Skip to Content

PROPOSTA DO 15 DE ABRIL

Estes días os móbiles están sendo imprescindibles, ademais o domingo foi día de Pascua así que seguro que vos lembrástedes un montón dos vosos padriños e madriñas, incluso dos vosos padriños e madriñas lectores que fai moito tempo que non vedes, co ben que o pasábamos!

Dende o equipo de biblioteca animámosvos a facerlles un agasallo de Pascua, este soporte de móbil feito con pinzas da roupa e pegamento ou silicona, quen se anima? Tamén vos pode servir para expoñer un debuxo bonito, para un libro que queirades destacar, unha foto... Imos logo a crear un pouco! Podedes tamén personalizalo. Se o facedes mandádenos as vosas fotos a bibliosbardoscarral@gmail.com

Onte tamén foi o Día dos Bicos, eses que agora non vos podemos dar, a profe Adriana, membro do Equipo da Biblioteca, déixavos este fermoso conto de parte de Pingüi, desfrutádeo.



blog | by Dr. Radut