Skip to Content

O MAGOSTO 2010

O luns día 15 de novembro, celebrouse O Magosto no noso centro, a pesar da climatoloxía. Ás tres da tarde e no pasillo do colexio os/as nenos/as representaron con intrumentos, cantando e bailando, cancións típicas destas festas. Saimos para o patio ás 15:45, momento no que se repartiron as castañas entre todos/as os/as nenos/as e algúns familiares que se acercaron ata o centro. Finalmente e ata a hora de marchar fixéronse algúns xogos como se ven facendo dende hai moitos anos. Ahí van algunhas das fotos para que vexades o ben que o pasamos entre todos/as. Ata o vindeiro ano.


                      



book | by Dr. Radut