Skip to Content

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2019/2020

No DOG do día 20 de maio de 2019 publícase a Orde do 3 de maio de 2019 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e convócanse axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria e Educación Especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2019-2020. (código de procedemento ED330B).

 

PRAZO: DENDE O MARTES 21 DE MAIO ATA O VENRES 21 DE XUÑO DE 2019 (ÁMBOLOS DOUS INCLUÍDOS)

 

Fondo solidario libros e material escolar (Orde e anexo I). Premer nesta ligazón.

 

 Se alguén o necesita pode recoller a solicitude en administración ou conserxería.

 

 

CELEBRACIÓN DAS LETRAS GALEGAS

Este ano conmemoramos o 17 de maio cantando a cantiga de Paco Nogueiras "Meu o mundo é" pertencente ao libro-disco Brinca Vai de Kalandraka. Entre todos e todas realizamos un mosaico coa bandeira de Galicia e limos os poemas do noso libro Panesía. Ademais, o alumnado de 4º de EP na súa asignatura de Libre Configuración "Xogos e Danzas Populares" bailaron ao son da muiñeira. Aquí vos deixamos unhas imaxes destas actividades de centro.

Letras galegas from CEIP VICENTE OTERO on Vimeo.

DESCUBRINDO CARRAL: TEMOS MOITO QUE CONTAR.

O día 14 celebramos con todo o alumnado do centro a exposición das investigacións feitas dentro do Proxecto Documental Integrado proposto polo equipo da biblioteca: Descubrindo Carral, temos moito que contar. A Feira Cultural consistiu en que cada curso mostrou a todos e todas os produtos finais dos seus traballos. Grazas pola colaboración de todo o profesorado e grazas aos pequenos e pequenas polo seu traballo, fixérono xenial tanto como visitantes como de anfitrións. Foi unha pequena festa da aprendizaxe! Se queredes ver como transcurriu aquí vos deixamos un vídeo.

OS MAIOS ÁS PORTAS

As portas do cole están así de engalanadas para darlle a benvida a maio, o mes das flores e do esplendor da primavera. 

OS MAIOS ÁS PORTAS from CEIP VICENTE OTERO on Vimeo.

"COLES MICHELIN" Revista YES

Sentímonos moi orgullos polo traballo ben feito de todo o persoal do centro, e mesmo nolo valoran na revista YES. 

VISITA DE CARMEN POMAR

 

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, visitou esta semana o noso centro, onde se interesou polos diferentes programas educativos que estamos desenvolvendo.

XA ESTÁN AS POESÍAS NAS PANADARÍAS!

Xa podedes mercar pan e levar un poema nas seguintes panadarías colaboradoras: 

- PANADARÍA CAÑÁS.

- PANADARÍA BONOME.

- PANADARÍA DA CUNHA.

- PANADARÍA DO PINCHO.

- PANADARÍA INSUA.

- PANADARÍA JAIME MATA.

- PANADARÍA MANUEL RODRÍGUEZ E HIJOS.

- PANADARÍA MERCEDES.

- PANADARÍA PARAÍSO.

- PANADARÍA PEDRO FERNÁNDEZ.

. PANADARÍA ZAPATA.

 

DÍA DO LIBRO

Celebramos o Día do Libro lendo pequenos e maiores xuntos, compartimos tempos e libros de todo tipo. 

Visualizamos a curta animada LEER TE TRANSPORTA e, os máis maiores do cole, viron a película "LA LADRONA DE LIBROS" dirixida por Brian Percival e baseada na novela homónima de Markus Zusak.

E así de engalanado e cheo de boas obras quedou o punto de lectura da entrada. Está presidido, como non, da nosa flamante mascota.

BOA LECTURA A TODOS E TODAS!

RESEVA DE PRAZA /COMEDOR/TRANSPORTE PARA O CURSO 2019/2020

O prazo para a reserva de praza, para solicitude do servizo de comedor escolar ou para servizo de transporte escolar para o vindeiro curso remata o 30 de abril.

O alumnado de 6º de Ed. Infantil  e todos os que se matriculen por primeira vez neste centro realizará estos trámites do 20 ao 30 de xuño, durante o prazo de matrícula.

XX Premio Luis Freire dos Museos Científicos Coruñeses

Noraboa a toda a clase de Educación Primaria de 5º C por ser merecedores do 1ª Premio "Luis Freire de Investigación escolar dos Museos Científicos Coruñes"

Coa pregunta: " Por que o pan ponse duro en Ourense e brando en A Coruña? diseñaron un traballo creativo e riguroso.

Noraboa tamén ás titoras, Ana Bouzas e a colaboración de Maté.

Representades un orgullo para o colexio.

POESÍA NA PANADARÍA

Esta é a proposta ás aulas que se fixo dende o equipo de biblioteca para elaborar poemas dentro da actividade "POESÍA NA PANADARÍA".

 

Distribuir contenido


by Dr. Radut