Actividades Profesorado

ACTIVIDADES TIC PROFESORADO

 O equipo TIC fixo ou está facendo as seguintes actividades co profesorado: 

Creación na Aula  Virtual do centro da categoría "Formación TIC" na que todo o profesorado e persoa que o desexe pode acceder aos cursos:

  • Aula Abalar;
  • Navegando na internet;
  • Offimatica;
  • Traballo con imaxen, son e vídeo;
  • Recurso educativos;
  • Ferramenta de autor Jclic
  • Webs dinámicas.
  • Xade e Meiga

O acceso aos cursos debe realizarase como "Convidado".

Sesión de formación sobre a Aula Abalar, no que participou o profesorado que imparte clase na aula Abalar e outro profesorado interesado en coñecer os elementos cos que se traballa no proxecto Abalar, os programas instalados nos miniportátiles e as normas de traballo nesta aula.

Proxecto de formación e asesoramente en centros, no que participa todo o profesorado que imparte clase no grupo de 5º (Abalar) e outro profesorado do centro. A temática do proxecto de formación é: "Ferramentas de Autor, Jclic e Introducción ao Moodle"
Charla informativa sobre o espazo Abalar para coñecer as aplicacións que oferta para a relación titor/pais e o repositorio de contidos.
  Asesoramento sobre programas educativos; toda a información que nos chega sobre contidos educativos ( programas, direccións...) a transmitimos ao profesorado para que poda valorala e empregala nas súas clases.  

 Asesoramento e resolución de dúbidas relativas ao manexo de distintos programas informáticos: procesador de textos, programas de presentación, busca de información na rede, conta de correo electrónico...
 

Realizamos sesións formativas relativas ao manexo das TICs:

 -Conexión cañón e portátil

- Funcionamento do encerado dixital

- Descarga de fotos dende cámara dixital.

- Elaboración de presentación didácticas con Power Point.

 
 

Realizamos sesións prácticas relativas ao manexo do programa XADE

Para axudar ao profesorado elaboramos  pequenos manuais no que prima a información visual.

 

Potenciar o emprego do correo electrónico para a transmisión da información que chega ao centro dirixida ao profesorado e para a o intercambio de información e documentos entre o propio profesorado.
Distribuir contido