Novas das actividades realizadas

CHARLA TEO CARDALDA: AS PRIMEIRAS ESCOLAS DE VILAXOÁN

O martes 10 de Decembro, dentro dos actos de celebración do noso 40 Aniversario acompañounos Teo Cardalda, sen dúbida unha das persoas que máis sabe de historia da nosa localidade.

Falounos de cando na República había seis escolas en Vilaxóan, de cando estudaban moitos rapaces xuntos, das listas dos mestres perseguidos durante o franquismo, de Dona Concha e de Don Paco, da xente que saíu desas aulas..., é dicir falounos da nosa historia.

VER FOTOS CHARLA TEO CARDALDA

CONCERTO DIDÁCTICO EXALUMNAS

O 4 de Decembro recibimos a visita de catro integrates nda de música de Vilagarcía que son ademais ex-alumnas do cole.

Coa súa axuda repasamos os instrumentos dunha banda de música e tivemos a ocasión de escoitar en vivo e en directo o violoncello, o saxofón e a frauta traveseira.

Pasámolo xenial cantando grandes éxitos coma “Un elefante se balanceaba”, “Baby Shark” e facendo percusión corporal para acompañar a Marcha Radetzky. 

VER FOTOS CONCERTO EXALUMNAS

 

A ESCOLA DE ANTES CHARLA DAS AVOAS

Hoxe, día 13 de novembro visitáronnos no colexio Leo e Cocha, as avoas de Carmen González e Antía Blanco.

ViñeroN a contarnos os recordos que tiñan da súa escola de cando elas eran pequenas. A pesar de que o no noso colexio cumpre 40, elas non viñero aquí, senón que foron á Escola de Dona Concha.

Faláronnos daquela época dura onde a roupa e a comida era moi escasa. Cando facían bocadillos de pan reseso e monda de plátano ou de queixo.

Leo aos 11 anos xa foi a traballar para a fábrica e contaba Concha como desde os 9 anos xa facía de comer para toda a familia. Non había vacacións, e traballaban axudando na casa, collendo piñas nos montes ou traballando nas leiras.

Tampouco tiñan xoguetes: algunha boneca de cartón que se esfolicaba ao mollarse. E claro cando dicían que non había móbiles, nin ordenadores, nin tele, nin neveiras, nin cociñas (cociñaban nas lareiras), nin baños... menuda cara nos quedou!!!

A profe era estrita e axudábase dunha vara para impoñer a orde. Ninguén rechistaba pola conta que lle tiña. Non había cadernos, nin libros, nin lapis nin colores... Había a Enciclopedia Álvarez e o pizarrillo no que escribían cun cacho de tella.

Aconselláronnos menos móbil e menos ordenador, máis deporte, comer todo e sobre todo querer e respectar moito aos avós e avoas.

GRAZAS LEO E CONCHA!!!!

 

  VER FOTOS CHARLA AVOAS A ESCOLA DE ANTES

Distribuir contido