Skip to Content

Visitas e excursións

TÍTERES CACHIRULO "DO, RE, MI, MOZART XOGA AQUÍ" 26-04-17

Visitou o noso centro a COMPAÑÍA DE TÍTERES CACHIRULO, o mércores día 26 de abril de 2017, coa a súa obra "DO, RE, MI, MOZART XOGA AQUÍ". Foi na biblioteca do centro para tódolos nenos de 12:20 a 13:30. Despois da función, tódolos nenos pasaron a ver o que se coce na parte traseira do escenario. Quedaron abraiados de tantos cachivaches que alí viron. É un espectáculo de marionetas de fío talladas en madeira, que lucen os seus elegantes movementos nun retablo barroco. Si queredes ver de que vai a obra ou para máis información podedes picar no cartel de obra. Para ver tódalas fotos de ese día picar AQUÍ.

       

VISITA DE JOAQUÍN CASTAÑO-MINDFULNESS CON NENOS 21-04-17

Tivemos a gran sorte de contar no centro coa presencia de JOAQUÍN CASTAÑO, o venres día 21 de abril en xornada de mañá, para facer cos nenos sesións de mindfulness e xogos nas respectivas aulas. Antes do recreo fixo unha sesión con 1º e 2º de primaria e despois con 3º e 4º de primaria. Despois do recreo tocoulles o turno a Infantil e 5º e 6º de primaria. Tamén fixemos unha sesión de mindfulness no comedor do centro antes de que os nenos comezaran a xantar. Foi unha mañá fantática e diferente. Joaquín xantou con nós, degustando así os manxares que elaboran as nosas cociñeiras día tras día,  e pola tarde sumouse ás actividades que tiñamos previstas para a celebración do Día do Libro. Pica nas fotos para ver tódalas fotos de ese día. Se queres ver vídeos pica AQUÍ.

     

VISITA DE CONCHA BLANCO AO CENTRO 05-04-17

Recibimos a visita da escritora CONCHA BLANCO, no noso centro, unha das escritoras en lingua galega máis coñecidas. Despois do recreo xuntámonos todos na Biblioteca e tivemos unha charla con ela. Logo asinou libros a aqueles rapaces/as que tiñan algún exemplar dela o do colexio. De seguido tódolos nenos tiñan gañas de facerlle preguntas, e ala fumos cunha batería de preguntas feitas por alumnos de tódolos cursos, ás que respondeu gostosamente. Para rematar, e antes de asinar no noso libro da Biblioteca, cantamos e lemos o poema "Un, dous, tres" do seu libro "Do, Re, Mi, Fantasía". Tamén os nenos de infantil agasallaron á escritora cuns debuxos elaborados na clase para a ocasión. Para ver máis fotos picade nas imaxes.

  

CHARLA DA ASOCIACIÓN ÁLCER PARA ENFERMIDADES DO RIL 16-03-17

O xoves día 16 de marzo dende as 12:20, tivemos a oportunidade de poder contar no colexio coa Asociación ÁLCER, para falarnos das enfermidades do Ril, para os alumnos de 5º e 6º de educación primaria. Se queredes saber máis sobre esta Asociación e informarvos sobre este xesto tan bondadoso, podedes visitar a páxina web de ALCER premendo na imaxe.

 

EXCURSIÓN A SANTIAGO. GRUPO ODAIKO NO AUDITORIO 08-03-17

O mércores día 8 de marzo, coincidindo co Día da Muller, viaxamos á capital galega para asistir a unha actuación do grupo de percusión ODAIKO, que ofreceu un concerto didáctico no Auditorio de Galicia. Pero antes puidemos facer unha pequena parada na Praza de Abastos, para deleitarnos co peixe, marisco, froita, verduras e hortalizas, pans, queixos, comida recén cociñada, etc. É o 2º lugar máis visiatdo de Santiago. E despois do concerto, demos un paseo pola zona vella, visitamos a Catedral e as prazas que a rodean, o grupo de Infantil fixo unha parada en Correos para enviar varias cartas, saudamos ás Marías, a Valle Inclán e a Rosalía na Alameda, observamos as súas árbores, e descansamos nas escaleiras que dan entrada ao Campus universitario, onde comemos e xogamos un ratiño antes de regresar a San Cosme. Para ver as fotos de ese día, pica en calquera das imaxes.

