Información

CELEBRAMOS O 40 ANIVERSARIO

Desde o colexio queremos celebrar o noso 40 aniversario e queremos que sexan datas participativas e moi emotivas para todos aqueles que pasaron polo centro ou tiveron relación con el e escribiron un cachiño da súa historia: alumnado, profesorado, familias, veciños, organismos…

O noso colexio foi evolucionando con nós e coa sociedade, pero é moi importante saber de onde vimos e recoñecer o esforzo de todos para chegar ata aquí.

 Por iso, entre outras, temos programadas as seguintes actividades

Charlas ao alumnado de unhas avoas que nos van vir a contar como era a escola de antes.

 Está programada para o mércores, 13 de novembro.

 

 

Temos invitados antigos alumnos e alumnas relacionados profesionalmente co mundo da música que impartirán un taller para o alumnado.

 

 

Estamos igualmente contactando con outro alumnado de distintas profesións para que veñan a contarnos as súas experiencias. 

 

 

Teo Cardalda pasará polo colexio para contarlle ás familias un pouco da historia do noso colexio, e sobre todo dos preliminares, das primeiras escolas que houbo en Vilaxoán.

 

   Estamos recopilando fotografías relacionadas co colexio e tamén de actividades destes 40 anos, así como algún obxecto (libros, cadernos, mobles…) para facer unha exposición.

 

  
Empezamos a contactar coas primeiras promocións de alumnado para que nos acompañen e participen con nós destes actos.

 

  
No segundo trimestre queremos contar con asociacións e organismos da nosa localidade que nos veñan a explicar a súa historia e a súa función na nosa localidade.

 

  
No mes de marzo (no que cumprimos os 40) farase unha xornada de portas abertas a toda a comunidade, cun acto central de conmemoración, invitación a autoridades, actuacións e onde se poderá visitar a exposición.

 

No mes de abril celebraremos unha comida aberta para todos os que queiran participar nun restaurante próximo .

 

 

ANIMÁMOSVOS A PARTICIPAR CON NÓS DESTA CELEBRACIÓN!!!

FACÉDENOS CHEGAR AS VOSAS IDEAS E SUXERENCIAS.
 

CALENDARIO ACTIVIDADES 40 ANIVERSARIO

CONTACTO 40 ANIVERSARIO

Distribuir contido