Histórico

Escolas viaxeiras 2012


O alumnado de 3º ciclo estivo unha semana disfrutando da actividade "Escolas Viaxeiras" na ruta Andalucía Oriental xunto co CEIP Plurilingüe de Blancos, o CEIP General Izquierdo de San Martín de la Vega de Madrid e o CEIP San Esteban de Ávila.


Foi unha semana estupenda na que puideron coñecer a Comunidade de Andalucía, convivir con alumnado doutros centros, desenvolverse con autonomía nos ámbitos persoal, social e familiar; desenrolar competencias básicas e afectivas etc.

ECOPREGUNTOIRO

Alumnos de Vilar de Barrio compiten con 16 colexios de toda Galicia en materia de coñecemento do medio, ecoloxía e medio ambiente nun programa de radio " O ECOPREGUNTOIRO" emitido por radiovoz os venres pola tarde. Neste momento encóntranse en cuartos de final despois de ter a sorte de eliminar ó CEIP Plurilingüe de Tui, un duro rival, que competía dende unha emisora de Vigo, mentras os nosos alumnos o facían na de Ourense.


O martes 27 de marzo tivo lugar a 2ª fase deste concurso medioambiental e o CEIP Plurilingüe de Vilar deBarrio conseguiu derrorar ó seu contrincante, o colexio San Xosé de Vigo, clasificándose así para as semifinais, pois neste momento só quedan competindo catro colexios, os demais foron eliminados.

ECOPREGUNTOIRO
Distribuir contido