Samaín!

No cole vimos de celebrar o Samaín, ou o que é o mesmo, o final do verán.

Para isto, decoramos todo o cole con pantasmas, bruxas, morcegos e arañas! Todo daba moito medo, mesmo entrar ó cole!

 

 

Pero non houbo problema, pensamos sobre os nosos medos, que escribimos e metemos nunha cabaza. Logo viñeron unha bruxa e un mago a facelos desaparecer!

 

Moitas grazas ás familias pola vosa colaboración na elaboración das cabazas, todas son gañadoras!!!

 

 

 

 

Pasámolo xenial!!

Acceso