Skip to Content

EXPOSICIÓN DE CABAZAS

IMG-20211027-WA0019.jpg

Na semana do 25 ao 29 de outubro organizaremos na entrada do centro a nosa tradicional exposición de cabazas de Samaín decoradas polas familias.

Podedes traer as vosas cabazas, identificadas co nome do alumno/a, a partir do luns 25 de outubro e pasar recollelas o venres 29 de outubro.

Se queredes, podedes incluír unha candea eléctrica no interior da cabaza.

Por mor da actual situación sanitaria, as familias non poderedes visitar a exposición presencialmente, pero si a través da nosa web, en Galerías.

O venres 29 de outubro celebraremos o Samaín no cole vindo disfrazados/as para dar moito medo e traendo tacos terroríficos para tomar a media mañá.



story | by Dr. Radut