   

EXCURSIÓN PALACIO DA ÓPERA EN CORUÑA "HISTORIA DO MAR" 21-02-17

O martes día 21 de febreiro fomos de excursión todo o colexio a Coruña. Os nenos de Ed. Infantil viron o AQUARIUM, e os alumnos de Primaria asistiron ao PALACIO DA ÓPERA DE CORUÑA, para ver "HISTORIAS DO MAR" representado pola ORQUESTA SINFÓNICA DE GALICIA e coa narración de KIKO CADAVAL. Logo fomos xantar ao Monte de San Pedro (pica para ver máis fotos), para despois de xogar un rato voltar para o centro. Para ver vídeos poca AQUÍ. E para ter máis información visita o nosoi blogue da Biblioteca ou pica AQUÍ.

   

  

  

EXCURSIÓN A CORUÑA. TEATRO COLÓN. A FRAUTA MÁXICA. 14-02-17

O martes 14 de febreiro de 2017, fomos todo o colexio A Coruña, para ver no TEATRO COLÓN unha adaptación da Ópera de Mozart para nenos titulada "A Frauta Máxica", a través do grupo Ferroteatro. Posteriormente visitamos A DOMUS, antes de xantar.

 

 

 

EXCURSIÓN AO MACUF NA CORUÑA 20-01-17

O venres día 20 de xaneiro de 2017, fumos todo o colexio de excursión á Coruña para visitar o MACUF.Mentres os alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º facían unha visita guiada ás exposicións de Rubén Ramos Balsa "El doble de la mitad" e de Juan Luis Moraza "Trabajo absoluto", os máis pequenos do cole, os de E.I. e 1º e 2º, facian un obradoiro sobre o medo os cales comerían posteriormente convertidos en chocolate. Despois fumos xantar ao Monte de San Pedro e os nenos disfrutaron coas vistas e co fantástico día que fixo. Preme na foto para ver todas as de ese día.

 

VISITA DO NOSO ALUMNO RUBÉN BLANCO Á RADIO

O noso alumno de 6º de Primaria RUBÉN BLANCO PEREIRA, visitou con outros rapaces e rapazas do Concello a RADIO NORDÉS CADENA SER en Cee para felicitarnos o Nadal. Para escoitar o video pica AQUÍ.

   

FACE 2 FACE TEATRO EN INGLÉS NA PICOTA 13-12-16

O martes día 13 de decembro de 2016, fomos á Aula de Cultura da Picota para ver a actuación do grupo de teatro FACE 2 FACE, que levou a cabo dúas sesións de contacontos en inglés: un para o alumnado de ed. infantil e 1º e 2º cursos de ed. primaria titulada "JUNGLE FEVER", e outra para os cursos de 3º, 4º, 5º e 6º de ed. primaria co título de "CINDERELLA". Foron dúas sesións e mentras uns vían o contacontos os outros visionaban unha serie de curtas sobre o espacio, e viceversa. Esta actividade fíxose co colexio de Pino de Val.


   

ACTIVIDADE PARA CONMEMORAR A VIOLENCIA DE XÉNERO 28-11-16 "ROEDORES"

Asistimos, invitados polo Concello de Santa Comba, a unha obra teatral titulada "ROEDORES" da compañía REDRUM no Multiusos de Santa Comba, xunto con outros colexios, para conmemorar o Día Internacional contra a violencia de xénero. Foi en horario de mañá de 11:15 a 12:15 horas o luns día 28 de novembro de 2016. Para ver todas as fotos de ese día pica AQUÍ.

