Skip to Content

Biblioteca

CALENDARIO OLÍMPICO 2016

Xa o temos eiquí, recén saído do forno, a nosa creación: O CALENDARIO OLÍMPICO 2016. Esperamos que vos guste, e así acompañarédesnos neste camiño cara ÁS NOSAS OLERPÍADAS. Pincha no calendario para ver os 12 meses do ano 2016.

PROXECTO INTEGRADO DO CENTRO 15-16: "AS OLERPÍADAS"

Para este curso 2015-2016 decidimos entre todos que sería un Proxecto moi apropiado, dado que para o ano é ano de Olimpíada, traballar sobre o tema dos XOGOS OLÍMPICOS. O lema que se nos ocurriu para este ano é "AS OLERPÍADAS", e o cartel que xa temos exposto no pasillo do centro, elaborouno a nosa compañeira Susi. Esperamos que vos guste e de seguro que ao longo de todo o ano sairán noticias e actividades relacionadas con esta temática.

DÍA DAS BIBLIOTECAS 23-10-15

Celebramos O DÍA DAS BIBLIOTECAS o venres día 23 de outubro, no patio do centro, facendo coincidir esta celebración coa hora de ler. Limos un pregón e un pequeno poema co fin de adiviñar unha serie de xogos e deportes.

DÍA DO LIBRO: MARCAPÁXINAS, APADRIÑAMENTOS LECTORES E CINE

Continuando coas actividades do DÍA DO LIBRO, os nenos fixeron uns MARCAPÁXINAS super orixinais que se expuxerón posteriormente no pasillo do centro. Tamén fixemos o día 23 de abril, na hora de ler, os APADRIÑAMENTOS LECTORES, nos que alumnos de cursos superiores leíanlle aos máis pequenos un conto. E para rematar tivemos pola tarde sesión de cine, a través do visionado de fragmentos de películas nos diferentes ciclos.

  

DÍA DO LIBRO 23-04-15 Actividades

PROXECTO INTEGRADO DE CENTRO 14-15: "O CINE"

Este curso 2014-2015 decidimos como temática para o noso Proxecto Integrado de Centro "O CINE", e o eslogan "BIBLIOTECA, CÁMARA, ACCIÓN". Para consultar todo o relacionado con esta temática, mirade o noso blogue daBiblioteca. Alí teredes toda a información necesaria. Agora deixámosvos o cartel do Proxecto. Esperamos que vos guste.

       

 

            

 

 

PROXECTO INTEGRADO DO CENTRO 14-15: "O CINE"

Para este curso escolar 2014-2015, decidimos que o PROXECTO INTEGRADO DE CENTRO iba a ser adicado á temática do "CINE". Así que preparádevos para un ano cheo de misterios e intrigas. Si queredes máis información visitade o no BLOGUE DA BIBLIOTECA. O lema escollido para desenrolar este proxecto titúlase "BIBLIOTECA, CÁMARA, ACCIÓN".

 

APADRIÑAMENTOS LECTORES. DÍA DO LIBRO 23-04-14

O 23 de abril de 2014, DÍA DO LIBRO, levamos a cabo no centro unha actividade que leva por nome APADRIÑAMENTOS LECTORES. Esta actividade, organizada dende a Biblioteca, consistiu en que os alumnos de 2º e 3º ciclos de Educación Primaria, escollerían un libro da Biblioteca axeitado para lerlle aos nenos de Educación Infantil e 1º ciclo de Educación Primaria. Esta lectura levouse a cabo no lugar do centro que eles elixiran.

  

  

CONTACONTOS FRAN REI "A HISTORIA DE BRANCAFLOR" 23-04-14

O Día 23 de abril de 2014, conmemorando O DÍA DO LIBRO, visitou o noso centro FRAN REI pertencente ao grupo "Os 7 magníficos máis 1", para contarnos "A HISTORIA DE BRANCAFLOR" e regalarnos algún truco de maxia. Levouse a cabo na Biblioteca do centro, para tódolos alumnos, en horario de 10:45 a 12:00.

