CIENCIA, PAN E POESÍA

Etiquetas :

O mes de Novembro é o MES DA CIENCIA EN GALEGO, dende a biblioteca celebrámolo con varias actividades. Unha delas chegou por carta a todas as aulas cunha petición: Pingüi quere facer un libro que mesture as temáticas principais da nosa biblio este curso que son as poéticas diversas e o proxecto sobre Carral. Trátase dun libro colaborativo onde os pequenos de Educación Infantil serán os ilustradores e os maiores os escritores. Aproveitamos para distinguir os tipos de texto: os informativos (definicións científicas) e os literarios (a través de metáforas, comparacións e greguerías). Na última semana haberá moitas outras actividades que xa vos iremos ensinando. Nas entradas e saídas do cole escoitamos a canción do grupo Migallas "Pan de millo".

 


Feito con Drupal 6

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
- Designed by EZwpthemes Drupalized by Azri Design