Skip to Content

PROGRAMA DE ACOLLIDA

Damos publicidade ao Programa de Acollida para o curso 2020/2021.

Pódese pinchar na portada para descargalo.

RECORDAMOS INCORPORACIÓN DO ALUMNADO NO COMEZO DE CURSO

XOVES, 10 de setembro de 2020

4º de Ed. Infantil (3 anos): Seguirán o período de adaptación.(Explicarase na reunión coas familias)

5º de Ed. Infantil (4 anos): Entrarán ás 9:15 h (A mesma clase do curso pasado)

3º de Ed. Primaria: Entrarán ás 9:00 h.

1º e 2º de Ed. Primaria: Entrarán ás 9:30h

 

 

VENRES, 11 de setembro 2020

4º de Ed. Infantil (3 anos): Seguirán o período de adaptación.

5º de Ed. Infantil (4 anos): Entrarán de 8:50 a 9:05h

6º de Ed. Infantil (5 anos): Entrarán de 8:50 a 9:05h (A mesma clase do curso pasado)

1º, 2º e 3º de Ed. Primaria: Entrarán de 8:50 a 9:05h

4º de Ed. Primaria: Entrará ás 9:15h

5º e 6º de Ed. Primaria: Entrarán ás 9:30h

 

COMEZO DAS CLASES

 

A partir de mañán xoves, 3 de setembro, publicaremos o PROGRAMA DE ACOLLIDA, onde se reflicten as novas normas de organización e funcionamento.

 

Faremos público tamén o PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID e o PLAN DE CONTINXENCIA.

 

REUNIÓNS COAS FAMILIAS DE ED. INFANTIL

 

Para cumprir a normativa vixente, faranse reunións con grupos reducidos. Só poderá asistir á reunión un familiar por alumno/a e deberá traer mascarilla.

 

Ed. Infantil 3 anos: Serán o xoves, 3 de setembro.  As familias xa foron informadas por teléfono da hora que lle corresponde a cada unha.

 

Ed. Infantil 4 anos: Serán o venres, 4 de setembro. Foron informadas do horario a través da aplicación Abalar Móbil (Se algunha familia non recibiu a mensaxe pode chamar ao centro ou enviar un correo a ceip.viladerutis@edu.xunta.gal)

 

Ed. Infantil 5 anos: Serán o luns, 7 de setembro. As titoras enviarán unha mensaxe a través de Abalar Móbil indicando a hora que lle corresponde a cada familia.( Se algunha  non recibe a mensaxe pode chamar ao centro ou enviar un correo a ceip.viladerutis@edu.xunta.gal)

 

MATRÍCULA NO COMEDOR PARA O CURSO 2020/2021

 

Informamos que está aberto o prazo de matrícula no comedor escolar. É imprescindible estar matriculado antes do día 4 de setembro para facer uso do comedor o día 10, primeiro día de clase.

 

Teñen toda a información na páxina web da ANPA: www.anpalavandeira.es

 

Para aclarar dúbidas poden utilizar o correo da ANPA: anpalavandeira@gmail.com

Guía informativa da empresa Jardanay (pdf)

 

BO VERÁN!!

 O noso agradecemento ás familias porque, entre todos e todas, fixemos posible que o alumnado deste centro seguira realizando tarefas durante o confinamento e estivera en contacto co seu profesorado.  Vémonos en setembro!

 

BO VERÁN !!             

 

Este curso tan estraño

chegou ao seu fin

e vai permanecer sempre

no noso recordo.

O CEIP Vila de Rutis

quere felicitar

ao alumnado e ás familias

pola súa responsabilidade

e polo seu traballo

desde a casa.

O confinamento

serviunos para

botarnos de menos,

desexar vir ao cole,

e para valorar máis

a necesidade de vir ás aulas

e compartir xuntos e xuntas

moitas emocións e ensinanzas.

Queremos animarvos

a mirar cara adiante

e, sen esquecer o vivido,

teñamos a esperanza

de que en setembro

estaremos xuntos de novo.

 

Bo verán!!

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut