Actividades biblioteca cursos anteriores

CONCURSO LOGOTIPO 40 ANIVERSARIO. CURSO 2019/2020

Dende a biblioteca organizamos o concurso de logotipos do 40 aniversario do cole.

A gañadora foi Inés Rodríguez Berredy alumna de 6ºA que recibíu como agasallo unha taza co logotipo que diseñou.

VER LOGOTIPOS 40 ANIVERSARIO

EN ABRIL LIBROS MIL. CURSO 2018/2019

O martes 23 de Abril na HORA DE LER o profesorado titor cambiou de aula para realizar diferentes lecturas en cada unha das titorías de educación infantil a 6º de Primaria.

Os especialistas realizarán a mesma actividade noutra data.

VER FOTOS EN ABRIL LIBROS MIL

VISITA AUTORES: IAGO LÓPEZ. CURSO 2017/2018

É a terceira vez que Iago López visita o noso colexio e estamos encantados de recibilo pola súa forma que ten de contar historias. Nesta ocasión veunos a falar do seu libro "O cociñeiro Martiño e as cenorias desaparecidas". O alumnado de Infantil, 1º e 2º estivo encantado co autor.

 

                        

VISITA AUTORES: ALICIA BORRÁS SANJURJO. CURSO 2017/2018

O mércores día 18 de abril veu ao noso colexio Alicia Borrás para falarnos do seu libro Nata y chocolate. O alumnado de 4º, 5º e 6º puido falar coa autora sobre o libro, manifestarlle canto lles gustou e resolver as dúbidas que tiñan despois da lectura comentada nas aulas.

                   

 

 

                          

 

VISITA AUTORES: LEDICIA COSTAS. CURSO 2017/2018

O xoves 10 de maio veu ao noso colexio a escritora Ledicia Costas para falar cos alumnos/as de 3º,4º,5º e 6º do seu libro A señorita Bubble. Ledicia recibeu o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil no ano 2015 pola obra Escarlatina, a cociñeira defunta.

A escritora contounos que a súa afección polos cemiterios lle viña de pequena e grazas ao seu avó, falounos dos despistes das avoas coas mascotas, da súa vinganza a unha bibliotecaria que lle prohibira sacar máis libros da biblioteca por non devolver a tempo un libro...

 

 

IV CONCURSO "GALICIA, AUGA, LITERATURA E RAP". CURSO 2017/2018

O alumnado de 5º participou no concurso de La Voz de Galicia "Auga que flúe, fonte de rimas". Tratábase de dar a súa visión, a modo de rap, de poemas galegos nos que estivera presente a auga.

Rapearon poemas de Rosalía de Castro, Xoán Babarro, Fran Alonso, Antonio García Teijeiro.....

VIDEO 1:        

                                   
 
VIDEO 2:  
VIDEO 3:  
VIDEO 4: 
VIDEO 5:                                                                      
      
 
VIDEO 6:                        
 
 
VIDEO 7:                                                       
 

CONTACONTOS PARA 1º E 2º. CURSO 2017/2018

O martes 17 os nenos e nenas de 1º e 2º de primaria recibimos na biblioteca a unha contacontos que nos narrou as aventuras de Martiño, un rapaz moi intrépido.

Pasámolo moi ben, foi unha historia moi chula.

VER FOTOS CONTACONTOS

RECITAL DE POESÍA 2017

Este ano no cole celebramos cun pouco de atraso o Día da Poesía realizando un recital poético o venres 30 de Abril para o alumnado de Educación Primaria e o luns 3 de Abril para o alumnado de Educación Infantil.

Nel recitamos poemas de Rosalía de Castro e doutros poetas galegos, aos que engadimos algunha poesía de Gloria Fuertes xa que este ano conmemórase o centenario do seu nacemento.

Pica na imaxe e espera a que cargue o vídeo

 

 VER FOTOS RECITAL POÉTICO 2017

DÍA DE ROSALÍA 2016

O 24 de Febreiro é o día que naceu Rosalía de Castro e dende a biblioteca quixemos facerlle unha homenaxe cun recital poético no que o alumnado ademais de poemas desta autora, recitou poemas de Manuel María que é o autor ao que se lle adica este ano o Día das Letras Galegas.

Pica na imaxe para ver o vídeo

SEMANA DAS MATEMÁTICAS NA BIBLIOTECA. Curso 14/15

Dentro da celebración "Novembro mes das ciencias en galego nas bibliotecas", dedicaremos a semana do 24 ó 28 a xogar coas Matemáticas na nosa biblioteca, durante os recreos. Aquí tedes o programa:

 

Distribuir contido