Responsabilidade das familias á hora de enviar o alumnado ó colexio

Nesta situación que estamos a vivir é moi importante a colaboración de todos para que ter no colexio un entorno seguro.

No protocolo da Consellería de Educación e no do centro educativo establece: "Para a detección precoz no alumnado, estes (ou os seus pais/nais/titores/as legais) realizarán unha auto avaliación dos síntomas de forma diaria a fin de comprobar se estes son compatibles cunha infección por SARS-CoV-2 cuxos resultados non teñen que enviarse ao centro, pero si comunicar a ausencia. Utilizarase a enquisa clínicoepidemiolóxica que se describe no Anexo I que debe realizarse, cada mañá, antes da chegada ao centro. Diante da aparición de polo menos un dos síntomas que aparece na enquisa os proxenitores ou titores non enviarán ao alumno/a á clase e solicitarán consulta co seu médico ou pediatra.

Para cumplir con este protocolo achégase Anexo I cos síntomas a revisar e modelo de declaración responsables que terán que asinar as familias ó principio de curso

 

 

Uso da máscaras por parte do alumnado

Para o uso de máscaras debido á pandemia do COVID-19 establecemos as seguintes normas:

- Uso obligatorio de máscara para todo o alumnado a partir de 1º de primaria.

- Uso recomendable de máscara para o alumnado de Educación Infantil.

- O alumnado usará a máscara todo o tempo, só poderá quitala para comer.

- O alumnado traerá unha bolsa con cordón ou asa longa para poder colgala ó pescozo onde gardará a máscara mentres come.

- O alumnado ten que ter unha máscara de reposto. O colexio terá máscaras de reposto por se fose necesario cambiar ou repoñer a que traen da casa polo que non é necesario traer da casa esa máscara de reposto pero se algún alumno ou alumna fai un uso reiterado desta máscara de reposto, entonces si que tería que traela da casa

Comezo de curso

Segundo resolución da Consellería de Educación do día 1 de setembro o alumnado incorporarase de forma gradual segundo ese calendario:

- Dia 10 de setembro incorporarase o alumnado de 4º e 5º de Infantil e 1º,2º e 3º de Primaria

- Día 11 de setembro incorporarase o alumnado de 6º de Infantil e 4º, 5º e 6º de Primaria

Acceso á resolución

Axudas para adquisición de libros de texto e material escolar e participar no fondo solidario de libros de texto

Publicada a orde de convocatoria para o vindeiro curso.

Maís información AQUI

Ánimos para todo o noso alumnado

Estes días tan especiais que estamos a vivir, o persoal do centro quere mandar unha mensaxe de esperanza e de ánimo ó noso alumnado e ás familias. Queremos dicirvos moitas cousas pero ás máis importantes quixemos sintetizalas nestes minutos. 

MATERIAS E RECURSOS PARA A CUARENTENA

MATERIAIS E RECURSOS PARA A CUARENTENA 

PARA ALUMNADO E FAMILIAS

MENÚ DA ESQUERDA                                                                                                                                 

                                                                                                                                                      

                       

XUNTAS E XUNTOS DENDE A CASA - MENSAXES DE ÁNIMO DO PROFESORADO E AS FAMILIAS                                                                                                          

 

Información coronavirus COV-19

Achégase infomación de interese sobre o coronavirus-COV-19.

Neste enlace- información para colexios

Páxina de sanidade con información.

 

É importante estar informados, saber o que temos que facer en cada momento e ser responsables e adoptar as medidas que nos recomenden as autoridades.

 

Distribuir contido