Skip to Content

FIN DA RECOMENDACIÓN DAS MÁSCARAS NO PATIO

INFORMACIONES VARIAS | CEIP Bilingüe Foro Romano

Comunicación conxunta das Consellerías de Sanidade e Educación sobre a recomendación do uso de máscaras nos patios dos centros educativos - 18/03/2022

O subcomité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia pola covid-19 deixa de recomendar o uso das máscaras nos espazos ao aire libre dos centros educativos da comunidade.

O grupo de expertos adoptou esta decisión tras avaliar a situación epidemiolóxica de Galicia, así como a grande porcentaxe de poboación pediátrica e xuvenil vacinada. Neste senso, Galicia é a primeira comunidade en porcentaxe de poboación infantil vacinada cun 73,5% dos nenos/as con polo menos unha dose, o que significa 21 puntos por riba da media do Sistema Nacional de Saúde. Así mesmo, o 41,1% dos menores de 12 anos contan coa pauta completa, 13 puntos por riba da media de España. 



story | by Dr. Radut