Actividades TEI 1º Trimestres

Este curso comezamos con moitas ganas e con moito ánimo para facer un TEI especial. É o primeiro TEI que se fai no centro no que os titores e titores xa participaron no TEI en 3º. Ao longo do primeiro trimestre fixemos moitas actividades para que os titores e titoras foran coñecéndose e que tamén, pouco a pouco, foran collendo confianza para resolver os conflitos. Aquí os deixamos os vídeos que elaboramos.

 Inicio de curso:

No inicio, empezamos traballando co alumnado que vai a titorizar, para que sepan como teñen que enfocar os conflitos e teñan claro cales son as prioridades do Proxecto TEI. Ao pouco, xa realizamos os emparellamentos, as dinámicas de presentación e tarefas de cohesión.

 

 
 
Xogos populares:

Pasado o tempo, e solucionados os primeiros conflitos, realizamos un actividade grupal de xogos populares, tivemos sorte e fixo moi bo día. Os nenos e nenas tiñan material dispoñible para xogar e ían rotando de xogo en xogo.

 

 
 

 

Na cociña...

Unha das actividades máis esperadas... A Cociña!! Nada como elaborar a comida para que esta guste máis. Organizados en grupo, os nenos e nenas cociñaron os entrantes, pratos e os postres. Todo estaba delicioso e o pasamos xenial. 

 
  
 
 
Xinkana cooperativa:

A modo de despedida do ano e darlle a benvida ás vacacións de Nadal, celebramos unha xinkana cooperativa. Ao longo da xornada, realizamos xogos cooperativos e íamos marcando as probas que íamos superando. O pasamos xenial!! Na seguinte avaliación, seguimos facenco TEI.

 

logo conselleria

ligazón abalar

  ligazón edixgal

   ligazón eva

          bibliotecas escolares

  ligazón programa tei