Actividades Centro

ACTIVIDADES TIC CENTRO

 As actividades que o equipo TIC fixo ou está a facer son as seguintes:

 

No curso 2011/2012 o noso centro incorporouse a rede de centros Abalar polo que a partir deste curso o equipo TIC - Abalar encargarase de potenciar a utilización das novas tecnoloxías no cole.

Tendo en conta ademais que coa nova instalación electrica todas as aulas de Educación infantil e Primaria, e as aulas das especialidades teñen coñexión por cable a internet.

 

 Conexión das aulas de Educación Primaria a Internet. O noso centro non ten feito o cableado para a conexión en rede das aulas e polo tanto estas non tiñan acceso a internet.

A principio de curso propuxémonos intentar conectar as aulas de primaria a internet mediante o sistema WIFI que empregamos para a conexión da biblioteca.

Tras varios intentos a mediados do mes de Outubro de 2008 logramos o noso obxectivo, aínda que nalgunhas aulas do primeiro piso a intensidade do sinal e moi baixa.

Dende o curso 2011/2012 a conexión a internet dende todas as aulas e noutros espazos do centro  realízase mediante cableado.

 

 Mantemento dos equipos informáticos e resolución ( dentro das nosas posibilidades) dos problemas técnicos que surden no centro.

 

 Colaboración co equipo de Actividades Complementarias:

Na grabación da música de acompañamento do coro, tras a extracción das pistas de audio.

Montaxe de vídeos das distintas actividades realizadas no centro.

Na elaboración de presentacións de Diapositivas para conmemorar o Día dos Dereitos do Neno.

Colaboración co equipo directivo:

No deseño da Felicitación de Nadal do centro.

Na maquetación e elaboración da folla de información semanal dirixida ao profesorado do centro.

Coa elaboración dunha folla de cálculo para controlar o número de fotocopias realizadas mensualmente nas distintas fotocopiadoras do centro.

 

 Colaboración co equipo de biblioteca na informatización dos fondos da biblioteca mediante o programa MEIGA.


 

 Colaboración co equipo de Normalización e Dinamización Lingüística na maquetación do "Noticieiro" e doutros libros creados polo alumnado dentro dos proxectos de investigación.

 

 

 Creación, mantemento e actualización da nova páxina WEB.

O centro tiña dende fai uns anos a súa propia páxina web, pero este ano enterámonos do programa de webs dinámicas e tras consultalo co equipo directivo decidimos entrar a formar parte do mesmo.

Por iso no mes de Novembro solicitamos a participación no programa e a finais do mes de Decembro instaláronos a aplicación polo que dende ise momento adicámonos a pasar toda a información dende a páxina antiga a nova e a pouco a pouco ir darlle a forma que queremos.

 

Creación de actividades dixitais interactivas sobre contidos do currículo e sobre os proxecto de investigación realizados no centro.

 

Diseño dos diplomas que serán entregados ao alumnado de Educación Infantil 5 anos con motivo da finalización de etapa educativa e os que entregaremos aos nenos e nenas de 6º que rematan os seus estudios no noso centro.

Busca e análise de páxinas web nas que se traballen os contidos das distintas materias para os enlaces na nosa web no menú  "APRENDEMOS COAS TICS"
 

Elaboración e análise de enquisas para saber o nivel de emprego das TICs por parte do profesorado do centro e do alumnado.

Enquisa profesorado e resultados en PDF

Enquisa alumnado en PDF

Distribuir contido