EXCURSIÓN A SANTIAGO 04-04-14

O venres día 4 de abril, fomos todos de excursión a Santiago e fixemos as seguintes actividades:

11:00h. Auditorio de Galicia. Visita guiada á exposición dunha mostra dos 46 traballos seleccionados polo xurado de entre tódolos presentados ao "8º Premio Auditorio de Galicia para Novos Artistas 2013". http://www.compostelacapitalcultural.com/detalles/1231/exposiciones.html

12:00h. Concerto "Manifestacións musicais lúdicas". Ultreia e a tradición galega. http://www.compostelacapitalcultural.com/detalles/15876/eventos.html

13:15h. Infantil e 1º ciclo: non puideron facer o percorrido pola Praza de Abastos xa que chovia. Polo que fumos xantar ao Área Central e despois xogaron no parque infantil.

2º e 3º ciclo: coincidindo coa exposición na Fundación Novacaixagalicia "MASIDE EN COMPOSTELA. O testamento pictórico do mestre", asistiron á actividade-Obradoiro "Maside pinta, Manuel Antonio recita". http://www.obrasocialncg.com/es/evento/maside_en_compostela._o_testamento_pictorico_do_mestre

14:15h. Comimos nun cuberto debido ás inclemencias meteorolóxicas.

15:15h. Saímos de Santiago e chegamos a San Cosme ás 16:15h.

 

CHARLA: "CURIOSIDADES SOBRE A ALIMENTACIÓN". 03-04-14

O xoves día 3 de abril de 2014, tivemos no centro ás 15:00 horas unha charla para todo o alumnado de Educación Primaria co título "CURIOSIDADES SOBRE A ALIMENTACIÓN". Esta ponencia foi a cargo de ADRIÁN BLANCO, Técnico Superior en Industrias Alimentarias. Esta charla tamén estivo enmarcada no Proxecto de centro sobre "A Gastronomía".

 

PLACA CONMEMORATIVA AO MESTRE ANDRÉS MOUZO GRILLE

O martes día 1 de abril de 2014, ás 13:30 horas, fíxoselle unha homenaxe ao mestre de Inglés do centro ANDRÉS MOUZO GRILLE (falecido no 2013). Esta homenaxe consistiu na colocación dunha placa co seu nome na AULA DE INGLÉS. A este acto asistiu a súa muller Mª Carmen e os seus dous fillos Andrés e Paula, así como todos os nenos e o profesorado do centro.

 

CHARLA SOBRE RISCOS COAS NOVAS TECNOLOXÍAS 27-03-14

Relacionado co "Plan director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos" organizado pola Delegación de Goberno en Galicia, o curso pasado realizamos unha charla para o alumnado sobre os usos correctos das novas tecnoloxías (internet e redes sociais).

Este curso realizamos unha charla similar para o profesorado e as familias sobre "Riscos de seguridade asociado ás novas tecnoloxías e ao uso de redes sociais, especialmente acoso sexual ou difusión de contidos de natureza sexual por teléfonos móbiles e a utilización de nenos na pornografía". Esta charla foi o xoves día 27 de marzo en horario de 13:30 a 15 horas e impartida por un membro da Garda Civil do cuartel de Noia.

EXCURSIÓN DE INFANTIL E 1º CICLO 25-03-14

O martes día 25 de marzo, os alumnos de Educación Infantil e do 1º ciclo de Educación Primaria foron de excursión en horario de mañá a unha panadaría (PAN IGNACIO) onde elaboraron pan e viron cales eran os mecanismo de traballo, e máis tarde foron a unha piscifactoria. Toda esta actividade está englobada dentro do Proxecto de centro que este ano trata sobre a gastronomía.

 

SAÍDA DIDÁCTICA PONTEVEDRA-CAMBADOS 14-03-14

Este curso o proxecto que estamos a traballar no centro é sobre a "Gastronomía-Alimentación". Polo tanto esta saída, para os alumnos de 2º e 3º ciclo de E.P., contou coas seguintes actividades:

  • De 11:30 a 13:45 horas, visitamos o XV Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra no Auditorio do Pazo da Cultura (a temática este ano é COCIÑANDO CONTOS). Foi unha visita guiada e asistencia ao espectáculo "A CASIÑA DE CHOCOLATE". http://www.salondolibro.org
  • De 13:45 a 14:30 horas, comimos e xogamos nun parque.
  • De 16:00 a 17:00 horas, fixemos unha visita guiada a unha Cetárea de Mariscos. http://www.mariscosveiro.com

Debido a que o tempo se nos votou enriba no Salón do Libro, non poidemos visitar a bodega Martín Códax (Cambados) como tiñamos previsto. Outra vez será!!!!! Chegamos ao centro ás 19:15 horas.

