Fin de curso

ACTIVIDADES FIN DE CURSO 2021/2022

Estas foron algunhas das actividades realizadas no fin do curso 2021/2022

(Pica na imaxe para ver o vídeo)

BAILE FIN DE CURSO 2020/2021

Para celebrar o fin de curso o alumnado e profesorado co cole realizamos unha coreografía no patio.

(Pica na imaxe para ver o vídeo)

GRADUACIÓN 6º. CURSO 2019/2020

O 29 de xuño o alumnado de 6º celebrou o seu acto de graduación onde recibiron os seus diplomas e orlas e un pequeno agasallo do centro.

(Pica na imaxe para ver o vídeo)

DESPEDIDA DO CURSO 2012/2013

O 21 de xuño puxemos punto e final ao curso 2012 -2013.

Comezamos co acto de entrega de orlas e diplomas ao alumnado de EI 5 anos e ao alumnado de 6º. Estes nenos e nenas quixéronse despedir cunhas pequenas actuacións. Así o alumnado que remata a súa etapa educativa en Educación infantil, levounos de viaxe polo sistema solar. Mentres que co alumnado de 6º achegámonos ata Venecia.

Continuamos con pequenas festas-merendas nas aulas e rematamos a xornada con xogos no patio.

FIN CURSO XUÑO 2012

O día 22 de xuño para despedir o curso realizamos diversas actividades no cole.

Comezamos coas festas merenda nas aulas para despois saír ao patio a participar nos xogos: pesca, tiro de fútbol. tiro de hóckei, puntería, darlle de comer ao crocodilo, zancos...


A continuación fixemos o acto de entrega de orlas ao alumnado de educación infantil 5 anos e aos nenos e nenas de 6º. Estes alumnos despedíronse de nos con poesías e cancións e vimos fotos do seu paso polo cole.

FIN DE CURSO 2009/2010

Co 22 de Xuño, chegou outro ano mais o Fin de curso. Antes de empezar as desexadas vacacións de verán, despedimos o curso con varias actividades.

A mañá comezou co acto de entrega de diplomas e orlas ao alumnado de 6º de Primaria e de Educación Infantil 5 anos. Nel, os nenos e nenas de 6º sorprendéronnos a todos coa interpretación de dúas cancións acompañados de diversos instrumentos e os cativos/as de E Infantil bailaron unha danza do mundo.

A continuación todos os rapaces e rapazas participaron nos xogos de despedida organizados no patio.

 

E para por punto e final este curso tivemos unha comida de convivencia coas familias, para a que contamos coa colaboración da ANPA.

XOGOS DE DESPEDIDA DO CURSO 2008/2009

O día 22 de xuño, despedimos o curso 2008/2009 con xogos.

As 11:00 o alumnado saíu ao patio para disfrutar: dándolle de comer ao noso cocodrilo a cegas, pescando nun caldeiro, intentando meter gol na portería de hochei ou de minifutbol, conseguindo meter unha canastra, logrando que os saquiños entraran dentro dos aros ou metendo as pelotas dentro da boca do pallaso.

ENTREGA DE DIPLOMAS CURSO 2008/2009

O día 19 de Xuño tivemos a entrega de diplomas ao alumnado de 5 anos que rematou a súa etapa educativa en Infantil e ao alumnado de 6º curso que terminou a etapa de educación Primaria.

O acto comezou cunha pequena coa escenificación dunha poesía adicada as bolboretas realizada polos nenos e nenas de EI 5 anos. Despois proxectouse o conto " A casiña de Chocolate" ilustrado e narrado por ese alumnado e pertencente ao proxecto de investigación que viñeron realizando ao longo do presente curso sobre "O chocolate".

A continuación chegou o momento de entrega de diplomas e orlas por parte da súa titora.

O alumnado de 6º quixo empezar a súa graduación cunha canción no que participaron tódalas rapazas do grupo, tras o mesmo cada un dos nenos e nenas dirixiron unhas breves palabras ao profesorado e finalmente recibiron os seu diplomas e as súas orlas.

Distribuir contido