Día internacional contra a violencia de xénero

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO 2021

O 25 de Novembro conmemoramos no cole o Día Internacional contra a violencia de xénero realizando distintas actividades.

Inauguramos o mural "Sabia, libre e creativa" que pintamos entre todos os cursos utilizando como inspiración o conto "Perfecta" de Canizales.

Tras a inauguración lemos un manifesto redactado polo alumnado de 6º e todos xuntos cantamos a canción "Que non mo neguen" das Tanxugueiras.

 VER O MANIFESTO

 

Para amosar ao longo de todo o día o noso rexeitamento da violencia de xénero viñemos ao cole vestidos de negro e puxemos unhas pulseiras con lemas relativos a este tema.

Ademais o alumnado de Educación Infantil e dos dous primeiros cursos de primaria tiveron unha sesión de contacontos.

E ao longo dos días precedentes fixeronse outras actividades como son o mural "Stop violencia" e o mural cooperativo "Perfecta, non, non, non... felices!

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO: A MULLER QUE QUERO SER

O día 25 de Novembro, día Internacional contra a violencia de xénero, no cole traballamos a muller que quero ser.

Pica na imaxe se queres ver o fermosas que quedaron as nosas "Petras" que representan o que queremos ser.

O vídeo tarda un pouco en cargar, por favor tede paciencia

ACTIVIDADES DÍA INTERNACIONAL DE ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER 2019

O 25 de Novembro realizamos diversas actividades para sumarnos ao Día Internacional de eliminación da violencia contra a muller:

Fichemos unha espiral representando o número das mulleres que neste 2019 foron asasinadas por mor da violencia de xénero.

 

Realizamos unha andaina ao redor do centro e a finalizar o mesmo parte do alumnado de 6º en representación da comunidade educativo leu un manifesto e todos xuntos cantamos a canción de Alaska "A quién le importa"

LER O MANIFESTO

VER FOTOS ACTIVIDADES DÍA INTERNACIONAL ELIMINIACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

Tamén asistimos a un contacontos que contounos historias dirixidas a fomentar a igualdade.

VER VÍDEO ACTUACIÓN CONTACONTOS

MINIANDAINA DE APOIO Á ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

O 25 de Novembro celébrase o Día Mundial de Eliminación da Violencia contra a Muller, dende o cole queremos apoiar esta causa polo que o luns 26, vestidos de negro, todo o alumnado e profesorado do colexio realizou unha miniandaina ao redor do centro.

A marcha foi encabezada polo alumnado de Educación Infantil, sendo o alumnado de sexto de primaria os encargados de pechar a mesma.

Unha vez finalizada, concentrámonos no patio para escoitar un pequeno manifesto e cantar todos xunto a canción de Rozalén "La puerta violeta".

VER FOTOS ANDAINA

DÍA MUNDIAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO 2015

Esta semana falamos sobre a violencia de xénero, tamén pintamos uns zapatos vermellos para lembrar ás mulleres que foron vítimas da violencia de xénero.

Nos pensamos que homes e mulleres podemos convivir uns con outros.

Distribuir contido