OS NENOS DE 5º TRÁENNOS INFORMACIÓN SOBRE OS TIPIS

Moitas grazas! Temos pendiente redactar as normas de entrada.

AXUDANDO NA CASA

Seguimos a axudar na horta da nosa casa as fins de semana. Grazas familias polas fotos!

ABONO PARA A TERRA OU COMPOST

Ola! Como sabedes podemos abonar a terra do noso horto de varias formas: 

- Con abonos químicos.

- Con esterco.

- Con compost.

Aquí vos deixo uns vídeos para que vexades o que é o compost e como se fai.

XOGOS RINCÓN TIC

XOGO DOS SERES VIVOS. PICAR AQUÍ.

XOGO PARA SINALAR AS PARTES DAS PLANTAS. PICA AQUÍ E AQUÍ.

QUE NECESITAN AS PLANTAS PARA VIVIR? PICA AQUÍ PARA REPASALO.

QUEREDES SABER OS TIPOS DE PLANTAS? PICADE NO SEGUINTES XOGOS:  AQUÍ,  AQUÍ E AQUÍ.

PODEDES DESCUBRIR UN EXPERIMENTO PICANDO AQUÍ.

NESTE ENLACE PODEDES VER COMO CAMBIA UNHA ÁRBORE SEGÚN A ESTACIÓN NA QUE ESTAMOS. PICADE AQUÍ.

MOMENTOS RELAXADOS DE LECTURA NOS TIPIS

Temos agora a aula organizada en grandes grupos así que nos quedou espazo para colocar uns tipis onde os encargados diarios, na hora de ler, poden desfrutar do pracer da lectura dun modo relaxado. Mirade que chulos quedaron! Dan ganas de quedarse a ler todo o día dentro deles! 

ENSINAMOS O NOSO LIBRO A OUTRAS CLASES

O venres unha representación de nenos e nenas de 1º A e B fomos a presentar o libro dos cans aos nenos e nenas voluntarios de 5º que van facer un igual pero baseado na música coa profe Nuria. Os pequenos ensinan aos maiores, os maiores ensinan aos pequenos. Arendizaxe vertical! Explicamos o proceso do proxecto e tamén nos fixeron algunhas preguntas. Aquí vos deixamos unha imaxe.

NAS FINS DE SEMANA TAMEN OBSERVAMOS A NATUREZA

As familias apórtannos fotos tamén de datos interesantes, aquí temos a Bruno plantando amorodos e a Diego coas cañotas xigantes de castaños na zona dos Ancares. 

UNHA SEMILLA XIGANTE

A profe Mar tróuxonos un regalo, unha semilla xigante que nos comemos, sabedes que é? Pois si! Un coco! E nos pensando que era unha froita...

Acceso