Skip to Content

Arquivo

FAI O TEU MAIO

Ola a todos e todas!

Propoñémosvos que esta fin de semana vos animedes a CONSTRUIR O VOSO PROPIO MAIO para conmemorar a explosión da primavera e tamén que parece que podemos volver a desfrutar da natureza. Se vivides na aldea podedes recoller flores e plantas como fiuncho ou fentos e construir un, se vivides nun piso facede un debuxo ou recreade un maio con cousiñas que teñades pola casa e mandádenos as fotos ao correo javier.gayoso@edu.xunta.es. Con todas as recibidas montaremos un vídeo de benvida á primavera e ao mes de maio. Que vos parece? Aquí vos deixamos un vídeo explicativo de como se fai un elaborado polo Padroado da Cultura do Concello de Narón. Despois se queredes poderedes xogar coa ruleta que deseñamos sobre esta temática, dádelle ao botón de comezar. O prazo para a entrega de fotos é de todo o mes, ata o 1 de xuño. 

 

PROPOSTAS PARA A SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

Este domingo 17 de Maio celébrase o día das Letras Galegas.

Desta volta dedícaselle a Carvalho Calero, gran sabio de Galicia e un home que fixo moitísimas cousas na súa vida.

Se non sabedes todo que fixo na súa vida podedes ir descubríndoo  día a día neste calendario interactivo creado pola mestra Azucena.

Aquí vos quedan os enlaces!

Para Educación Infantil:

 

Para 1º de Educación Primaria:

 

Para 2º e 3º de Educación Primaria:

 

Para 4º, 5º e 6º de Educación Primaria:

 

Agardamos que vos preste!!!

Apertas enormes!!!

PROPOSTA PARA O MÉRCORES 13 DE MAIO: ESCAPE ROOM.

 

Ola a tod@s!!

Aquí vos deixamos uns xogos moi sinxelos e entretidos para seguir aprendendo sobre Ricardo Carvalho Calero. Seguide con moita atención as instrucións e chegaredes a descubrir algún segredo! 

Deixámosvos dúas propostas, unha para os máis pequenos e pequenas da casa e outra para os máis maiores:

 

Infantil:

 

Primaria:

 

Bulide!!

Que seguro que vos van gustar!!

ANO RICARDO CARVALHO CALERO. DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2020

XOVES 14 DE MAIO: TELEGRAMAS.

Pescudando na vida de Ricardo Carvalho Calero, descubrimos que no verán de 1936, houbo un feito que marcou para sempre a este escritor así como na historia española: desátase a Guerra Civil. 

Daquela, Ricardo, atopábase en Madrid preparándose para converterse en profesor de instituto, pero a súa muller, María, estaba embarazada e está en Galicia, zona que queda baixo dominio fascista e coa que é moi complicado establecer comunicacións. Por sorte, as boas novas sortean os fusís e recibe un TELEGRAMA no que se daba conta do nacemento da súa filla, antes de que se cortaran todas as comunicacións: “María moi ben, Magalí moi guapa”. (María é a súa muller, Magalí a súa filla)

Así, dada a situación particular que estamos a vivir dende fai un par de meses, propoñemos que fagades un telegrama dirixido aos vos@s compañeir@s de clase, profesorado, familias, persoal de comedor, etc. Ten que ser unha mensaxe breve e concisa (un saúdo, unha mensaxe de ánimo, frases bonitas, verbas de cariño e amor...). Para iso, poderedes recortar letras ou palabras de xornais, revistas... ou mesmo podedes escribila inspirándovos na caligrafía da época. 

 

Unha vez feito ese telegrama, sacade unha fotiño con el e mandádea ao correo javier.gayoso@edu.xunta.es antes do día 23 de maio. 

 

            Despois faremos un vídeo con todas elas e colgarémolo na páxina do cole.

 

            Aquí vos vai o noso telegrama dende o EDLG:

“Nós estamos ben. Querémosvos un mundo. Temos ganas de vervos. Un saúdo moi agarimoso a tod@s!” 

 

BO DOMINGO DE LETRAS GALEGAS!

PROPOSTA PARA OS MÁIS MAIORES:

Bo día a todos e todas.

Hoxe queremos presentarvos máis polo miúdo ao autor das Letras Galegas deste ano, Ricardo Carbalho Calero,  aos máis maiores, polo que traemos para o alumnado de Educación Primaria un telexornal realizado polo alumnado do CPI dos Dices. Neste vídeo podedes ver que ben nos falan del os rapaces e rapazas de Rois.

 

PROPOSTA PARA OS MÁIS PEQUENOS:

 No días de hoxe tamén temos una proposta para os mais pequenos e pequenas. Propoñémosvos que visitedes o enlace a un conto de Carvalho Calero chamado AS PITAS BAIXO A CHOIVA, picade AQUÍ para ir a el. 

 

A parte deste conto podedes escoitar catro cancións relacionadas se queredes, incluso podedes descargar a Unidade Didáctica, onde atoparedes algunhas fichas.

Botádelle un ollo ao conto e as cancións! Esperamos que vos gusten!

 

 

ANO RICARDO CARBALHO CALERO. DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2020

 

TELEJORNAL DAS LETRAS GALEGAS

O profesorado de Educación Infantil do centro déixavos este telexornal sobre a vida e obra de Ricardo Carvalho Calero. Feliz Día das Letras Galegas para todos e todas!

TELEJORNAL DIA DAS LETRAS GALEGAS 2020 RICARDO CARVALHO CALERO from CEIP VICENTE OTERO on Vimeo.