Skip to Content

GUÍA DA DIVERSIDADE FAMILIAR

Confederación Anpas Galegas
Desde a Confederación ANPAS GALEGAS traballan este ano na elaboración dunha "Guía da diversidade familiar", un traballo que se enmarca no programa contra a violencia de xénero e que conta co finanzamento da Secretaría Xeral da Igualdade.

A Guía difundíuse entre as ANPA confederadas e tamén aparece como unha ferramenta dispoñíbel na súa web, para pór recursos ao dispor da comunidade educativa; é totalmente libre de uso e pódese reproducir total ou parcialmente. O caso é que teña utilidade.

Esta é a ligazón para que poidades descargala:
 


story | by Dr. Radut