PROPOSTAS PARA O LUNS 15 DE XUÑO

 

MATEMÁTICAS: Páxina 197.  

 

GRAVA DOUS VÍDEOS: 

- Nun di o que máis che gustou de 1º e 2º.

- Noutro cóntanos como che gustaría que fora o cole o ano que ven, como sería para ti o cole perfecto. 

Envíanolos e faremos un vídeo de despedida de fin de curso coas aportacións de todos e todas. 

 

PRESENTACIÓN DO TRABALLO DA SEMANA DOS EXPERTOS.  Aquí vos deixamos algúns dos traballos que xa nos enviaron os compañeiros e compañeiras para que vexades como os fixeron e por se necesitades inspiración, así é como se aprende entre todos. Non vos preocupedes que iremos engadindo os que vaian chegando a esta cortiza virtual. Vaia expertos e expertas que estades feitos! Son unhas investigacións excelentes! En canto ao vídeo dos experimentos editarémolo ao longo desta semana, aínda estades a tempo de mandar as vosas fotos tamén. 

Hecho con Padlet

Responder

Acceso