TRABALLOS REALIZADOS POL@S NEN@S DO 1º CICLO SOBRE O PROXECTO DOS INUITS

 


Este curso, os/as alumnos/as de 1º ciclo de E.P., estamos traballando a Cultura dos INUITS. Para elo vimos a película "Nanook, el esquimal", e con anterioridade ollamos libros sobre este tema, que se atopan expostos no centro. Os nenos/as de 1º curso, fixemos a nosa propia AURORA BOREAL, que nos quedou moi bonita. Seguirémosvos informando de todos aqueles traballos que vaiamos facendo.


    



Estivemos investigando como se alimentaban e descubrimos que cazaban caribúes, focas, morsas, bois almiscleiros e osos polares entre outros animais árticos. Para facelo utilizaban o arpón kakivak, o unaaq e máis modernamente rifles.


Powered by Drupal - Design by artinet