Skip to Content

CURSO 2014/2015

NESTA TÁBOA PODEDES CONSULTAR TODA A INFORMACIÓN QUE SE FOI PRODUCINDO AO LONGO DO CURSO 2014/2015. PARA MÁIS DETALLE, PREMEDE NA IMAXE CORRESPONDENTE.

REVISTA ESCOLAR 2014/2015: Podedes ler a revista escolar do curso 2014/2015 premendo na imaxe.

FIN DE CURSO: O día 19 de xuño, compartimos comida, música e xogos no patio para celebrar a fin do curso.

VISITA AO PAZO DE OCA: O día 19 de xuño, o alumnado de infantil e de 2º, 4º e 5º de primaria visitaron o pazo de Oca para despedir o curso.

VISITA AO IES Nº1: O día 12 de xuño, o alumnado de 6º de primaria realizou unha visita guiada, xunto coa titora e a orientadora do centro, ao IES Nº1, no que proseguirán os seus estudos o vindeiro curso 2015/2016. 

FESTA VOZ NATURA: O día 6 de xuño, as familias que quixeron participar acudiron á festa de fin de curso organizada por Voz Natura en Culleredo (A Coruña), onde pasaron unha divertida xornada chea de xogos e actividades para os máis pequenos.

VIAXE Á CORUÑA: O día 22 de maio, todo o alumnado, desde infantil ata 5º de primaria, viaxou á Coruña para visitar dous museos científicos: Domus e Acuario.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS: O día 15 de maio celebramos o festival das Letras Galegas no salón de actos do colexio.

CONCURSO DE MICROPOEMAS E MICRORRELATOS: O día 26 de maio, o alumnado gañador deste concurso recibiu os seus premios na II Festa das Palabras, celebrada no Teatro Principal da Estrada.

CONTACONTOS: O 4 de maio recibimos a visita de Marta Ortiz, contacontos da compañía A tropa de trapo, que nos presentou o seu espectáculo Cores, con contos, cancións e obxectos reciclados.

A NENA E O GRILO: O día 22 de abril, o alumnado de infantil e de 1º de primaria viaxou a Pontevedra para asistir á representación musical A nena e o grilo no País das Apertas, da compañía Magín Blanco, no Auditorio Abanca.

PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2015/2016: Accedede a toda a información sobre o proceso de admisión premendo na imaxe.

DÍA DO LIBRO: Celebramos o Día do Libro preparando caligramas que colocamos nun mural.

RECOLLIDA DE TAPÓNS: Do 19 de marzo ao 5 de xuño, o colexio participará nunha campaña solidaria de recollida de tapóns de plástico para a súa reciclaxe, dentro do programa Voz Natura. Os interesados/as en participar poden depositar os seus tapóns na caixa habilitada ao efecto na entrada do centro.

PLAN DIRECTOR: O 6 de marzo recibimos no centro a visita da Garda Civil de Vila de Cruces, dentro do programa Plan Director, que desenvolve accións preventivas para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nas súas contornas. Entre estas accións formativas, dirixidas a escolares e profesores, inclúense charlas sobre as novas tecnoloxías e os riscos derivados dun uso indebido de internet.

CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE ALIMENTOS: Do 27 de febreiro ao 6 de marzo, o centro participou na campaña de recollida de alimentos non perecedoiros, organizada pola asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui.
DÍA DE ROSALÍA: O día 24 de febreiro, no MOME da Estrada, dous alumnos de 5º de primaria participaron, representando ao centro, no recitado de poesías organizado para celebrar o Día de Rosalía.
FESTIVAL DO ENTROIDO: O día 13 de febreiro celebramos o festival do Entroido no cole. Tamén participou parte do alumnado no Entroido de Couso e da Estrada. Para ter noticia de todo isto e ver fotos e vídeos, premede no castelo.
DÍA DA PAZ: Na semana do 26 ao 30 de xaneiro, celebramos o Día Escolar da Paz e a Non Violencia elaborando murais. Podedes velos premendo na pomba.
NADAL: Celebramos o Nadal decorando o colexio, cantando panxoliñas, tomando o chocolate quente con biscoitos ao que nos convidou a ANPA do centro e recibindo a visita de Papá Noel, que repartiu agasallos por todas as aulas do cole.
OPERACIÓN kILO: Ao igual que en campañas anteriores, Cáritas Parroquial da Estrada (Diocesana de Santiago de Compostela) puxo en marcha a campaña de recollida de alimentos non perecedoiros denominada Operación Kilo, na que o centro colaborou desde o día 5 ata o 19 de decembro.

VISITA A PROTECCIÓN CIVIL DA ESTRADA: O día 12 de decembro, o alumnado do 1º ciclo de primaria visitou as instalacións de Protección Civil da Estrada e tomou despois un chocolate con churros nunha pizzería cercana.
AS LARANXAS MÁIS LARANXAS DE TODAS AS LARANXAS: O día 5 de decembro, no Teatro Principal da Estrada, o alumnado de infantil asistiu a esta montaxe teatral do Centro Dramático Galego baseada no clásico de Carlos Casares.
CROSS NA ESTRADA: O día 4 de decembro, parte do alumnado do 2º e 3º ciclo participou no campionato de cross escolar zonal da Estrada na praia fluvial de Liñares.
CAMPAMENTOS URBANOS DE NADAL: Do 22 de decembro de 2014 ao 7 de xaneiro de 2015, de 8:00 a 14:00 h. e de luns a venres, agás os días festivos, desenvolvéronse os campamentos urbanos organizados polo Concello da Estrada e dirixidos aos rapaces e rapazas de 3 a 6 anos.

