Skip to Content

2010-2011

III CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL 2010

POSTAL GAÑADORA DO III CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL 2010 E FINALISTAS (GAÑADORAS DOS SEUS RESPECTIVOS CURSOS). 


         


         

OBRA TEATRAL EN INGLÉS NA PICOTA 13-12-10 "FACE 2 FACE"


O luns 13 de decembro, ás 10:45 horas, na Aula de Cultura do Concello de Mazaricos, xunto cos outros colexios do concello, asistimos (todos os cursos de primaria) a unha representación teatral en inglés do grupo FACE 2 FACE que levaba por título "TREASURE ISLAND".

CELEBRACIÓN DOS DEREITOS DOS NENOS E HUMANOS 10-12-10

Este venres celebrouse no colexio o "Día dos dereitos dos nenos e humanos". Fixéronse lecturas, recitáronse poesías e fíxose a lectura de manifestos por parte do alumnado. Tamen fixo lectura dun texto unha nai dun alumno de ed. infantil. Recadáronse cartos para enviar á ONG Save the Children polos nenos de Haití e para rematar cantamos e bailamos todos a canción "Ay, Haití".

O MAGOSTO 2010

O luns día 15 de novembro, celebrouse O Magosto no noso centro, a pesar da climatoloxía. Ás tres da tarde e no pasillo do colexio os/as nenos/as representaron con intrumentos, cantando e bailando, cancións típicas destas festas. Saimos para o patio ás 15:45, momento no que se repartiron as castañas entre todos/as os/as nenos/as e algúns familiares que se acercaron ata o centro. Finalmente e ata a hora de marchar fixéronse algúns xogos como se ven facendo dende hai moitos anos. Ahí van algunhas das fotos para que vexades o ben que o pasamos entre todos/as. Ata o vindeiro ano.


                      

SEÑOR MUNDO, DÍGAME? (PAULA CARBALLEIRA) 15-11-10

Os/as alumnos/as de infantil de 5 anos, 1º, 2º e 3º de primaria asistiron á Casa da Cultura da Picota para ver o espectáculo “Señor Mundo, dígame?”. É un recital de poesía usando de fío conductor uns poemas que PAULA CARBALLEIRA lle regalou a Factoría Teatro, baseándose en versos de Celso Emilio Ferreiro.


                             


                                 Vídeo da obra e páxina web da Factoría Teatro:


                                        http://www.aartistica.net/Artistisca/Sr._Mundo.html

O SAMAIN. OS GAÑADORES DO NOSO CONCURSO DE CABAZAS 2010


Eiquí aparecen os gañadores do noso concurso de cabazas 2010. Entregouse un premio por ciclo. Os gañadores foron:


 Ed. Infantil:  Iria Blanco del Rio (infantil de 4 anos)


 1º Ciclo de Primaria: Francisco Amigo Enríquez (1º de Primaria)


2º Ciclo de Primaria: Daniel Antelo Rey (3º de Primaria)


3º Ciclo de Primaria: Miriam Cambeiro Caamaño (5º de Primaria)


Para ver algunhas das cabazas participantes, pincha no seguinte enlace.A todos/as eles/as, e ás súas familias, que seguro que os axudaron moitísimo, unha aperta.Esperamos que de cara ao ano que ven, salgan ainda traballos máis orixinais que os de este ano.

TÍTERES CACHIRULO

Os/as nenos/as do colexio foron á casa da Cultura do Concello da Picota o martes día 26 de outubro de 2010, en horario de mañá, para ver unha obra teatral do grupo TÍTERES CACHIRULO, que levaba por título


"Do re mi Mozart xoga aquí" 



           

O CONTACONTOS AVELINO, "O TRASNIÑO DO CESTIÑO" 01-10-10

Recibimos o venres día 1 de outubro de 2010, a visita no noso colexio dun contacontos chamado Avelino, que nos deleitou cunha obra titulada "O trasniño do cestiño".


                                  

Distribuir contido


by Dr. Radut