exclusivo, a un deles.

Para revolver calquera dúbida chamar ao teléfono 886151473 ou enviar un email a ceip.vinhas@edu.xunta.gal

Tags: Secretaría