Blog de Biblioteca

XOGAMOS COS PASAPALABRA

 Polo Día do Libro, ademais do programa de radio, tamén fixemos uns pasapalabras, algúns están en papel e podedes atopalos na biblio, outros son on line, feitos na plataforma Educaplay, animádesvos a xogar?

Se queredes xogar ao pasapalabra de 4ºB. Picade AQUÍ

Se queredes facer un sobre Roma picade AQUÍ. 

Para acceder ao pasapalabra de 5ºB picade AQUÍ.

Para ver os de 5ºC picade AQUÍAQUÍAQUÍAQUÍ ou AQUÍ. 

 

 

 

OBRADOIRO DE RADIO

O alumnado de 4º de EP tivo a sorte de participar nun obradoiro de radio con Santi, traballaron con el varios conceptos radiofónicos a través de divertidas dinámicas. Ademais, o grupo de valores de 4ºB, emitiu en directo un programa de radio sobre o xogo na infancia dentro do PDI: "Os súper recreos de Pingüi"

  

VISITA DOS E DAS POETAS

Durante a última semana, con motivo do premio de poesía convocado polo Concello de Carral e como conmemoración dos seu vixésimoquinto aniversario, algúns dos gañadores do premio de adultos, estiveron dándonos consellos, falando sobre eles e axudándonos a querer un pouco máis este xénero tan pouco coñecido. Emma Pedreira e Eduardo Estévez, moitas grazas pola visita! A Emma Pedreira o alumnado de 5º C fíxolle esta interesante entrevista. Grazas tamén á colaboración do EDLG do centro por facelo posible.

MOITO XOGO TAMÉN NAS CLASES DE INGLÉS!

Ecoxogos!

A semana pasada veu Pobo Aventura para desenvolver unha sesión de ecoxogos co alumnado de 2⁰ e 4⁰ EP. Esta actividade está dentro do programa da reserva da biosfera e interrelacionado co noso PDI de xogos !!

 


TIPS DE AUDACITY

Se non sabedes como funciona o editor de audio Audacity na radio da biblio atoparedes este pequeno libriño con pequenas informacións que de seguro vos van axudar. É moi fácil, xa veredes!

 

Videoxogos saudables

Aquí tedes os xogos que elaborou o alumnado de 6ºA de Educación Primaria para pasar un rato divertido e moi saudable!!!

Que os desfrutedes!

1       2      3               

   7    8    9      10     

11

LECTURAS COMPARTIDAS

Durante a semana do libro realizamos lecturas compartidas entre todo o cole.

 

BIBLIOTECA INCLUSIVA

Durante a semana do libro moitas clases etiveron gravando algúns dos libros que temos na biblio para colocarlles códigos QR e así mellorar a súa accesibilidade, este traballo tamén foi realizado dende as clases de inglés. Damos pois un pasiño máis para a inclusión porque as non sempre son físicas...

RADIO PINGÜI: DÍA DO LIBRO

Programa radiofónico pola conmemoración do Día do Libro, con recomendacións lectoras do alumnado de 4ºB Educación Primaria.

XOGOS XANDOBELA

Aquí tedes un vídeo cunhas imaxes dos xogos de hoxe que veu facer Xandobela !! Esperamos que sexa do voso agrado!! Vémonos de novo o martes 19 de abril, pasade unhas boas e merecidas vacacións!!

CARRIÑOS DE XOGOS NOS RECREOS

No Consello da Infancia o alumnado pediu carriños de xogos como os que tiñan en infantil, elaboráronse varios con diferentes xogos como cordas ou birlos para as diferentes zonas do patio. Velaquí están esperando para ser collidos!

 

 

SEMANA DA PRENSA

Durante a semana da prensa dende a biblio enviamos ás aulas lotes de revistas e xornais acompañadas dunha cartia de Pingüi como apoio á elaboración do xornal escolar e en colaboración co equipo TIC.

ENTROIDO

Aquí tedes o álbum de fotos coas imaxes do pasarrúas de hoxe! Graciñas por vir a vernos e agardamos que teñades un bo Entroido!! Vémonos de novo, o xoves 3 de marzo !

 

 

DÍA DE ROSALÍA

Hoxe, día 23 de febreiro do 2022 conmemórase o Día de Rosalia de Castro. Dende o cole fixemos unha chea de actividades para recordar a nosa escritora galega de referencia. Aquí, podedes velas!

 

 

 

O luns, o Concello de Carral organizou unha actividade teatral sobre Rosalía de Castro para o alumnado de 4º de Educación Primaria.

O martes, o alumnado de 4º de Educación Primaria xunto co alumnado do IES de Carral e colaborando coa Fundación de Rosalía, foi a rúa que ten dedicada para lembrar a súa obra e legado. O alumnado fixo unha lectura colectiva de poemas da escritora. E saímos na prensa!!! Aquí tedes a noticia.

 

   

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Hoxe, mércores, o alumnado de 5º de Educación Primaria recitou poemas da autora, na hora de ler, na Radio Escolar para o todo o centro.

    

Aquí podedes escoitar o podcast e ver o vídeo do ben que o fixeron estes  catro rapaces e rapazas !!!

  

Formación usuarios

Os nosos proxectos

  

            

  

Consello da Infancia


Feito con Drupal 6

 


Proxecto Webs dinámicas

ceip.vicente.otero@edu.xunta.gal - 881 880 446 - Carral - A Coruña