DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES 2022

Este ano para conmemorar o  Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as mulleres realizamos unha serie de actividades ao longo de toda a semana:

-  Lectura do conto "¿Con que sueñan las princesas?" realizada polo profesorado especialista len cursos nos que non imparten clase.

- Contacontos "¿Con que sueñan las princesas? dirixido ao alumnado de Educación Infantil e os tres primeiros cursos de Educación Primaria. Para a súa representación contouse coa súa colaboración xa que ese día os nenos e nenas tiveron que vir vestidos de cor rosa, cunha diadema ou coas uñas pintadas.

- Pancarta cooperativa no que o alumnado plasmou o seu rexeitamento á violencia contra as mulleres.

- Mural "As mulleres maltratadas pola historia", na que se recollen información sobre a vida de mulleres relevantes que non foron valoradas historicamente.

Para poñer punto final a esta semana reinvindicativa o venres 25 fixemosunha andaina ao redor do colexio na que o alumnado vestiu de negro, o alumnado de 6º leu un manifesto de rexeitamento da violencia contra as mulleres e todos xuntos cantamos "Justito a tiempo" de Kany García e Rozalén.

Pica sobre a imaxe para ver o vídeo

VER FOTOS 25 N 2022