Blog As clases de 1º

O APALPADOR VISITOU AS CLASES DE 1º ANTES DE NADAL

Visitounos o Apalpador! Nas cartas do coe non pedimos xoguetes, aquí vos deixamos algúns exemplos do que pediron os nenos de 1º A. 

Diego: pelotas para todos os nenos e nenas do mundo

Arianna: árbores para ter froita.

Daniela: música para todos e todas.

Breixo: árbores para que siga habendo osíxeno.

Carmen: as árbores para ter papel.

Iván: bicicletas para todos e todas.

Emma: amigos para todos e todas.

Carmela: un colexio para todos os nenos e nenas.

Carlos: cores para que todos poidamos pintar.

Bruno: ordenadores e Internet para todos e todas.

Antón: animais para que nos fagan compañía.

Claudia: o sol para ir á praia e divertirse.

Alba M: choiva que medren as plantas.

Yago: cartas para todos os nenos e nenas.

Mario: choiva para que medren as flores.

Isma: auga limpa para os animais do mar.

Nerea: peonzas para que todos se divirtan.

Óscar: cans para todos e todas.

Paula: xogos para todos e todas.

Miguel: roupa para todos e todas.

Iván L.: casas para todos e todas.

Alba C.: corazóns para todos e todas.

 

 

 

RECICLANDO PELOTAS DE PÁDEL

En 1º A e B o ruído facémolo nós, non as sillas.

 

AVALIACIÓN

Por medio deste portafolio da avaliación imos descubrindo o que tiñamos que aprender no primeiro trimestre, que é o que se nos pide nas tarefas, como podemos mellorar, canto nos falta por aprender e canto levamos avanzado... Reflexionamos, pensamos, escribimos, sumamos, facemos esquemas e ata mostramos o que sabemos e sentimos por medio de debuxos.

 

SECUENCIA DO PROXECTO "OS CANS"

Estamos ultimando detalles para que quede un libro perfecto! Mentras tanto ensinámosvos o proceso que levamos a cabo para elaboralo. 

APRENDEMOS A DESCRIBIR

 
 

Este primeiro trimestre adicámonos a traballar as descricións, aquí tedes un resumo do noso traballo, contén os estándares avaliados (os traballados son moitos máis!) e tamén a secuencia de actividades realizadas.  


 

O segundo trimestre ímonos adicar aos textos instrutivos, xa vos contaremos... ;)

ENTREVISTA AO VETERINARIO

Convertidos en xornalistas e coas nosas preguntas preparadas seguimos aprendendo cousas dos cans, desta vez da man dun veterinario de verdade coñecido dunha das familias das nosas clases. Moitas grazas Xan por toda a información que nos deche, pola paciencia e tamén polos regaliños! 

 

VISITA A MONTEGATTO

Para atopar as autorizacións da excursións tíñamos preparada unha ximcana polo colexio, tivemos que desvelar tres pistas e atopámolas por fin. O día da excursión, como non podía ser doutra maneira, fíxonos un día de cans, unha pena, pero aínda así pasámolo moi ben. Aquí vos deixamos unhas imaxes. 

 

 

MANDALAS

Coas follas que nos enviaron as familias, outros produtos do autono e diferentes elementos plásticos estivemos diseñando as nosas propias mandalas no corredor das clases.

Acceso