RADIO ESCOLAR

 A radio escolar bautizada polo alumnado como RADIO PATIO, está en funcionamento dende o curso 2007/2008.

 O alumnado de 6º son  os locutores e os encargados elaboran os programas que incluen: música, entrevistas aos compañeiros/as e profes, felicitación de aniversarios, noticias do día, información sobre o menú do comedor, contos, chistes e moitas cousas máis.

 A emisión realízase nos recreos dende a conserxería empregando a megafonía do centro.

 No curso 2015/2016 realizamos modificacións na radio escolar co fin de que os nosos programas poidan ser escoitados por moita máis xente. Dende este curso os programas son gravados  polo alumnado de 6º e despois da súa edición os subimos á páxina web do cole. A radio pasou a chamarse "Vilaxoán Fala".

No curso 2019/2020 o centro incorporouse ao programa "Radio na Biblio"

Se queredes escoitar os programas da nosa radio escolar podedes facelo dende os enlaces desta mesma páxina.

Esperamos que vos guste a radio do CEIP Vilaxoán.