EXPOSICIÓN DE ARTE ABANCA: O alumnado do 2º e 3º ciclo viaxou o 28 de novembro a Santiago de Compostela para realizar unha visita guiada á exposición de pinturas, debuxos, esculturas e fotografías Tradición, cambio e innovación, no Centro Abanca Obra Social. Tamén participaron no taller Detectives para unha colección de arte.

A GUERRA DE TROIA: O 19 de novembro, o alumnado do 3º ciclo viaxou ao Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela, para asistir ao espectáculo histórico de narración, monicreques e animación titulado A guerra de Troia.

VISITA DO CLUB ACUÁTICO UMIA: Dous monitores deste club visitáronnos o día 13 de novembro para falarlles aos nenos e nenas de primaria do salvamento e o socorrismo acuático deportivo.
MAGOSTO: Celebramos o Magosto o día 6 de novembro, con xogos populares e degustación de castañas asadas.
INTERCAMBIO DE POSTAIS DE SAMAÍN E HALLOWEEN: Un ano máis, o alumnado de primaria intercambiou postais de Halloween e Samaín cos nenos e nenas do CEIP Pérez Viondi da Estrada.

SAMAÍN: Para celebrar o Samaín, decoramos unha das paredes do cole con figuras terroríficas de cartolina negra sobre un fondo multicolor pintado con ceras. Podedes velo premendo sobre a bruxa.

EXPOSICIÓN DE CABAZAS: O día 30 de outubro celebramos o Samaín e Halloween no colexio, cunha exposición de cabazas decoradas polo alumnado e as súas familias.

CALENDARIO DE DÍAS NON LECTIVOS: Premendo na imaxe, poderedes consultar o cadro de vacacións e días non lectivos para este curso 2014/2015.

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR: Neste mes de novembro levarase a cabo o proceso de renovación parcial dos membros do Consello Escolar do centro.

ANIVERSARIOS: En Galerías e tamén premendo na imaxe, veredes as fotos dalgúns dos aniversarios celebrados no cole.

BLOGS DO CENTRO: Nesta páxina web podedes acceder a dous blogs: o da ANPA do centro, o do programa Voz Natura e o da aula de Inglés, a través das ligazóns que atoparedes premendo na imaxe. 

HORTO ECOLÓXICO: Este curso, o centro participa no programa de educación medioambiental Voz Natura, a través de actividades relacionadas coa creación e o mantemento dun horto ecolóxico, co fin de fomentar o coidado e a conservación do medio natural, mellorar a nosa calidade de vida e promover hábitos saudables.

XOGADE: O centro participa este curso na campaña de actividade lúdico-deportiva XOGADE (xogos galegos deportivos en idade escolar), unha iniciativa promocionada e financiada pola Xunta de Galicia. A participación terá lugar nas modalidades de actividade deportiva (campionato de carreiras campo a través) e actividade lúdica (taekwondo e bádminton).

TÍTERES NA ESTRADA: O 2 de outubro, o alumnado de 4, 5 e 6 anos acudiu ao Teatro Principal da Estrada para asistir á representación de monicreques "El investigatopo", da compañía arxentina Chachakun. A obra pertencía ao festival internacional de títeres Galicreques, que se celebrou na Estrada do 1 ao 3 de outubro.
DESCUBRE AS COOPERATIVAS: O 26 de setembro, o alumnado de 1º, 2º e 4º de primaria visitou, na Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada, a exposición Descubre as cooperativas, formada por paneis informativos e pantallas interactivas sobre os distintos tipos de cooperativas e o autoemprego cooperativo.

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES: Premede no debuxo para coñecer as actividades extraescolares organizadas pola ANPA do centro para este curso 2014/2015.

ASOCIACIÓN CULTURAL TAMPARRANTÁN: A Asociación Cultural Tamparrantán, de Santo André de Vea, ofrece cursos de música (pandeireta, gaita, tambor e bombo) e de baile galego para nenos/as e adultos.

AXUDAS PARA O ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO: No BOE do 12 de xullo de 2014, publicouse a Resolución do 3 de xullo de 2014, da Secretaría de Estado de Educación, Formación Profesional e Universidades, pola que se convocan axudas para o alumnado con necesidade específica de apoio educativo para o curso académico 2014/2015.

AXUDAS PARA 2º CICLO DE INFANTIL: O Concello da Estrada convocou axudas, destinadas ás familias ensituación de dificultade socio-económica, para a adquisición de libros de texto e material escolar dos nenos/as matriculados no 2º ciclo de educación infantil en centros públicos da Estrada no curso 2014/2015.  

NOVO APARCADOIRO DO BUS ESCOLAR: Inaugúrase este curso o novo aparcadoiro para o transporte escolar, máis seguro para o alumnado.

LIBROS DE TEXTO 2014/2015: Picando sobre o debuxo, poderedes consultar a listaxe de libros de texto para as distintas materias e cursos deste ano académico 2014/2015.

CADRO DE PROFESORADO 2014/2015: Premendo na imaxe, accederedes ao cadro de profesorado para o curso 2014/2015.

ORDE CALENDARIO ESCOLAR 2014/2015: Consultade, premendo na imaxe, a orde do 13 de xuño de 2014 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2014/2015.

CALENDARIO ESCOLAR 2014/2015: Picando na imaxe, veredes o calendario escolar do curso 2014/2015.

HORARIO LECTIVO DO CENTRO: Premede no reloxo para consultar o horario lectivo, o horario de secretaría e o de atención a pais e nais.

AdxuntoTamaño
Cal_escolar_anual_2014_2015.pdf539.6 KB


story | by Dr. Radut