 

PUBLICACIÓN DOCUMENTAL, DO NOSO CENTRO, NA PÁXINA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

Na páxina da BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA, aparece unha publicación do noso centro, en formato electrónico, que aúna formación de usuarios e reclamo para o uso da Biblioteca e das súas fontes informativas e de lecer. Picando na imaxe, verás a publicación.

AS NOSAS RECEITAS VIAXEIRAS

Dentro do Proxecto Integrado de Centro para este curso 2013-2014 sobre "A Gastronomía", e aproveitando a actividade organizada polo Equipo de Biblioteca das "Mochilas Viaxeiras" aos rapaces de cada curso que lles toca levar a mochila (durante 15 días), cando a traen de volta, deben traer unha receita elaborada na casa cos seus pais. No centro vestiranse para a ocasión, con gorro e mandil de cociñeiro, explicarán como a elaboraron e degustarán, xunto co resto dos compañeiros, os deliciosos manxares creados na casa. Eiquí vos quedan algunhas fotos, coas que de seguro, vos chuparedes os dedos!!!!!!!.

  

 

EXPOSICIÓN LIBROS SAMAÍN E PROXECTO DA GASTRONOMÍA 2013

Eiquí tedes os carteis da exposición de libros do SAMAÍN 2013 e máis da exposición dos libros que nos acaban de chegar da Fundación Germán Sánchez Ruipérez, sobre o noso Proxecto Integrado de centro "A GASTRONOMÍA" para este curso 2013-2014.

           

 

 

FELIZ CUMPREANOS AO NOSO PADRIÑO ÁNGEL CARRACEDO

Un día coma hoxe, no 1955, nacía Ángel Mª Carracedo Álvarez, o que hoxe é o noso padriño da Biblioteca Escolar "Víctor Sáenz". MOITÍSIMAS FELICIDADES  de parte de toda a Comunidade Educativa do centro.


  

O PROXECTO INTEGRADO 13-14 SOBRE A GASTRONOMÍA

Este curso traballaremos nun novo Proxecto Integrado, sobre o tema da GASTRONOMÍA e a alimentación. Este é o cartel e o lema do noso proxecto: "PAPACONTOS, ZAMPALIBROS". Para maior información visitade o noso blog da biblioteca. Ali poderedes atopar mitísimos recursos, enlaces e actividades sobre esta temática, que estarán á vosa disposición. Picando no cartel, iredes directamente á páxina de recursos. Esperamos que vos guste!!!!!!

ACTUACIÓN DO CONTACONTOS INACIO VILARIÑO 06-05-13

O luns día 6 de maio de 2013, visitou o noso centro o contacontos INACIO VILARIÑO, do cal temos algúns libros na nosa biblioteca, e que unha vez rematada a actividade no los asinou amablemente. Levou a cabo ese día pola tarde unha actividade de contacontos, adicada sobre todo aos burros. Os nenos pasárono de maravilla. Eiquí vos quedan unhas fotos da actividade. Para ver máis, picade nalgunha de estas.


    

VISITA O COLE O MÚSICO BIELORRUSO VADIM YUKHNEVICH 05-04-13

VADIM YUKHNEVICH é un músico bielorruso que leva máis de 10 anos vivindo en Galicia. Antes de chegar ao noso país, recorreu varios lugares de Europa (Alemania, Francia,...) tocando na rúa con outros instrumentistas. Ademáis de impartir clases de acordeón, forma parte de numerosos proxectos relacionados coa escena: participa tocando en directo en diversas obras de teatro (Berrobambán, Mago Teto,...); realiza gravacións e espectáculos didácticos (Boas Noites, O camaleón musical,...); e forma parte de varios grupos musicais (Stranniki, Xúa, Kibitka, Banda Crebinsky,...). Actuou no colexio en horario de 12:30 a 13:30. É outra máis das aportacións ao noso proxecto das culturas. Pica na foto para ver máis imaxes.Podedes ver algunhas cancións picando nestes links:

