Skip to Content

SAMAÍN E MAGOSTO 2018

O día 31 de outubro celebramos no colexio o Samaín e o Magosto.

Certo éque traballamos moito, en colaboración con Cristina (coordinadora do EAEC), con María (mestra de Ed. Física), cos alumnos/as de 4º A ( monitores/as dos xogos populares) e cunha morea de cativos/as de 6º que moitos globos inflaron e moito material carretaron.

                                    GRACIÑAS A TODOS/AS!!!!!

E, Como todo esforzo paga a pena, pasámolo xenial e acabamos mallados/as!!!

Esta comemoración (Samaín e Magosto) supuxo, por parte do EDLG:

  • Convocar e preparar a exposición de cabazas.


 samain     samain 2   

 3 

  • Colaborar na elaboración do mural do vestíbulo, xunto con Cristina (coordinadora do EAEC)

4

  • Preparar  o material para a decoración da cristaleira; e, unha vez elaborada esa decoración polo alumnado, colocala.

 

5      6

7       8 

  • Elaborar, xunto co alumnado do centro, dous murais sobre Samaín e Magosto.

9      10

  •  Preparar os xogos populares de E.I. e de E.P. 

           - Os xogos para Infantil foron: Sorpresas no saco, Encestar na Castaña, Carreira de Culler con Noz, Pisar o globo, Bolos e Carreira de globosentre Cabezas.

           - E, os xogos para Primaria foron: Sorpresas no Saco, Encestar na Cabaza, Carreira de culler con Castaña, Pisar o Globo, Bolos, Carreira de Sacos e o Xogo das Cadeiras.

11     12

13    14

15    16

  • Colaborar coa Xefa de Estudos na preparación do Magosto; veu o castañeiro e, o que puido, desfrutou das castañas asadas, que de seguro estaban moi boas. As persoas que citei nos agradecementos do comezo, incluíndome a min mesma, non puidemos; xa que, nese intre estivemos preparando os xogos populares, que comezaron xusto despois da degustación das castañas asadas.

          Por ese motivo, non puiden incluír ningunha imaxe do Magosto. De todos xeitos, para facervos unha idea de como foi o Magosto podedes ver o video "Magosto e Samaín 2.018" na páxina principal da web do noso Centro.

                                             Un saúdo da coord. do EDLG.



blog | by Dr. Radut