DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO 2021

O 25 de Novembro conmemoramos no cole o Día Internacional contra a violencia de xénero realizando distintas actividades.

Inauguramos o mural "Sabia, libre e creativa" que pintamos entre todos os cursos utilizando como inspiración o conto "Perfecta" de Canizales.

Tras a inauguración lemos un manifesto redactado polo alumnado de 6º e todos xuntos cantamos a canción "Que non mo neguen" das Tanxugueiras.

 VER O MANIFESTO

 

Para amosar ao longo de todo o día o noso rexeitamento da violencia de xénero viñemos ao cole vestidos de negro e puxemos unhas pulseiras con lemas relativos a este tema.

Ademais o alumnado de Educación Infantil e dos dous primeiros cursos de primaria tiveron unha sesión de contacontos.

E ao longo dos días precedentes fixeronse outras actividades como son o mural "Stop violencia" e o mural cooperativo "Perfecta, non, non, non... felices!