http://www.youtube.com/watch?feature=player_detailpage&v=HcyvBd_PbeE 

http://www.youtube.com/watch?feature=player_detailpage&v=_29bsSMC2j4

A XUNTA DOTA AO COLEXIO VÍCTOR SÁENZ DE 3 LECTORES ELECTRÓNICOS

O mércores día 20 de febreiro, a Consellería de Educación, citou ao Director e á coordinadora da nosa Biblioteca na Cidade da Cultura, para facernos entrega de 3 lectores electrónicos, dentro do Proxecto-piloto E-ELBE, lectores electrónicos nas bibliotecas escolares, coa finalidade de promover entre os nosos alumnos a lectura de libros en formato dixital entre as actividades habituais de fomento da lectura promovidas dende a biblioteca. A Consellería escolleu 25 centros de toda Galicia, de 327 solicitudes e que están dentro do PLAMBE. Os criterios de selección daban prioridade ás zonas rurais e a aqueles centros onde houbese unha especial implicación de toda a comunidade educativa nas actividades organizadas dende a biblioteca. O Equipo de Biblioteca reunirase nos vindeiros días para decidir como xestionar o uso destos lectores.

HARUNA TAKEBE, PIANISTA XAPONESA, VISITA O NOSO CENTRO O LUNS 28-01-13


 


 


HARUNA TAKEBE é natural dunha pequena illa do Xapón. A súa pasión pola música e polo piano levouna a graduarse  en interpretación pianística pola Toho Gakuen de Tokio cos mestres Megumi Kaneko e Keiko Takeuchi. En 1999 trasládase a Europa para ampliar a súa formación: primeiro en Alemaña onde se gradúa na Universidade das Artes de Berlín, en Francia no L´École Nacional de Musique de Pantin e logo en Holanda para obter o Master´s degree de solista, música de cámara así como de acompañante de lied baixo a dirección do profesor Willem Brons no Conservatorium van Amsterdam. En novembro de 2004 grava un disco para o selo STH. Dende 2007 combina a interpretación coa docencia incorporándose como catedrática de Piano na Elisabeth Univerity of Music de Hiroshima onde permanece ata 2009, cando decide trasladarse a España. Pinchando na foto de arriba, coñeceredes algo máis sobre esta grande artista. E pinchando na de abaixo veredes as fotos do día que nos visitou.


CARTEL DO PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO 2012-2013

Como nestes derradeiros anos, seguimos co traballo a través de Proxectos Documentais Integrados, e o deste curso 2012-2013 leva por título "ONDE OS LIBROS TE LEVEN". Eiquí vos queda o Cartel do Proxecto. Máis información podedes atopala no Blogue da Biblioteca. Pincha no cartel do proxecto e accedes á páxina web do propio proxecto.

ESPERANZA CALVO DA UNHA CHARLA SOBRE CHINA 11-01-13

Seguindo adiante cos proxectos das culturas, o venres día 11 de xaneiro, tivemos a sorte de ter no colexio a unha Corresponsal de Mediaset España en Pekín chamada ESPERANZA CALVO (natural de Santa Comba), que nos falou da súa experiencia no paía asiático. Esta charla foi para todo o colexio en horario de 12:20 a 13:30 horas, tempo durante o cal os alumnos e mestres fixémoslle preguntas sobre a súa estancia neste país. Para ver as fotos de ese día, picade nesta.

PROXECTO ESCOLAR 12-13: A MULTICULTURALIDADE

En coordinación entre a Comisión de Biblioteca e o Equipo de Normalización da Lingua Galega, escollimos para este ano como Proxecto Escolar 12-13, o tema da MULTICULTURALIDADE. Os diferentes cursos adicarán tarefas de aula a desenrolar proxectos adicados a esta temática durante todo o curso. Estes traballos tam´´en se verán reflexados nas diferentes actividades que se realizarán ao longo do curso: Nadal, Entroido, etc...


  


As titorías xa escolleron os países que van traballar: infantil: América; 1º e 2º: os esquimais; 3º: Culturas Orientais (China e Xapón); 4º: India; 5º: África e as Illas Canarias; e 6º: Rusia. Tamén solicitamos a algúns centros libros ilustrativos para levar adiante esta temática (por exemplo o C.E.I.P. de Louro).


