Skip to Content

arquivo

DESCUBRINDO CARRAL: TEMOS MOITO QUE CONTAR.

O día 14 celebramos con todo o alumnado do centro a exposición das investigacións feitas dentro do Proxecto Documental Integrado proposto polo equipo da biblioteca: Descubrindo Carral, temos moito que contar. A Feira Cultural consistiu en que cada curso mostrou a todos e todas os produtos finais dos seus traballos. Grazas pola colaboración de todo o profesorado e grazas aos pequenos e pequenas polo seu traballo, fixérono xenial tanto como visitantes como de anfitrións. Foi unha pequena festa da aprendizaxe! Se queredes ver como transcurriu aquí vos deixamos un vídeo.

PRODUTOS FINAIS DO PROXECTO DE 1º DE EP

Aquí tedes o  "Inventario de Animais"  (seguimos o modelo do Inventario de Animais de Kalandraka) e o herbario que fixemos para a exposición final do proxecto "DESCUBRINDO CARRAL, TEMOS MOITO QUE CONTAR" os nenos e nenas de 1º A e B. 

 

 

 
 

ESTEFANÍA PADULLÉS. ENCONTROS CON AUTORAS.

Dentro do PDI do centro: "Descubrindo Carral: temos moito que contar" o alumnado de 3ºB recibiu a visita da autora e ilustradora Estefanía Padullés. A idea xurdiu alá polo mes de febreiro cando a mascota da biblio, Pingüi, lles mandou unha carta para que lle axudaran a investigar sobre como vivían en Carral fai millóns de anos. Foi nese momento cando leron o libro "Max e Lea" de Hércules Edicións, unha bonita historia sobre como afrontar os medos e protagonizada por un Tyrannosauros Rex. 

Xuntos debuxaron un mural na aula no que tentaron expresar unha liña do tempo dende a preshistoria máis antiga pasando pola época dos castrexos en Carral intentando imaxinar como sería o noso "Castro das Travesas" por aqueles tempos. Estefanía tamén lles contou un montón de cousas sobre a súa vida e os nenos e nenas quérenlle facer unha biografía como agasallo pola súa visita. De momento aquí vos deixamos unhas imaxes do proceso de creación do seu mural de aula baseado nos castrexos de Carral e as súas casas de pallabarro.

DESCUBRINDO CARRAL EN EI

Estes son os produtos finais dos máis pequenos para o PDI do centro. Os de 3 anos recopilaron refráns, os de 4 localizaron lugares emblemáticos e as súas casas no mapa de Carral e os máis maiores fixeron o seu propio recetario. Grazas familias pola vosa colaboración! Podedes ver os seus traballos nos seguintes documentos e no vídeo resumo que se proxectou o día da Feira Cultural e que se mostra a continuación.