  

  

 

PLACA CONMEMORATIVA Á COCIÑEIRA Mª LOURDES RIAL GARCÍA

O xoves día 6 de marzo de 2014, ás 13:30 horas e antes de entrar os nenos para xantar, fíxoselle unha homenaxe á axudante de cociña do noso centro Mª LOURDES RIAL GARCÍA (falecida en xaneiro de 2012). Esta homenaxe consistiu na colocación na entrada do comedor dunha placa conmemorativa. A este acto asistiu o seu marido e os nenos e mestres do centro.

 

ENTROIDO 2014 E QUEIMA DO MECO

Celebramos o ENTROIDO 2014 no centro o venres día 28 de febreiro. A temática este ano xira entorno á GASTRONOMÍA, proxecto integrado de centro que se leva este ano a diante no noso colexio. Para ese día tiñamos aprobado o cambio horario que foi de 10:00 ata as 13:15 horas. As actividades que levamos a cabo ese día foron as seguintes:

  • Os nenos e nenas disfrazaranse nas aulas e ante o mal tempo reinante sairon das clases disfrazados ás 11:50, cara ao comedor para facer un pequeno desfile, e cantar e bailar unha canción.
  • Logo levamos a cabo o xogo das piñatas, unha por curso, unha para pais/nais e outra para mestres.
  • Pedimos por carta, como tódolos anos, que as familias trouxeran comida de entroido, que colocarán en mesas no comedor mentras os nenos se disfrazan, para xantar posteriormente.
  • Unha vez rematadas todas as actividades os nenos foron nos buses para as súas casas ás 13:15 horas aproximadamente.
  • A queima do MECO realizouse, á volta das vacacións de entroido, o xoves día 6 de marzo.

Ademáis, os Equipos de Biblioteca e Dinamización da Lingua Galega queremos convidarvos a participar na recolleita de pratos típicos de Entroido para elaborar un LIBRO DE RECEITAS. Estas deberán estar escritas seguindo a estrutura dunha receita: incluiranse os ingredientes e a continuación os pasos a seguir para a súa elaboración. Con esta actividade tratamos de recuperar aqueles pratos tradicionais e propios do noso entorno, para que non se esqueza cómo se fai un bo cocido, unhas deliciosas filloas ou calquera outra suxerencia gastronómica na zona de Mazaricos. Desexando que participedes todos/as, enviámosvos o noso agradecemento.

 

 

   

 

MANDADIÑOS DE ENTROIDO 2014

Durante a semana do 24 ao 28 de febreiro de 2014, realizaremos as actividades propias do Entroido. Do luns 24 ao xoves 27, os nenos virán disfrazados segundo a orde dos mandadiños, e o venres día 28 terá lugar o ENTROIDO 2014 no colexio. Os mandadiños serán os seguintes:

  • Luns día 24: traer un mandil.
  • Martes día 25: traer o mandil e un trapo de cociña na cintura.
  • Mércores día 26: traer o anterior e máis un mostacho.
  • Xoves día 27: traer o anterior e máis un paniño na cabeza.
  • Venres día 28: ENTROIDO. A temática no cole este ano será "A Gastronomía".

                               

                             

EXCURSIÓN A SANTIAGO INFANTIL E 1º CICLO

O venres día 21 de febreiro de 2014, foron de excursión a Santiago os alumnos de Ed. Infantil e os de 1º ciclo de EP. As actividades que realizaron foron as aseguintes:

  • Ás 11:00h. foron ao Auditorio de Galicia para ver a obra "Pedro e o lobo" de Sergei Prokofiev.
  • Ás 12:15h. visitaron no centro NovacaixaGalicia a exposición "Maside en Compostela", cunha actividade para nenos que levaba por título: "Sons dunha campá chamada Berenguela".
  • Ás 14:15h. xantaron e regresaron para o colexio ás 15:15h. co fin de estar en San Cosme sobre as 16:15h. para coller os autobuses e que os nenos fosen repartidos nas rutas e horarios habituais. Picade nas imaxes para obter máis información das actividades.

   

                                    

ADMISIÓN ALUMNADO 2014-2015

Picando na imaxe teredes toda a información necesaria para o período de admisión do alumnado para o curso 2014-2015.

