A XUNTA DOTA AO COLEXIO VÍCTOR SÁENZ DE 3 LECTORES ELECTRÓNICOS

O mércores día 20 de febreiro, a Consellería de Educación, citou ao Director e á coordinadora da nosa Biblioteca na Cidade da Cultura, para facernos entrega de 3 lectores electrónicos, dentro do Proxecto-piloto E-ELBE, lectores electrónicos nas bibliotecas escolares, coa finalidade de promover entre os nosos alumnos a lectura de libros en formato dixital entre as actividades habituais de fomento da lectura promovidas dende a biblioteca. A Consellería escolleu 25 centros de toda Galicia, de 327 solicitudes e que están dentro do PLAMBE. Os criterios de selección daban prioridade ás zonas rurais e a aqueles centros onde houbese unha especial implicación de toda a comunidade educativa nas actividades organizadas dende a biblioteca. O Equipo de Biblioteca reunirase nos vindeiros días para decidir como xestionar o uso destos lectores.

Powered by Drupal - Design by artinet