Skip to Content

VOLVEMOS COS RINCÓNS!

Esta semana volvemos cos rincóns rotatorios:

Artístico: Debuxamos xogos e escribimos as súas instrucións (as profes avaliamos o que os nenos e nenas xa saben sobre os textos instrutivos) 

 

   

 

Científico: Utilizamos os fonendos que nos regalou Xan, o veterinario que nos veu dar a charla. Medimos as pulsacións en reposo e despois de darlle unhas voltas ao corredor.

Literario: Escribimos as partes dun libro.

Matemático: Seguimos a ordear tapóns.

TIC: Buscamos información sobre as plantas sen guía, o que a nós nos interese. 

 



blog | by Dr. Radut