DÍA DA PAZ 2014

O DÍA DA PAZ 2014, celebrámolo no colexio o xoves día 30 de xaneiro con diferentes actividades: porqué se celebra ese día, frases da vida de Mandela, lectura de receitas sobre a Paz elaboradas por todos os alumnos do centro e posterior exposición no pasillo e para rematar cantaron e bailaron unha canción de O Sonoro Maxín que levaba por título "Querote máis que a tortilla de patacas con xamón". Eiquí vos queda un link do SEMINARIO GALEGO DE EDUCACIÓN PARA A PAZ. Tamén podedes visitar o noso BLOGUE DA BIBLIOTECA, onde atoparedes información sobre esta celebración e varios vídeos sobre a persoa de NELSON MANDELA.

  

  

CAMPO A TRAVÉS-FASE COMARCAL. BEMBIBRE 24-01-14

Os/as alumnos/as pertencentes ós equipos de Campo a Través, representaron ó colexio o venres día 24 de xaneiro de 2014, participando na Fase Comarcal que se celebrou ás 11h. no circuito de Campo a Través, situado cerca do colexio de Bembibre (Val do Dubra). Aquí tedes a LISTA DE PARTICIPANTES. Para ver máis fotos de ese día, e aos nenos en acción, picade nas fotos da parte inferior.

 

CLASIFICACIÓN FASE COMARCAL CAMPO A TRAVÉS BEMBIBRE 24-01-14

FESTIVAL DE NADAL 2013

O Festival de Nadal 2013 celebrouse o venres día 20 de decembro , no comedor do centro, con representacións e actuacións preparadas anteriormente nas titorías de tódolos cursos, e algunhas actuacións individuais. Todas as actuacións tiñan relación co Proxecto Integrado de centro, que este ano trata sobre a Gastronomía. Ao rematar o festival, tivemos a visita no centro dos REIS MAGOS DE ORIENTE, que trouxeron agasallos para tódolos nenos e nenas do colexio. Eiquí vos quedan algunhas fotos de ese día.

  

  

  

CONCURSO POSTAIS DE NADAL 2013

Na derradeira semana de decembro, tivo lugar o CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL 2013, como outros anos. Os nenos e nenas presentaron os seus magníficos traballos, feitos nas aulas, sendo os gañadores:

  • Educación Infatil: todos os alumnos de Infantil.
  • 1º Ciclo de Educación Primaria: Mª JOSÉ VILA GRILLE (1º).
  • 2º Ciclo de Educación Primaria: ÁLEX INSUA MOLDES (4º).
  • 3º Ciclo de Educación Primaria: DANIEL ANTELO REY (6º). Esta postal foi a gañadora xeral, e a que se enviou á casa dos alumnos e a outros colexios e estamentos públicos. Eiquí vos quedan as fotos dos gañadores coas súas respectivas títoras.Se queredes ver a postal gañadora, pica AQUÍ.

  

DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS HUMANOS. X CARREIRA SOLIDARIA SAVE THE CHILDREN POR ETIOPÍA.

O martes 10 de decembro de 2013, en horario de tarde, celebramos o Día Internacional dos DEREITOS HUMANOS. Os nenos e as súas mestras fixeron pancartas para conmemorar cada un dos dereitos. Ademáis os alumnos de 6º de EP nos deron información dalgúns aspectos importantes de ETIOPÍA, país ao que este ano a ONG SAVE THE CHILDREN adicaba a X Carreira Kilómetros de Solidariedade. Despois fixemos unha recadación dos cartos que os alumnos queren mandar a esta ONG, e rematamos facendo por cursos unha pequena carreira simbólica, en sinal de recordo a estes nenos de Etiopía que o están a pasar tan mal. Todo isto en imaxes, a continuación.

   

 


25 DE NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

O día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, aprobado pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas, na súa resolución 54/134 o 17 de decembro de 1999, celébrase anualmente cada 25 de novembro contra a violencia contra a muller. A proposta para que se celebrase nesa data realizouse na República Dominicana, co apoio de 80 países, con motivo do asasinato das irmáns MIRABAL, que aconteceu en dita data. Para saber máis sobre esta celebración, pincha no debuxo.


PUBLICACIÓN DOCUMENTAL, DO NOSO CENTRO, NA PÁXINA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

Na páxina da BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA, aparece unha publicación do noso centro, en formato electrónico, que aúna formación de usuarios e reclamo para o uso da Biblioteca e das súas fontes informativas e de lecer. Picando na imaxe, verás a publicación.

