Skip to Content

Saídas

Imos ao parque infantil de tráfico da Estrada

O alumnado de 3º a 6º de primaria visitou e utilizou o mércores, 5 de novembro, de 10:00 a 14:00 horas, o parque infantil de tráfico que se instalou nun dos cinco pavillóns da Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada. 

Dende o día 5 e ata o 11 de novembro, o parque foi destinado polas mañás ás visitas dos colexios da zona, mentres que, polas tardes, permaneceu a disposición de todos os nenos e nenas da vila, dende os sete aos doce anos.

Voluntarios de Protección Civil colaboraron nestas xornadas de seguridade vial para a mocidade.

Achegámonos á ciencia

 

 O pasado 22 de outubro, achegámonos á ciencia no CSC de Fontiñas da man do Servizo Galego para a Igualdade e de moitas mulleres: das que nos ensinaron a ciencia máis divertida e das que a protagonizaron. Velaí estas imaxes para a lembranza. Así comezaba a función! 

 Debaixo desa perruca e barbas escóndese Paula, tamén así se disfrazaba no S. XIX Concepción Arenal para poder estudiar Dereito na Universidade cando só o facían os homes. Se queres saber máis da vida desta escritora, defensora incansable dos dereitos humanos e das mulleres, busca por aquí: http://www.msu.edu/user/floresba/

www.mujernueva.org/mujeres/articulo.phtml?id=882 

http://www.frasedehoy.com/call.php?file=autor_mostrar&autor_id=262

 Anxo, entre túnicas e loureiros, disfrazouse de Hipatia de Alexandría (que está en...).

  A Hipatia víñana escoitar e pedir consello homes desde distintas partes do mundo. Ollo aos datos!:ciencia.astroseti.org/matematicas/articulo_3515_biografia_hipatia_alejandria.htm

 Viaxando no tempo, Lucía disfrazouse da filla de Lord Byron, a quen a súa profe chamaba "a maga dos números".

A Lady Lovelace Byron debémoslle a primeira linguaxe de computación. A que lle chamaría "motor analítico" daquela?: centros5.pntic.mec.es/ies.juan.de.mairena/bioada.htm 

petra.euitio.uniovi.es/~arrai/historia/biografias/ada/ada.htm

 A Carla radiografiáronna grazas a Dorothy Hodkin.

 Dorothy Hodkin, premio Nobel de Química, descubría algo que nos serve para a memoria,  do que agora non me lembro...http://www.educared.net/concurso2001/188/caste/mujeresc2.htm

 Por que Manuel tería na man unha mazorca de millo?

 

 Barbara McClintock tamén levou outro Nobel (e non por comer "palomitas")weblogs.madrimasd.org/microbiologia/archive/2008/02/02/83712.aspx

 E con Julián voltamos a España. -

 

 Margarita Salas axúdanos a saber de xenes: revista.consumer.es/web/es/20031001/entrevista/ 

 Yovanna, Quico e María experimentaron (con algunha molladura) máxicas transformacións. Lembrades como?

 Martín e Andrea fixeron aparecer os mocos da sabeduría dos camelos do Norte (coma quen fai Cola-Cao).

 Rocío meteu un ovo nun matraz coma quen mete un camelo polo ollo dunha agulla. Como o fixo entrar? E saír?

 Xiao deixounos cos pelos de punta.

 E logo seguemos a investigar sobre animais...

 e minerais no Museo de Historia Natural Luís Seoane. Unha xornada apaixoadamente científica! (que tamén poderás visionar nas galerías)..e de ciencia divertida, non si?

Achegámonos á ciencia

Saída cultural a Santiago de Compostela

  centro sociocultural Fontiñas    museo historia natural

O pasado mércores, 22 de outubro, todo o alumnado de primaria do colexio realizou unha saída cultural a Santiago de Compostela para asistir, no Centro Sociocultural de Fontiñas, a unha representación teatral centrada no tema das mulleres e a ciencia. O espectáculo, subvencionado pola Unidade da Muller e Ciencia de Galicia, do Servizo de Igualdade da Xunta, foi organizado pola empresa Ciencia Divertida. Ademais, os nenos e nenas de primaria gozaron ese mesmo día dunha visita guiada ao Museo de Historia Natural Luís Iglesias Seoane, situado na facultade de Química da Universidade de Santiago.


