Curso 17-18

PROTAGONISTAS!!!!

Hoxe os nosos nenos e nenas de 5º son protagonistas nos diarios máis importantes da Coruña! Un premio ao traballo ben feito que é recoñecido por todo o que teña coñecemento del. Noraboa!!!

 

La Voz de Galicia

La Opinion 

PREMIO AO MELLOR CURTOMETRAXE

Os alumnos de 6º de Educación Primaria, LAURA, LUCÍA, DIEGO, IVÁN e MIGUEL recibiron o Premio ao Mellor Curtometraxe en galego pola súa curta "A CONVENCIÓN". Este foi o resultado do seu traballo na participación no obradoiro de iniciación ao curtometraxe en galego desenvolvido ao longo dos meses de marzo e abril.  

NORABOA POLO ESFORZO E POLO TRABALLO REALIZADO!!!

MULLERES PIONEiRAS

Con motivo do 8 de marzo, DÍA DA MULLER, estivemos a traballar co libro "Mulleres Pioneiras" que fala de doce mulleres que conseguiron vencer as barreIras impostas ao seu xénero e dar os primeiros pasos por vieros transitados ata ese momento só por homes. Mulleres reais e diversas que no seu día foron pioneiras en diferentes ámbitos e cuxas historias merecen ser coñecidas e postas en valor.

Pero esas mulleres non só están nos libros. Forman parte do noso día a día e por iso rematamos a semana coa visita de 9 mulleres incribles que nos contaron os seus atrancos desempeñando traballos que tradicionalmente eran desempeñados por homes. Rompedoras de barreiras... MOITÍSIMAS GRAZAS!!!! 

 AINIZE  ESTER  YOLANDA  CARLA  TANIA  PATRI  FÁTIMA ROCÍO  PILAR

30 DE XANEIRO

      Día Escolar da Non Violencia e a Paz coincidindo coa conmemoración da morte de Mahatma Gandhi, un referente para a tolerancia, a solidaridade, a concordia, o respeto aos dereitos humans, a no violencia e a paz.

      Este ano valoramos as figuras de "Premio Nobel da Paz" como recoñecemento que se otorga á persoa ou institución que traballa máis ou mellor en favor da fraternidade, a abolición das pelexas e a celebración e promoción dos procesos de paz. Os nenos e nenas elexiron dentro sos seus compañeiros aquel que destacaba por ser unha persoa que respecta oas demais e non despreza a ninguén, unha persoa xusta, xenerosa e que comparte cos demais, unha persoa que sabe perdoar se alguén lle fai mal, unha persoa que intenta solucionar os problemas amablemente e que escoita, dialoga e non intenta impoñer a súa opinión pola forza.

  Ao igual que Mahatma Gandhi, que non chegou a recibir o Premio Nobel, sabemos que temos moitos alumnos que o merecen e non o recibiron... quedémonos co dito "non están tosos os que son, pero son todos os que están"

 

FOTOS PARA O RECORDO...

Que bonito comenzar o ano co recordo da PRIMEIRA XUNTANZA DE DECEMBRO!!! Estas fotos formarán parte dese album de momentos felices que todos gardamos. Grazas a todos por facelo posible!

 

 

 

 

Quedan pendentes os videos, se alguén ten grabadas as actuacións do segundo pase agradeceríamos que no los fixerades chegar.

O PORTO DA CORUÑA

Os rapaces e rapazas de 4º fixemos unha visita moi interesante ao Porto da Coruña.

 A visita comezou no peirao de trasatlánticos, continuamos polo peirao de batería, onde puidemos ver os remolcadores, o peirao pesquero, os almacéns de peixe e marisco e o peirao petrolero. Logo visitamos algunhas das instalacións da Lonxa, á cadea de produción, manipulación, venda e distribución dos produtos. Ademais, puidemos ver as diferentes especies de peixe e marisco, e ata xogar co xeo.

Distribuir contido

logo conselleria

ligazón abalar

  ligazón edixgal

   ligazón eva

          bibliotecas escolares

  ligazón programa tei