  

ACTUACIÓN DE LUIS SOTO AMIL FRAUTISTA DA RFG 22-11-16

Para celebrar este día 22 de novembro Día de Santa Cecilia, patroa dos músicos, poetas e cegos, e dada a temática do noso proxecto integrado de centro de este ano sobre a música, tivemos a sorte de poder contar no centro coa actuación de LUIS SOTO AMIL, frautista, membro fundador do Taller Atántico Contemporáneo e parte da plantilla da REAL FILHARMONÍA DE GALICIA, que nos deleitou coa súa presenza e algunha que outra actuación. Para ver todas as fotos pica AQUÍ.

   

MAGOSTO 2016 E ACTUACIÓN DE ÁLVARO MURAS "A ILUSIÓN DUN MÚSICO" 11-11-16

O venres día 11 de novembro e coincidindo coa celebración do Magosto 2016, tivemos no centro ás 14.45 horas a actuación de Álvaro Muras (Músico) e Martín Camiña (maxía) co seu espectáculo "A ILUSIÓN DUN MÚSICO", na Biblioteca do centro. Picando no cartel veredes un video de estos magnificos artistas. Despois desta actuación fomos todos para o comedor do centro e xantamos as castañas asadas polas cociñeiras que picaron o día anterior os/as alumnos/as de 4º, 5º e 6º de primaria. Para ver fotos de ese día picade nas imaxes.

     

SAÍDA DIDÁCTICA A CORUÑA. TEATRO COLÓN E PALACIO DA ÓPERA 09-11-16

O mércores día 9 de novembro fixemos unha saída didáctica con todos os alumnos de educación primaria á Coruña para asistir ás 11 horas, ao TEATRO COLÓN para ver "AS CATRO ESTACIÓNS" de Vivaldi a través de Danza Contemporánea da man dos coreógrafos Iker Gómez e Kenneth Tindall, a través do Centro Coreográfico Galego. Primavera, verán, outono e inverno, reflectidas sobre o escenario nas distintas variacións interpretadas por un elenco de 8 bailaríns e bailarinas. De 12:15 ás 13 horas demos un paseo pola cidade herculina ata o Palacio da Ópera e de 13 a 14 horas fixemos unha visita guiada ao Palacio da Ópera sede da Orquestra Sinfónica de Galicia. Vimos diferentes salas e estivemos no escenario do Auditorio Principal, dotado de extraordinarias condicións acústicas e técnicas, polo que pasaron grandes nomes do mundo do espectáculo.

     

"PITUSA E SEMIFUSA E A FAMILIA DOS INSTRUMENTOS" AUDITORIO SANTIAGO 03-11-16

O xoves día 3 de novembro, foron de excursión a Santiago os alumnos de Ed. Infatil e 1º e 2º de educación primaria, para ver no Auditorio de Galicia o Concerto "PITUSA E SEMIFUSA, E AS FAMILIAS DE INSTRUMENTOS" ás 12 horas. Tamén poideron ver a Exposición "SEMENTES" dos premios Auditorio de Galicia para novos artistas. Rematou a xornada xogando nun parque infantil e xantando, acompañados polo precioso día que facía. Para ver tódalas fotos de ese día (paseando por Santiago, vendo o Concerto de Fusa e Semifusa e na exposición "Sementes") pica nas fotos.


OBRADOIROS DE PERCUSIÓN CON MATERIAL DE REFUGALLO 24-10-16

O luns día 24 de outubro, en horario de 10 a 12 horas na Biblioteca do centro, fixemos 2 Obradoiros de Percusión con Material de Refugallo a cargo de José Troncoso Barros, celebrando así o "Día da Biblioteca". Un obradoiro para os pequenos de infantil e 1º e 2º de primaria, e outro para os maiores de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria. Estes obradoiros estaban baseados en ritmos interpretados con instrumentos musicais feitos con obxectos de refugallo do tipo de botellas de plástico, latas de conservas, globos, ou mesmo botes de pintura. Picando na imaxe veredes as fotos que fixemos esa mañá.