 

APADRIÑAMENTOS LECTORES 23-04-12

Realizouse esta actividade para conmemorar o "Día do Libro" o luns 23 de abril pola mañá. Consistía en que cada neno do 2º e 3º ciclo de educación primaria lle lera un conto a un alumno de ed. infantil e do 1º ciclo de primaria, preparado de antemán. Este "apadriñamento" fíxose efectivo na hora de ler e cada parella buscou por todo o centro un lugar axeitado para que a lectura fose tranquila e relaxada. Tamén dous mestres léronlle en grupo aos alumnos de 2º e do 3º ciclo de primaria. ¡¡¡E todos contentos!!!.


    

DÍA DO LIBRO 23-04-2012

Para conmemorar o "DÍA DO LIBRO 2012", dende a biblioteca do centro, propuxéronse unha serie de actividades. Algunhas xa se realizaron hai uns días como unha Charla Escola de Pais e Nais, a visita da contacontos PEPA MARTÍN, e de outra contacontos CHARO PITA. O día 23 de abril, coincidindo coa celebración, levaremos a cabo outras actividades: APADRIÑAMENTOS LECTORES, na que cada alumno de 2º e 3º ciclo de primaria, apadriñará a un alumno/a de infantil ou 1º ciclo, e lle lerá un conto que terá preparado de antemán; Exposición "O MEU LIBRO ESPECIAL"; exposición de fondos da biblioteca "OS LIBROS NOS LIBROS"; e a publicación da guía de lectura "Os libros nos libros".


  


   

VISITA DE CHARO PITA 19-04-12

O Xoves, día 19 de abril, co gallo da celebración do Día do Libro 2012, tivemos a visita de CHARO PITA, escritora, actriz, cantante e, sobre todo, contadora de historias. Contou unha serie de historias tanto aos máis pequenos como aos maiores do colexio. Foi ¡¡¡fantástico!!!. 


  


  

CONMEMORACIÓN DO DÍA DO LIBRO 2012

Co fin de conmemorar o DÍA DO LIBRO 2012, levaremos a cabo unha serie de actividades no centro, a través da biblioteca, as cales se mostran a continuación pinchando no título ou na imaxe.


ACTIVIDADES PARA A CONMEMORACIÓN DO DÍA DO LIBRO 2012


PEPA MARTÍN (Editorial Nivola) CONTACONTOS 12-04-12

A librería LER de Santa Comba, trouxo ao colexio, gracias á Editorial NIVOLA, á contacontos PEPA MARTÍN, o xoves día 12 de abril, en horario de 11 a 12 da mañá, para os nenos de ed. infantil e 1º ciclo de ed. primaria. A actividade realizada na biblioteca do centro, consistiu en ensinar aos nenos o ciclo da auga, e concienciar aos máis pequenos da importancia da auga, a través do divertimento. Para elo empregou como fío conductor o libro "La vuelta al mundo de gota de agua" da editorial Nivola.


  


    

CHARLA "O MONTE VIVO" 02-02-12

Esta charla vai dirixida a concienciar aos escolares de 6 a 12 anos, acerca do valor dos montes e a grave problemática que supón os incendios forestais en xeral e en Galicia en particular. O método de traballo ofrécelle ao profesorado, a través dunha serie de separatas para a escoller nun xornal de difusión autonómica, información sobre o monte e os incendios. Para máis información, pódese visitar a páxina web do proxecto http://onosomonte.mediorural.xunta.es/


   

CONTACONTOS "O CARBALLO CON BOTAS" ANXO MOURE 15-12-11

O XOVES, DÍA 15 DE DECEMBRO, TIVEMOS NO CENTRO AO CONTACONTOS ANXO MOURE CO SEU ESPECTÁCULO "O CARBALLO CON BOTAS". ESTA ACTIVIDADES REALIZOUSE NA BIBLIOTECA, CON TODOS OS NENOS DO COLEXIO. A TEMÁTICA DESTA ACTIVIDADE ESTABA DIRECTAMENTE RELACIONADA COA TEMÁTICA QUE SE ESTÁ A DESENROLAR NO CENTRO: OS BOSQUES.


     

PROXECTO ANUAL: SEMENTANDO BOSQUES DE PALABRAS

Por fin está rematado o cartel para a nosa campaña-proxecto de este ano: SEMENTANDO BOSQUES DE PALABRAS.

Podedes consultar toda a información e recursos necesarios no noso BLOGUE DA BIBLIOTECA.

Distribuir contido


by Dr. Radut