20 DE NOVEMBRO. DÍA INTERNACIONAL DO NENO

Unha xornada para celebrar a fraternidade entre todos os nenos e promover o seu benestar. En 1954, á Asamblea Xeral de Nacións Unidas (ONU) recomendou que se instituira en todos os países un Día Mundial do Neno. Cada ano, celébrase o día 20 de novembro, cando se aprobou a Declaración dos Dereitos da Infancia (1959) e se celebrou a Convención sobre os Dereitos do Neno (1989), ratificada por un gran número de países. No centro imos celebrar en vindeiras datas, xunto coa ONG Save the Children, actividades para conmemorar este día. Eiquí vos queda máis información. Picade no debuxo.

Por certo, no noso cole xa temos a exposición de lectura sobre os Dereitos dos nenos a funcionar.

RECEITAS DO 1º CICLO DE E.P.

Estas son algunhas das receitas elaboradas polos alumnos do 1º ciclo de E.P.

   

   

 

AS NOSAS RECEITAS VIAXEIRAS

Dentro do Proxecto Integrado de Centro para este curso 2013-2014 sobre "A Gastronomía", e aproveitando a actividade organizada polo Equipo de Biblioteca das "Mochilas Viaxeiras" aos rapaces de cada curso que lles toca levar a mochila (durante 15 días), cando a traen de volta, deben traer unha receita elaborada na casa cos seus pais. No centro vestiranse para a ocasión, con gorro e mandil de cociñeiro, explicarán como a elaboraron e degustarán, xunto co resto dos compañeiros, os deliciosos manxares creados na casa. Eiquí vos quedan algunhas fotos, coas que de seguro, vos chuparedes os dedos!!!!!!!.

  

 

PUBLICACIÓN NA VOZ DE GALICIA DO SÁBADO 16-11-13

Na súa edición do Barbanza, do día 16 de novembro de 2013, La Voz de Galicia fai mención da actividade levada a cabo polos alumnos de 4º, 5º e 6º cursos de Educación Primaria, con motivo da Videoconferencia ofrecida por Marilar Aleixandre o martes día 12 sobre a presentación "Benqueridos Insectos". Tivemos a gran sorte de disfrutar durante 1 hora da presenza interactiva de Marilar, á que lle fixemos, unha vez rematada a videoconferencia, varias questións sobre o tema.


PUBLICACIÓN NA VOZ DE GALICIA DO XOVES 14-11-13

Na VOZ DE GALICIA, de hoxe día 14 de novembro de 2013, na Edición do Barbanza-Muros-Noia (páxina L7), aparecen publicados os gañadores do Concurso de Contos de Medo que celebramos no Samaín.

EXPOSICIÓN LIBROS SAMAÍN E PROXECTO DA GASTRONOMÍA 2013

Eiquí tedes os carteis da exposición de libros do SAMAÍN 2013 e máis da exposición dos libros que nos acaban de chegar da Fundación Germán Sánchez Ruipérez, sobre o noso Proxecto Integrado de centro "A GASTRONOMÍA" para este curso 2013-2014.

           

 

 

FELIZ CUMPREANOS AO NOSO PADRIÑO ÁNGEL CARRACEDO

Un día coma hoxe, no 1955, nacía Ángel Mª Carracedo Álvarez, o que hoxe é o noso padriño da Biblioteca Escolar "Víctor Sáenz". MOITÍSIMAS FELICIDADES  de parte de toda a Comunidade Educativa do centro.


  

VIDEOCONFERENCIA DO IV DÍA DA CIENCIA EN GALEGO 12-11-13

O martes, día 12 de outubro de 2013, levaremos a cabo en horario de 10:30 a 11:30 unha Videoconferencia para os alumnos de 5º e 6º de educación primaria, co título IV DÍA DA CIENCIA EN GALEGO, a cargo de Marilar Aleixandre, coordinada pola Coordinadora Galega de ENDL.


 


Tamén vos deixamos a presentación de ese día sobre "BENQUERIDOS INSECTOS".


CHARLA PARA OS ALUMNOS DE 6º SOBRE OS CAMBIOS NA PUBERTADE E HABILIDADES SOCIAIS (ASOCIACIÓN NERIA)

O luns día 11 e o mércores día 13 de outubro, levouse a cabo, como en anos atrás, unha charla (Asociación NERIA) sobre Os cambios que experimentas os nenos e nenas na pubertade e sobre Habilidades Sociais.   

      

MAGOSTO 2013 (11-11-13)

Celebramos o MAGOSTO 2013, o luns día 11 de novembro pola tarde. Ademáis do asado de castañas, levaremos a cabo, coa colaboración de todos, unha ruleta de xogos, como en anos atrás. Tamén cantamos unha canción sobre o Magosto, con instrumentos, preparada pola mestra Susi. Pinchando nestas dúas fotos veredes as fotos dese día.


 

Powered by Drupal - Design by artinet