  

      

Tamén podedes ver un vídeo gravado noutra escola, pero onde se pode ver o tipo de actividade que fixemos esa mañá. Pica no enlace.

https://youtu.be/MOA4iG4HRoY

VISITA DE ÁNGEL CARRACEDO 13-10-16

O venres, día 13 de outubro, á hora de xantar, tivemos a gran sorte de que parou no noso centro o noso padriño da Biblioteca Escolar, Ángel Carracedo, para facernos unha pequena visita. Viña da Ponte do Porto de dar unha conferencia e parou a visitarnos e xantar con nós. Tanto nenos como adultos quedamos abraiados deste feito, que foi fugaz pero intenso, xa que case ca comida no boca marchou a outra reunión que tiña en Santiago. Grazas pola túa presenza!!!!!

EMILIO PRESÉNTANOS INSTRUMENTOS DE MÚSICA TRADICIONAL 13-10-16

O venres día 13 de outubro visitounos Emilio, acompañado de Irene, que é a presidenta da Asociación de Amas de casa de San Cosme. Emilio é músico e presentounos varios instrumentos musicais, para animarnos a asistir ás clases que a Asociación oferta para este curso: acordeón, frauta, pandeireta, tambor, gaita,...Picando nas imaxes, veredes algunhas das fotos de ese día.

  

XORNADAS DE CAPTACIÓN CLUBE BALONMÁN XALLAS

Os dias 20 e 21 de setembro de 2016, visitou o noso centro Juan Carlos Lois Pastoriza, Técnico Deportivo Territorial de Balonmán e adestrador do BM Xallas Infantil Feminino, para levar a cabo no noso centro unhas Xornadas de Captación de novos talentos para o Club Balonmán Xallas, para os alumnos de 2º a 6º de educación primaria. Tedes a información e o contacto na folla explicativa que aparece máis abaixo.



TEATRO EN INGLÉS NA PICOTA. FACE 2 FACE 26-05-16

Asistimos na Aula de Cultura da Picota o día 26 de maio de 2016 ás funcións da Compañía de Teatro FACE 2 FACE para escolares en Inglés. Foron dúas actuacións, unha dirixida para os nenos de infantil e 1º ciclo e outra para os alumnos do 2º e 3º ciclo.


Picando nas fotos poderedes ver tódalas fotos das dúas actuacións.

E neste enlace tedes toda a informaión necesaria:

http://bibliovictorsaenz.blogspot.com.es/2016/05/teatro-en-ingles.html

 

ACTUACIÓN NA PICOTA DO MAGO POPÍN PALOMERO 06-05-16

O venres día 6 de maio, os alumnos de Infantil e 1º ciclo de educación primaria asistirán ás 11:00 horas da mañá á Aula da Cultura da Picota para ver a actuación do mago POPÍN PALOMERO.

CAMPAMENTOS DE VERÁN 2016

A Consellería de Política Social ofrece a posibilidade de que a xuventude galega empregue o seu tempo libre estival participando en actividades de educación non formal moi diversas: de carácter cultural, ambiental, deportivo, de tempo libre, de voluntariado... que sirvan non só para divertirse, senón tamén para o seu enriquecemento persoal e vital.

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado pretende facer realidade este obxectivo a través da Campaña de verán 2016. Para máis informaión pica no enlace ou pásate polo colexio ou o Concello que che corresponda.

MAGO CHARLANGAS NA AULA DA CULTURA DA PICOTA 29-04-16

O venres día 29 de abril, os alumnos do colexio asistiron á Aula de Cultura da Picota para ver a actuación do "MAGO CHARLANGAS", que fixo as delicias dos alí presentes cos seus trucos de maxia.

