EXPERIMENTOS NA BIBLIOTECA 23-01-19

O mércores día 23 de xaneiro, chegou o momento de presentar os experimentos realizados nas aulas ao longo do 1º trimestre do curso, dentro do noso Proxecto Integrado sobre "A Ciencia". Fixemos na Biblioteca do centro unha actividade chamada "EXPERIMENTOS NA BIBLIO", consistente en que cada aula tiña que explicarlle ás demáis o experimento que fixeron na aula con anterioridade, pero agora ante a atenta mirada dos seus compañeiros. Reunímonos todos despois do recreo, e escoitamos atentamente a cada grupo que nos contou a súa experiencia como científicos con todo detalle. Uns explicando o seu experimento e incluso realizándoo en directo. Os de 6º expuxeron "O PRINCIPIO DE ARQUÍMEDES". Os de 5º a súa "LÁMPADA DE LAVA". Os de 3º e 4º o seu proxecto de "DEPURADORA". Os alumnos de 1º e 2º "COMO INFLAR UN GLOBO SEN SOPLAR", e por último os de Infantil o seu experimento das "AS PIÑAS E A AUGA".

Powered by Drupal - Design by artinet