 

Visita ao Aquarium Finisterrae, na Coruña

O 27 de maio os nenos e nenas de Infantil (de 3, 4 e 5 anos) visitaron o Aquarium Finisterrae, situado á beira do océano Atlántico, ao pé do histórico faro da Torre de Hércules. A excursión durou dende as 09:00 ata as 18:00 horas.

Concerto didáctico no Teatro Principal da Estrada

O 27 de maio, o alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º de Primaria acudiu ao Teatro Principal da Estrada para asistir ao concerto didáctico que ofreceron os alumnos do conservatorio da Estrada. A función, dirixida aos nenos e nenas dos colexios estradenses, tivo lugar de 12:00 a 13:00 horas.

Visita á Escola de Prevención de Riscos Laborais.

 

O alumnado de 1º e 2º curso de primaria visitou o 22 de febreiro as instalacións da Escola Galega de Prevención de Riscos Laborais, a cal pretende implantar unha cultura preventiva a idades temperás, de xeito que os escolares, dunha banda, aprendan, xa dende novos, a valorar os distintos perigos aos que poden estar expostos os traballadores e, doutra banda, coñezan o uso e a necesidade dos principais mecanismos establecidos para a súa redución e eliminación. Con esta finalidade, os alumnos participaron en distintos obradoiros:

  • Seguridade e hixiene no traballo.

    - Hixiene no traballo. Resáltase a importancia de ter un espazo de traballo en condicións óptimas de limpeza.

    - Seguridade no traballo. Conciénciase o alumnado da importancia de reducir a siniestralidade laboral a través da prevención de riscos, así como da importancia de reparar danos derivados de accidentes de traballo e de enfermidades profesionais.

    - Avaliación de riscos. Identifícanse os perigos existentes no lugar de traballo, co fin de determinar as medidas que deben tomarse para protexer a seguridade e a saúde dos traballadores.

    - Plan de emerxencia e evacuación. Danse a coñecer as claves dun bo plan de emerxencia e evacuación, documento básico para dispoñer dun lugar de traballo seguro.

  • Ergonomía.

    - Principios xerais da ergonomía: maneira de estar sentados, modo de efectuar traballos manuais pesados, emprego de ferramentas...

  • Psicoloxía.

    - Estrés laboral. Analízanse os conflitos latentes para poder así anticiparse ás súas consecuencias.

  • Saúde.

    - Primeiros auxilios. Infórmase ao alumnado sobre os coidados que se deben prestar ás persoas accidentadas ou con enfermidades antes de que cheguen os servizos de urxencias.

  • Prevención na vida cotiá.

    - Prevención no ámbito doméstico. Elabórase un mapa de posibles riscos existentes: queimaduras, caídas, golpes..., actuando ante os mesmos coa responsabilidade necesaria.

    - Educación vial. Créanse hábitos e actitudes seguras e responsables dos cidadáns cara ao uso das vías públicas e dos vehículos e analízanse os comportamentos e accións incorrectas co fin de melloralos.

 

Fomos ao Teatro Principal da Estrada o 14 de febreiro!

   Os nenos e nenas de 3, 4 e 5 anos acudiron  o xoves 14 de febreiro ao Teatro Principal da Estrada para presenciar o espectáculo de clown Ao son das cousas, que puxo en escena a compañía Sapristi. Baixo a dirección de José Campanari e co apoio de Fernando Reyes na dirección sonora, Nuria Sanz e Patricia Vázquez protagonizan esta historia na que as dúas actrices interpretan a Sara e Berta, dúas escoitadoras e recolectoras de sons que andan de acá para alá segundo as leve o vento, o son preferido da súa colección. Cada vez que o escoitan, saben que chega o momento de prepararen os vultos e deixárense levar a un novo porto. En cada lugar ao que chegan, son convidadas a xogar cos novos sons cos que se atopan: os bocexos, o croar dunha ra, o ladrido dun can, o repenico dunha gota, o tictac dun reloxo...

    Este espectáculo acode a unha combinación de estímulos sonoros e visuais para propoñer unha viaxe lúdica por situacións cotiás ao son das cousas.

Distribuir contido


by Dr. Radut