   

VISITA AO NOSO CENTRO DO CONTACONTOS MANUEL DE PADERNA 19-04-16

Entre outras actividades que lle adicaremos ao DÍA DO LIBRO, está a visita ao noso centro de MANUEL DE PADERNA, Contacontos pero sobre todo peote, que fixo as delicias dos nenos. Este home aseguraba ser mestre do gran poeta Manuel María, a quen se lle adicará o Día das Letras Galegas 2016. Picade nas fotos para ver máis fotos.


CONCERTO E EXPOSICIÓN NO AUDITORIO DE GALICIA 15-04-16

Asistimos a un Concerto ofertado pola Banda de Música Municipal de Santiago no Auditorio de Galicia, que levaba por título "BANDANZA", que incluía pezas de bailes de salón, representadas polos bailarines Lucía Vázquez e Cristián García. Tamén vimos a Exposición "IX Premio Auditorio de Galicia 2015", composto por 40 obras que vimos da man de Loli, a nosa guía. En pequenos grupos, e para rematar, os nenos elaboraron pequenos proxectos que logo explicaron aos demáis. Picade nas fotos para ver todo o que fixemos ese día.


OBRADOIRO DANZAS HÚNGARAS 05-04-16

Contamos coa presenza de tres músicos espectaculares: Vera, Serxio e Xesús, que nos amosaron con música e danzas diferentes pezas típicas húngaras. Tamén nos falaron un pouco das costumes húngaras, as súas tradicións e un pouquiño de vocabulario. Grazas. Si picades nas fotos veredes como bailachedes ese día.


VISITA AO DOLMEN DE DOMBATE 01-04-16

Todo o colexio fomos de visita ao DOLMEN DE DOMBATE, considerado o monumento megalítico máis importante de Galicia. Tamén visionaron documentais e debuxos animados sobre o tema. Despois nos dividimos en dous grupos para facer uns obradoiros. un grupo estaba formado polos alumnos de educación infantil e 1º e 2º de educación primaria que levaron a cabo o obradoiro titulado "As cores de Dombate: pinturas máxicas". O outro grupo estaba formado polos alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria que fixeron un obradoiro titulado "Proceso de transformación do barro: a cerámica". Aquí tedes todas as fotos.



EXCURSIÓN AO DOLMEN DE DOMBATE 01-04-16

O Venres día 1 de abril de 2016, todo o colexio fomos visitar o "DOLMEN DE DOMBATE", considerado o monumento megalítico máis importante de Galicia. Tamén visionaron un documental e debuxos animados sobre esta temática. Despois nos dividimos en dous grupos para levar a cabo uns obradoiros. Un grupo formado polos alumnos de educación infantil e 1º e 2º de educación primaria fixeron un obradoiro titulado "As cores de Dombate: pinturas máxicas". e o outro grupo formado polos nenos e nenas de 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria fixeron outro obradoiro titulado "Proceso de transformación do barro: a cerámica". aquí tedes as fotos.



PELÍCULA-DOCUMENTAL "ENTRE LOBOS" 18-03-16

Durante esa mañá fomos invitados polo Concello de Santa Comba para asistir á proxección da película-documental "Entre lobos", baseada na viad de Marcos Rodríguez Pantoja, criado durante 12 anos por unha manada de lobos. Contabamos ademáis coa presenza do Propio Marcos, que ao remate da película, falou cos nenos asistentes e contestou ás súas preguntas. Para máis información, pica nas fotos o no seu nome.

 

EXCURSIÓN AO MACUF (A CORUÑA) 15-03-16

Visitamos cos nenos e nenas de educación primaria o Museo de Arte Contemporánez Unión Fenosa (MACUF). Fixemos dous grupos: un de educación infantil ata 3º de educación primaria que visitou "Os rostros do naufraxio", e outro coa nenos de 4º a 6º de educación primaria que visitaron a exposición "Narrativas Monumentales". Para rematar a visita, ambos grupos fixeron uns obradoiros nos que os alumnos o pasaron de maravilla. Picando nas fotos veredes as cousas que fixemos ese día.

Distribuir contido


by Dr. Radut